USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio

Ofertas de emprego

Eventos

« Febreiro 2012 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829
  • Biblioteca II

Novidades

Publicadas as datas de lectura dos PFC de ETIS e os TFG de GrEI (febreiro 2012)

Xa está dipoñible na web as datas de ensaios e de defensa, horarios e tribunais dos Proxectos Fin de Carreira de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e dos Traballos Fin de Grao en Enxeñaría Informática.

Convocatoria da Xunta de Galicia de Premios extraordinarios (ata 24 de febreiro)

Convócanse os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos ao alumnado universitario, tanto de plans vellos como de graos, que remataran os seus estudos con data límite o 30 de setembro de 2011. O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro.

Info Aula Novos Emprendedores 2012 (ata 10 febreiro)

"Info Aula Jóvenes Emprendedores 2012" trátase dun programa de Desenvolvemento do Potencial Emprendedor, no que se traballan as competencias e habilidades personais, sociais e directivas dos futuros profesionais da empresa. Está organizado pola Cátedra Bancaja Novos Emprendedores con grande acollida por parte dos estudantes. As prazas son limitadas e o plazo de preinscripción remata este venres 10 de febreiro.

Prácticas Erasmus (ata 17 de febreiro)

Aqueles alumnos que estén interesados en realizar prácticas Erasmus deberán poñerse en contacto coa Responsable Académica de Mobilidade.

Enxeñaría Informática: asignación provisional de anteproxectos aprobados, convocatoria de xuño 2011-2012

Xa se publicou a lista coa asignación provisional de anterpoxectos aprobados do Grao en Enxeñaría Informatíca e de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas para a convocatoria de xuño do curso 2011-2012.

Becas posgrao Fundación Barrié (ata 31 de marzo)

Na Fundación Barrié levan 23 anos buscando os mellores licenciados, doutores, masters e investigadores. Es ti un deles?

Solicitudes Mobilidade/Erasmus 2012-2013 (ata 10 febreiro)

Prazo de solicitude ata o 10 de febreiro de 2012. Documentos para a Solicitude: - Formulario de solicitude en liña Secretaría Virtual USC - Formulario de solicitude de destino ETSE

Convocatoria "Programa Titores" curso académico 2011-2012 (ata 15 de febreiro)

Os estudantes de Grao poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deprotivas, de representación estudiantil, solidarias e de cooperación.

Premios de Investigación “Agustín de Betancourt y Molina” e “Juan López de Peñalver” Edición 2012

Destinados a investigadores que o 1 de xaneiro de 2012 teñan menos de 36 anos, e que realicen os seus traballos nos ámbitos da enxeñería ou a arquitectura, aplicacións prácticas das ciencias ou aspectos históricos ou sociais relacionados co anterior, polo menos en parte significativa, en España.

Grao en Enxeñaría Informática: modificacións nos horarios

Os horarios de teoría e de prácticas do 2º cuadrimestre de Grao en Enxeñaría Informática sufriron algunha modificación.
 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es