USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • imaxe 2

Historia

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) tivo o seu primeiro xerme co inicio da titulación de Enxeñeiro Químico, primeira de orientación tecnolóxica no Campus de Compostela en Outubro de 1994, e, posteriormente no ano 2000, coa posta en marcha da titulación propia da Universidade de Santiago de Graduado Superior en Enxeñería Ambiental.

O desenvolvemento das dúas titulacións deu lugar á necesidade dun novo edificio, inaugurándose a fase I en xaneiro de 2001 e permitindo comezar a impartir as clases de laboratorio de Enxeñaría Química e a titulación de Graduado Superior en Enxeñaría Ambiental.

O 24 de maio de 2002 publícase no Diario Oficial de Galicia a creación da ETSE e en febreiro de 2003 culminaron as obras do actual edificio. Neste mesmo mes produciuse a adscrición da titulación de Enxeñaría Química e do Departamento de Enxeñaría Química á ETSE. Tamén neste mes de febreiro a Xunta de Galicia autoriza á Universidade de Santiago de Compostela a impartir Enxeñaría Técnica en Informática (Sistemas), adscribindo o Consello de Goberno da USC a titulación á ETSE.

É o 22 de abril de 2003 cando a Escola comeza a súa andaina efectiva, coa posta en marcha da totalidade das actividades docentes e o traslado dos grupos de investigación do Departameno de Enxeñaría Química dende a antiga sede da Facultade de Químicas, que se completou no mes de setembro.

No curso 2003/04 comezan a impartirse a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas e no curso 2005/06 amplíase a capacidade da Escola coa dotación de catro novas aulas de informática no edificio de Monte da Condesa.

No curso 2007/08 o título propio de Graduado Superior en Enxeñaría Ambiental adáptase ó titulo oficial de Master en Enxeñaría Ambiental e no curso 2008/09 comezará a impartirse o novo Grao en Enxeñaría Informática por transformación dos estudos de Enxeñaría Técnica Informática.

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es