USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • imaxe 4

Fiadeiro de localización de software libre

ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libre
A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría comprácese en presentar o "IV ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre", organizado conxuntamente co Servizo de Normalización Lingüística e co apoio do Proxecto Trasno, para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo asemade varios obxectivos recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.
Os obxectivos do ETSE Open de SL son:

  • Fornecer formación técnica para a localización ao galego de software libre.
  • Contar con software que se use na USC en galego, mediante procesos de localización
  • Impulsar a comunidade universitaria de localización
  • Impulsar o uso do galego
  • Impulsar o coñecemento e o uso da software libre

Logo de 6 horas de formación, acometerase a tradución ao galego de aplicacións de software libre, baixo a supervisión do profesorado do Fiadeiro, por parellas, nunha xornada de traballo e lecer de 9 horas con música, xantar...
Ademais do recoñecemento de créditos, do diploma de asistencia (por 15 horas), de constancia da experiencia de tradución, hai un premio á parella que máis cadeas traduza e con maior calidade.
O "IV ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre" está aberto a toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS.
Destinatarios/as
Toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS.
Prazo de matrícula
Do 26 de marzo ao 15 de abril de 2012
Prazas
24 prazas, que se cubrirán por orde de matrícula.
Prezo
De balde
Matrícula

Datas e horario

  • Xoves 19 de abril, de 12:00 a 14:30 (Formación)
  • Xoves 26 de abril, de 12:00 a 14:30 (Formación)
  • Sábado 28 de abril, de 10:00 a 19:00 (Xornada de localización e lecer)

Lugar
Aula I.5 da ETSE, no Edificio do Monte da Condesa (Entrada pola rúa Xoaquín Díaz de Rábago, fronte ao Estadio de Atletismo).
Recoñecementos e premios

  • 1 crédito de libre configuración curricular para todas as titulacións de 1º e 2º ciclo.
  • Está solicitado o recoñecemento como competencia transversal para os graos
  • Diploma de asistencia á actividade (por 15 horas). Haberá controis de asistencia en todas as sesións. Cómpre acreditar a asistencia ao 80% das horas.
  • Constancia da experiencia de tradución da aplicación encomendada.
  • Constancia nos créditos da aplicación localizada dos seus autores ou autoras.
  • Premio “Máis e mellor” para o equipo que traduza máis cadeas e con mellor calidade: un diploma acreditativo e unha dotación económica de 0,10 euros por palabra única traducida correcta. O premio farase público no mes de maio de 2012.

Desenvolvemento da xornada de localización (28 de abril)
A localización farase por parellas. Dispoñerán de material e dun ordenador por parella coas ferramentas necesarias e conexión a Internet. Encomendaráselle unha aplicación ou un conxunto de cadeas para traducir a cada parella, das seguintes:

O profesorado estará dispoñible durante toda a xornada de localización para resolver dúbidas.
Dado que se trata dunha actividade continuada desde as 10 ata as 19 horas, haberá petiscos, bebidas e música para facer descansos a media mañá e a media tarde. Haberá tamén un lixeiro xantar común ofrecido pola organización.

Coordinador académico da actividade
Xosé Manuel Pardo López, profesor titular do Dpto. de Electrónica e Computación
Profesorado

  • Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo galego de localización dos produtos de Mozilla e membro do Proxecto Trasno.
  • Antón Méixome, lingüista e coordinador do equipo galego de localización de OpenOffice e LibreOffice e membro do Proxecto Trasno.

Requisitos dos/as participantes

  • Nivel de inglés: básico
  • Nivel de galego: O adquirido nos estudos de Secundaria
  • Nivel de informática: básico

Información
Para máis información sobre a actividade, ponte en contacto co Servizo de Normalización Lingüística.

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es