portada do Xornal   



TítuloMILLENIUM EN COMPOSTELA. 18 VOCES NO CAMIÑO
Autor

APECSA (Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago)

EditaPublilar, S.L.
Lugar e ano2003
 

 



 

triángulo.gif (880 bytes)  O libro Millenium en Compostela. 18 voces no Camiño, ofrece unha serie de entrevistas con persoas vencelladas ó Camiño de Santiago, e ó mundo xacobeo en xeral, ante a proximidade do primeiro Ano Xubilar Compostelán deste século, en 2004. A entrevistas foron realizadas polos socios de APECSA, en coordinación coa xunta directiva. O libro está promovido e editado pola devandita Asociación.

Entre os entrevistados figuran peregrinos, relixiosos, políticos, investigadores, escritores, hospedeiros e representantes de Asociacións de Amigos do Camiño residentes en Galicia, Asturias, Madrid, Reino Unido e Brasil. Este libro fai o nº 2 da colección de libros de carácter xornalístico que APECSA iniciou en 2001 –o primeiro foi o titulado Os Anos Santos Composteláns do século XX- como complemento ás publicacións resultantes dos distintos Encontros investigadores e convocatorias populares celebradas desde hai xa dez anos por esta asociación que agrupa a xornalistas e estudiosos do Camiño de Santiago de toda Galicia e resto de España, contando tamén con socios colaboradores en Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Dinamarca, Suecia e Brasil.

ENTREVISTADOS:
Pilar Armesto Valiña, Julián Barrio, José Ignacio Bermúdez Fernández, Pedro de la Portilla, Francisco Fernández del Riego, Iñaki, Javier Irureta, José Ramón Menéndez de Luarda, José Joaquín Miláns del Bosh, Antón Pombo, Michael Portillo, Manuel Jesús Precedo Lafuente, José Luis Raposo, Milze Tiemi Kobashigawa, Toni, José Manuel Traba Fernández, Antidio Vicente Fernández, José Ramón Yzquierdo Perrín.

APECSA (Asociación de Periodistas e Estudiosos do Camiño de Santiago)
Juan Arias, Ana Balseiro, Luís Celeiro, Manuel F. Rodríguez, Pilar Freire, José García Abelairas, Mariano Goicoa, Pedro Linares, Xaquín López Villarabid, Cristóbal Ramírez, Ernesto S. Pombo, Marta Santamrina, Francisco Singul, Xermán Xaneiro

 

 

arriba

Portada  /  Acontece  /  Resumo de prensa  /  Axenda  /  Investigación  /  Opinión

Publicacións  /  O taboleiro  /  Quince días  /  Buscador