USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio

Ofertas de emprego

Eventos

« Febreiro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
  • Biblioteca III

Prácticas en Empresas

Para referenciar esta páxina, utilice: http://www.usc.es/etse/practicasempresas

O programa de prácticas en empresas/institucións é un complemento formativo para os estudantes que lles permite poñer en práctica os coñecementos e destrezas adquiridos na titulación e ter unha primeira experiencia profesional que os prepare para o futuro laboral.
Este programa diríxese a todos os alumnos que teñan superados, no momento de inicialas, o 50% dos créditos da súa titulación e se ampara nun convenio de cooperación educativa, polo que non hai vinculación laboral coa empresa onde se realizan as prácticas.

As prácticas en empresa son un medio de adquirir coñecementos, experiencia laboral e obter créditos optativos (GrEI) ou de libre elección (ETIS, EQ). Para ETIS e EQ, por cada 30 horas de prácticas, se obtén 1 crédito de libre elección. Para GrEI e GrEQ, por cada 25 horas de prácticas, se obtén 1 ECTS optativo ou obrigatorio, respectivamente.

» Información para estudantes              » Información para empresas

Presentación do programa de prácticas

Ao final do primeiro cuadrimestre ou inicio do segundo, e antes do remate do prazo de solicitude, organizarase unha sesión informativa para presentar en cada titulación o programa e resolver as dúbidas que poida haber. A difusión destas sesións se realizará mediante a web, as pantallas informativas e os taboleiros.
Presentación 2011/12 (02/02/2012)

Xestión do programa de prácticas en empresas da ETSE

Normativa de prácticas externas en empresas e institucións USC

Titulacións non adaptadas ao EEES:
A xestión administrativa do programa está en xeral a cargo do Consello Social da USC mentres que a parte académica (oferta de prácticas, selección de estudantes e titorización dos mesmos) é responsabilidade da ETSE.
Poden inscribirse no programa do Consello Social os estudantes de EQ e ETIS.
Información prácticas en empresas xestionadas polo Consello Social

Titulacións adaptadas ao EEES:
MOI IMPORTANTE: Tende en conta que a materia "Prácticas en empresa" se considera como calquera outra materia, polo tanto: Ten o mesmo período de matrícula e conta no nº de ECTS máximo por curso, que é de 75 ECTS.
A xestión (administrativa e académica) do programa está a cargo da ETSE, que realizará un mínimo de 2 convocatorias para realización de prácticas: durante o curso (prácticas a tempo parcial) e no verán.

Responsables de prácticas en empresas

O programa de prácticas en empresas conta para cada titulación cun coordinador que se encarga de dinamizar a oferta, supervisar a selección e velar polo bo funcionamento do mesmo. Os coordinadores están asistidos por un equipo de titores que actúan como interlocutores máis directos coas empresas e asisten aos estudantes no que sexa preciso durante a realización das prácticas.
Oficina de prácticas en empresas: Dna. Iria García Becerra
Correo-e: etse.empresas@usc.es
Teléfono: 8818 16781
Responsable xeral do programa: Prof. Dna. María José Carreira
Correo-e: etse.subdireccion@usc.es
Teléfono: 8818 16733
Coordinador Enxeñaría Informática: Prof. D. Eduardo Sánchez Vila
Correo-e: eduardo.sanchez.vila@usc.es
Teléfono: 8818 13572
Coordinadora Enxeñaría Química: Prof. Dna. Mª José Núñez García
Correo-e: mariajose.nunez.garcia@usc.es
Teléfono: 8818 16792

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es