USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio

Ofertas de emprego

Eventos

« Febreiro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
  • imaxe 3

Seminario de usos e aplicacións do certificado dixital e tarxeta criptográfica

10/09/2010 - 16:00
10/09/2010 - 20:00
Etc/GMT+2

O CPETIG Organiza o Seminario de usos e aplicacións do certificado dixital e tarxeta criptográfica. O seminario celebrarase o vindeiro 10 de setembro no telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Os asistentes nos distintos telecentros poderán participar no seminario realizando preguntas ou comentarios aos relatores.

Obxectivo.
Este seminario ten como obxectivo fundamental a familiarización cos novos entornos de identificación usando certificados dixitais e tarxetas criptográficas. Nestes momentos en que dende o 1 de Xaneiro de 2010 está vixente a lei de administración electrónica que debe impulsar o uso da tramitación electrónica, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia quere colaborar nese impulso por unha parte formando á cidadanía no uso dos medios de identificación electrónica como son os certificados dixitais e por outra familiarizar ós usuarios na xestión das tarxetas criptográficas onde se almacenan os citados certificados.

Aos asistenes á xornada entregaráselle unha tarxeta con sistema de cifrado e identificación dixital CERES+WG10 FNMT-RCM certificada pola Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Máis información no teléfono 981 937 832 ou a través do email: seminariocertificados@cpetig.org

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es