USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • Evaporador2

Saí­das profesionais GrEI

O 70% dos enxeñeiros informáticos galegos atopan ao seu primeiro emprego nos tres meses posteriores ao remate da carreira.

O 94,8% das persoas tituladas en Enxeñaría Informática e o 86,2% en Enxeñaría Técnica en Informática están traballando.

A práctica totalidade dos profesionais empregados por conta allea, fano en xornada laboral a tempo completo e preferentemente nunha empresa do sector privado pertencente ao sector TIC.
Os homes son maioría nas dúas carreiras cunha porcentaxe do 72,3% en Enxeñaría e Informática e do 67,3% Enxeñaría Técnica Informática.
Un 40% dos titulados nas Enxeñarías en Informática de Galicia teñen unha percepción boa ou moi boa da súa situación profesional actual e unha de cada tres considera que esta mellorará nun futuro próximo.
Fonte: Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
Dende esta páxina se pode acceder aos estudos sobre:
-A Situación Laboral nas Enxeñarías en Informática de Galicia (Tomo I: Enxeñaría en Informática. Tomo II: Enxeñaría Técnica en Informática), 2010.

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es