Ata 25 de xuño: Matrícula nos cursos intensivos de idiomas do Centro de Linguas Modernas da USC
Matrícula: Do 1 ao 25 de xuño a través da páxina web do Centro
Horarios dos cursos: de 9:30 a 13:45 polas mañás ou de 16:15 a 20:30 horas polas tardes, entre os días 9 e 20 do mes de xullo 2012.
Información: http://www.usc.es/gl/servizos/clm/cursos/veran/index.html
Oferta de cursos:
Na oferta intégranse cursos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, finés, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés. Estes cursos están dirixidos en primeiro lugar a alumnos da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2012-2013.
Ademais, o CLM tamén ofertará no Campus de Santiago dous cursos intensivos de linguaxe de signos, un de iniciación e outro de perfeccionamento.
Como novidade, nas mesmas datas, ofertaráse un curso intensivo de 20 horas para a preparación do exame oficial de lingua xaponesa NOKEN (Nihongo nōryoku shiken).
Probas de nivel:
No caso dos cursos de alemán (Campus de Santiago), inglés e francés (Campus de Lugo e de Santiago) e co obxectivo de clasificar ao alumnado segundo o seu dominio do idioma, o día 15 de xuño celebrarase unha proba de nivel. O lugar e a hora da proba publicaránse na páxina web do CLM o día do comezo da matrícula, 1 de xuño de 2012.
Mais información: Os interesados que queiran mais información poden chamar entre as 9.00 e as 14.00 horas ao teléfono 8818 14443, escribirnos ao enderezo electrónico clm@usc.es ou visitarnos na Casa dos Catedráticos, 1º C, Avenida das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela.


