USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio

Ofertas de emprego

Eventos

« Febreiro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
  • imaxe 4

Antonio Luis Lagares Tena

Enxeñaría Química
2005
Técnicas Reunidas, S.A.
ANTONIO CVII.JPG

Rematei os meus estudos de Enxeñaría Química na USC no ano 2005, na cal previamente estudiara e rematara tamén a Licenciatura en Química. A enxeñaría aportoume unha visión máis global e práctica da industria química e os seus procesos, comparado coa extensa pero útil formación teórica da licenciatura.

O último medio ano de quinto acollinme a unha beca Erasmus para realizar o proxecto fin de carreira de EQ na Universidade Técnica de Dinamarca DTU. O meu proxecto estaba relacionado co campo de polímeros orgánicos e nanoestruturas. A miña estancia no extranxeiro permitiume, ademáis de mellorar en gran medida o meu nivel de inglés, coñecer un pouco máis o método de traballar e estudar noutras universidades europeas.

Ao longo dos veráns nos últimos anos de carreira, realicei prácticas en empresas da industria do automóvil (Dalphimetal) en Vigo e enerxética (Iberdrola) en Ourense. Foron o meu primeiro contacto co mundo empresarial e profesional. Na primeira empresa, realicei probas e ensaios dentro dos laboratorios físico, químico e eléctrico aos volantes e airbags que dita empresa manufacturaba. En Iberdrola estiven traballando no departamento de Medioambiente, realizando estudos, medicións e ensaios de campo dentro das estacións, centrais e embalses que posúe a empresa na cunca do río Sil.

Despois traballei durante un ano como técnico de producción, director de I+D e analista de laboratorio nunha empresa químico-farmaceútica do Porriño. O producto que se comercializaba era un principio activo de alto valor añadido que se obtiña de fígado de quenlla e de residuo de aceite de oliva. Foi o meu primeiro contacto no campo dos procesos químicos e onde puiden aplicar os meus coñecementos adquiridos ao longo da carreira. Afortunadamente, puiden utilizar asimesmo os meus coñecementos en química para investigación de novos productos e procesos.

Tras unha breve estancia nunha empresa de anodizado de aluminio logrei entrar nunha multinacional da enxeñaría como é Técnicas Reunidas en Madrid no 2007. O seu negocio principal é o mundo do petróleo, gas e infraestructuras. Traballo no departamento de materiais de Piping realizando proxectos chave en man principalmente para clientes de países do golfo pérsico, Arabia Saudí, Emiratos Árabes pero tamén China, Grecia, Portugal, Chile, Turquía, Namibia, México, Vietnam, etc. As miñas tarefas son moi diversas pero fundamentalmente somos os responsables de especificar o tipo de material de tubería que se debe utilizar en función do servizo, presión e temperatura requerido. Realización de peticións de oferta, tabulacións técnicas e compra de dito material. Seguimento do diseño, comprobación de P&ID's e apoio a outros departamentos como instrumentación, procesos, compras, civil, inspección e aprovisionamento.

Para abrirnos campo no arduo mundo empresarial e así conseguir un primeiro emprego, aparte dunha boa formación teórica, considero fundamental os idiomas e complementar a formación con cursos ou masters, como de prevención de riscos, medioambiente, calidade, etc. Se se ten a posibilidade de cursar parte da carreira no extranxeiro, é altamente recomendable facelo así coma ter unha movilidade total tanto a nivel nacional coma internacional si se dera o caso.


« Titulados
 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es