Plano de Estudos MEnA
Diagrama simplificado do Plano de Estudos (90 ECTS)
O Máster en Enxeñaría Ambiental pasa a ser de 90 ECTS a partires do vindeiro curso académico 2009-10, reducíndose dende os 120 ECTS cos que veu traballando durante os cursos 2006-07, 2007-08 e 2008-09.
- A distribución destes 90 ECTS será a seguinte:
- Un primeiro ano (60 ECTS) que contempla 5 módulos, que se distribuen entre setembro e xullo;
- Un segundo ano de 30 ECTS que supón en torno a 4 meses, os 2 primeiros meses corresponden a clases teóricas (módulo 6) e o resto ao Proxecto Fin de Máster.
Polo tanto, a duración estimada coa nova proposta será de 1 ano e 4 meses.
O Máster ten unha estructura modular formada por 7 módulos en total (5 módulos o primeiro ano e 2 o segundo) do xeito que se indica a continuación:
Primeiro ano:
-Módulo I: Fundamentos.
-Módulo II: Tratamento de Augas.
-Módulo III: Monitorización e reducción da contaminación atmosférica
-Módulo IV: Recuperación de Solos e Xestión de Residuos
-Módulo V: Prácticas externas
Segundo ano:
-Módulo VI: Xestión Ambiental.
-Módulo VII: Proxecto Fin de Máster.
A información xeral sobre as condicións de acceso, os complementos de formación, a organización das materias en módulos e os programas das mesmas, así como a información sobre o Proxecto Fin de Máster e as condicións de terminación de estudos atópase dispoñible na páxina web da USC: Plano estudos Máster Enxeñaría Ambiental


