USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • imaxe 1

Saídas Profesionais EQ

O sector por excelencia dos enxeñeiros químicos é o deseño, xestión, operación e control de industrias de proceso, no seu senso máis amplo, incluindo procesos químicos e petroquímicos, farmacéuticos, alimentarios, agroalimentarios, textís, de transformación de plásticos, caucho, vidro, polímeros, plantas de tratamento de lixos, plantas de tratamento de augas residuais, plantas productoras de enerxía eléctrica, etc.
Na actualidade, estanse a atopar boas perspectivas de traballo na área da xestión empresarial. Tamén cobra maior interese todo o relacionado coa área de medio ambiente (consultoría ambiental, empresas adicadas á xestión e reciclaxe de residuos...), control da calidade e prevención de riscos laborais.
No ámbito das administracións públicas, poden estar presentes nas áreas de intervención relacionadas coa industria, medio ambiente e ciencia e tecnoloxía.
Como toda carreira técnica, a investigación é unha actividade importante e se desenvolve nas universidades, departamentos de investigación e desenvolvemento (I+D+I) das industrias, ou en organismos e institucións científicas de entidades públicas ou privadas.
Están capacitados para impartir clases en institutos de ensino secundario, centros de formación profesional específica en diferentes familias profesionais, en centros universitarios ou noutros centros formativos.
Hai que salientar que unha axeitada formación complementaria ao longo da carreira, e a formación continua e a especialización unha vez rematados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de acceso ao mercado laboral.
De xeito orientativo, menciónanse a continuación posibles saídas profesionais dos/as enxeñeiros/as químicos:
1. Procesos industriais: Concepción, deseño, operación e control de procesos :

  • Químicos, farmacéuticos, alimentarios, plásticos...
  • Enerxéticos
  • Ambientais (tratamentos, de augas residuaies urbanas e industriais, plantas de procesado, residuos sólidos...)
  • Optimización de procesos e minimización de residuos.Desenvolvemento das "mellores tecnoloxías dispoñibles".

2. Xestión / Asesoramento empresarial:

  • Dirección e administración de empresas industriais. Xestión empresarial
  • Deseño e desenvolvemento de proxectos
  • Xestión de recursos humanos e técnicos
  • Consultoría e xestión ambiental. Xestión e reciclaxes de residuos.
  • Prevención de riscos laborais
  • Arbitraxes, peritaxes e taxacións técnicas
  • Cooperación para o desenvolvemento
  • Planificación, implantación e control do sistema de xestión de calidade
  • Evaluación e auditoría de calidade.

3. Comercio:

  • Estudos de mercado
  • Distribución e venta de productos químicos, farmacéuticos e alimenticios

4. Docencia / Formación:

  • Formación en centros de ensino secundario e de formación profesional específica. Ciclos formativos
  • Ensino universitario.

5. Investigación:

  • Investigación en proxectos de procesos químicos, biotecnolóxicos, alimenticios e de xeración de enerxía.

6. Administración pública:

  • Diferentes corpos e escalas nos ministerios de Medio Ambiente, Ciencia e Tecnoloxía, Sanidade e Consumo, no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Instituto de Seguridad e Higiene, ...
  • Corpos das Administracións Autonómicas
  • Técnicos de medio ambiente en gabinetes municipais e das deputacións.
  • Institutos, Centros de Investigación, Centros tecnolóxicos e Universidades...

COEQGa - Colexio Oficial de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia

Localización: D.2.7 Módulo de EQ ETSE
Teléfono: 981547103
Correo-e: coeqga@coeqga.es
Páxina Web: http://www.coeqga.es

AGaEQ - Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos

Localización: D.2.7 Módulo de EQ ETSE
Teléfono: 981582500 ext.16781
Correo-e: agaeq@agaeq.es
Páxina Web: http://www.agaeq.es

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es