USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • SanLeo2010

Presentación MEnA

Coordinador da titulación: Prof. D. Francisco Omil Prieto.
Correo-e: francisco.omil@usc.es

Folleto divulgativo Máster en Enxeñaría Ambiental 2011/12

Información sobre o perfil e competencias a adquirir polos alumnos.

O obxectivo básico da titulación é a formación de profesionais competentes que teñan como misión específica a prevención de danos ambientais, a protección do entorno e a mellora da calidade ambiental fronte a problemas como son o consumo non sostible dos recursos, xeración de residuos, contaminación das augas, do aire e dos solos, para o cal é necesario unha formación básica que lles permita deseñar, proxectar e executar obras e instalacións, mellorar procesos, e proporcionar posibles solucións aplicables ós problemas ambientais reais

A introdución do concepto de sostibilidade no desenvolvemento económico da sociedade, apoiado pola posta en marcha de amplas regulacións e normas medioambientais, fai necesaria a formación de titulados especialistas no ámbito da enxeñaría con coñecementos tanto dos procesos produtivos e de transformación como para minimizar o seu impacto no medio ambiente, con preparación para aborda a súa implantación ou modificación e con capacidade para formular solucións e resolve-los problemas cun enfoque holístico.

Así, o título e a profesión de Enxeñeiro Ambiental existen no ámbito dos países máis avanzados do noso entorno dende a década do 1970. Na maioría dos casos, a súa orixe tivo lugar a partires da reorientación e especialización dos estudios de Enxeñaría Sanitaria. O seu perfil está claramente establecido, existindo uns criterios de homologación no mundo anglosaxón por medio do ABET (Acreditation Board for Engineering and Technology), que acredita e garante a calidade das ensinanzas impartidas nos centros de ensinanza superior. Así, en USA existen unhas 55 Universidades ou Centros de Ensinanza Superior co título acreditado por ABET.

A Universidade de Santiago de Compostela puxo en marcha, no curso 2000-01 unha iniciativa pioneira en España, xunto coa Universidade de Cantabria, implantando a titulación específica de “Graduado Superior en Enxeñaría Ambiental” co obxectivo principal de formar técnicos capaces non tan só de analizar e diagnosticar problemas relacionados co ambiente, senón tamén de definir propostas e proxectar solucións, sempre tratando o ambiente baixo un punto de vista integral. Esta iniciativa tivo o apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, plasmado nun convenio específico coa USC.

A Declaración de Bolonia no ano 1999 supón a posta en marcha definitiva do Espazo Europeo de Educación Superior, esto é, a formulación dun sistema de titulacións universitarias baseado en dous niveis principais: Grao e Postgrao. A titulación do primeiro nivel será pertinente para o mercado de traballo europeo, ofrecendo un nivel de cualificación apropiado (son os denominados Graos). O segundo nivel, que requirirá ter superado o primeiro, serán as titulacións de Postgrao ou Máster, que estarán orientadas ou ben a unha maior especialización profesional ou ben cara a investigación con vía a proseguir aos novos estudios de Doutoramento.

Neste marco o 25 de xaneiro de 2005 publicouse o Real Decreto 55/2005 e 56/2006 (BOE nº 21) polo que se definía a estructura das ensinanzas universitarias e regulábanse os estudos universitarios oficiais de Grao e Potgrao, respectivamente. Así, no curso 2006-2007 defínense en España os primeiros títulos oficiais de postgrao baixo esta nova estructura. No que respecta a nosa Comunidade Autónoma, o 28 de marzal de 2006 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou o Real Decreto 51/2006 (DOGA nº 61) polo que se autorizaba un número limitado (un total de 22) de estudos oficiais de postgrao no sistema universitario galego. Entre eles está o Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental da USC, orientado a formación dun Enxeñeiro Ambiental.

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es