USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • imaxe 4

Normalización Lingüística

Para referenciar esta páxina, utilice o enderezo: http://www.usc.es/etse/cnl

A Comisión de Normalización Lingüística é a encargada de elaborar o plan de normalización lingüística do centro, no marco xeral do Plan de Normalización Lingüística da USC, de difundir información e recursos dentro da ETSE, así como de detectar necesidades e elaborar anualmente un programa de actividades enmarcadas no plan de normalización.

A Comisión está composta por un membro do equipo directivo, 3 profesores, 2 alumnos e 1 membro do PAS.

Membros actuais da Comisión de Normalización Lingüística:
Presidenta: Prof. Dna. Mª José Carreira Nouche.
Representantes Profesorado:
Prof. D. Xosé M. Pardo López
Prof. D. José L. Campos Gómez
Prof. D. Manuel Lama Penín
Representantes estudantes: sen candidatos
Representante PAS: sen candidatos

Actividades de Normalización Lingüística curso 2011/2012:

- IV ETSE Open de SL: IV Fiadeiro de localización de Software Libre (19, 26 e 28 de abril de 2012)
4 de novembro, Día da Ciencia en Galego Cartaz Actividades ETSE
En galego tamén se fai Ciencia
- VIII Premios á Calidade Lingüística ETSE e VI Premios á Excelencia Lingüística USC ( Presentación da convocatoria). Aberta todo o curso (ata 23 setembro 2012).
a) Traballos académicos de curso avaliados en calquera das materias das titulacións da ETSE.
1º Premio: 150€ e Diploma
2º Premio: 100€ e Diploma
Entre os gañadores de tódolos centros participantes se elixirá ao traballo gañador do Premio á Excelencia Lingüística, dotado con 150€ adicionais e diploma.
b) Traballos Fin de Grao ou Proxectos Fin de Carreira
Premio POR TITULACIÓN: 300€ e Diploma
Entre os gañadores de tódolos centros participantes se elixirá ao traballo gañador do Premio á Excelencia Lingüística, dotado con 300€ adicionais e diploma.
Ao persoal docente que fomente e facilite a participación do seu alumnado neste concurso outorgaráselle unha constancia da súa implicación con esta actividade de fomento do galego na docencia universitaria. Ademais, os profesores e profesoras cuxos alumnos resulten premiados nalgunha das modalidades recibirán un pequeno agasallo.

Actividades de Normalización Lingüística curso 2010/2011:

- VII Premios á Calidade Lingüística na ETSE:

  • 1º premio á calidade lingüística dos traballos académicos, dotado con 150 euros e diploma acreditativo, ao traballo da autoría de Rita Pereira Calviño, que na data de presentación do traballo era estudante de 3º curso do Grao en Enxeñaría Informática.
  • 2º premio á calidade lingüística dos traballos académicos, dotado con 100 euros e diploma acreditativo, ao traballo da autoría de Esther Álvarez Feijóo, Manuel Álvarez Casanova e Félix Queiruga Balado que na data de presentación do traballo eran estudantes de 2º curso do Grao en Enxeñaría Informática.
  • Premio ao Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao TFG de César Osorio Peláez.
  • Premio ao Proxecto Fin de Carreira de Enxeñaría Química, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao PFC de Noelia Dosil Mayán.

- V Premios á Excelencia Lingüística USC dos Traballos ou Proxectos Fin de Carreira: 1º premio, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao TFG de Enxeñaría Informática de César Osorio Peláez, elixido entre todos os premiados de tódolos centros da USC.

- III ETSE Open de SL: III Fiadeiro de localización de Software Libre (29 e 30 de marzo e 2 de abril de 2011)

Actividades de Normalización Lingüística curso 2009/2010:

- VI Premios á Calidade Lingüística na ETSE:

  • 1º premio á calidade lingüística dos traballos académicos, dotado con 150 euros e diploma acreditativo, ao traballo da autoría de Iria García Fernández, Rita Pereira Calviño e Rocío Vilariño Rey, que na data de presentación do traballo eran estudantes de 2º curso de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
  • 2º premio á calidade lingüística dos traballos académicos, dotado con 100 euros e diploma acreditativo, ao traballo da autoría de Sara Fariña Baúlo, Silvia Maneiro Romero, Cristina Rey Fungueiro, Pablo Sánchez Torres e Rocío Vilariño Rey que na data de presentación do traballo eran estudantes de 2º curso de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
  • Premio ao Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao TFG de Tomás Teijeiro Campo.
  • Premio ao Proxecto Fin de Carreira de Enxeñaría Química, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao PFC de Celia María Castro Barros.

- IV Premios á Excelencia Lingüística USC dos Traballos ou Proxectos Fin de Carreira: 1º premio, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao PFC de Enxeñaría Química de Celia María Castro Barros, elixido entre todos os premiados de tódolos centros da USC.
- ETSE Open de SL: II Fiadeiro de localización de Software Libre (15, 22 e 30 de abril de 2010)

Actividades de Normalización Lingüística curso 2008/2009:

- V Premios á Calidade Lingüística ETSE: 1º premio, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao traballo da autoría de Vanesa Graíño Pazos, Olalla Galiñanes Feijoo, Fernando Gómez Folgar, Alejandra Mosquera Gómez, Sergio Torrado Mariño, que na data de presentación do traballo eran alumnos de 2º curso de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas. 2º premio foi declarado deserto, pois non houbo máis candidaturas.
- III Premios á Excelencia Lingüística USC: 1º premio, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, ao mesmo traballo da ETSE, elixido entre todos os premiados de tódolos centros da USC.
- ETSE Open de SL: Fiadeiro de localización de Software Libre (30 de abril, 7 e 9 de maio de 2009)
- Galería de fotos do ETSE Open de SL (09/05/2009)

Fiadeiro de localización de software libre

ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libre

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es