Xa está dispoñible na web a certificación do acordo do Consello de Goberno celebrado o día 27 de abril, no que se aprobou a modificación do Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes.
O Acto público de selección de prazas celebrarase o vindeiro venres 25 ás 12:00h na Aula de Proxectos.
De acordo co calendario electoral o período da campaña electoral rematará o 19 de maio.
O domingo día 20 é o establecido como xornada de reflexión.
As votacións desenvolveranse o luns 21 e o martes 22, en horario de 9.00 a 19.00h.
A Fundación SEPI promove Programas de Bolsas de formación práctica para xoves titulados sen experiencia en colaboración con empresas e institucións.
A III Feria Virtual de Empleo, na que ven participando a ETSE dende a súa 1ª edición, estará operativa entre o 21 e o 27 de maio, ámbolos dous incluídos.
Nela tendes información das distintas escolas de enxeñaría, colexios profesionais, así como de grandes empresas que publicarán as ofertas profesionais para enxeñeiros.
Convocatoria premios extraordinarios doutoramento curso 2009-2010.
Poderá participar o alumnado que defendera a súa tese na ETSE no curso académico 2009-2010, incluído no anexo.
A solicitude e a documentación que se esixen na convocatoria deberán presentarse na Secretaría de Dirección da Escola desde o 8 de maio ata o 8 de xuño.
Na Reunión da Comisión xulgadora dos Premios Fin de Carreira (Xunta de Galicia), que se celebrou o 10/05/2012 acordoúselle conceder o premio a 3 estudantes das titulacións da ETSE.
Xa está dispoñible na web a presentación da sesión formativa sobre o uso da base de datos SCIFINDER que se impartiu na ETSE o pasado 9 de maio.
Dacordo co Regulamento Electoral Xeral da USC, aprobado polo Consello de Goberno de 30 de marzo de 2004, por orde do Sr. Director convócnase eleccións a Director/a da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, co caendario establecido na convocatoria, o proceso electoral iniciarase coa presentación de candidaturas desde o 15 ata o 28 de maio, ámbolos dous incluídos.
Enxeñaría Química da USC foi considerada na terceira posición do ranquin elaborado polo xornal “El Mundo” no seu estudio “50 carreras”, onde establecen as mellores ofertas docentes. Para a súa elaboración teñense en conta datos obxectivos (ratios, taxas, etc) que se valora nun 50%, a opinión de profesores doutras Universidades nun 40% e un 10% restante atribuese a características diferenciadoras da titulación.