USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • imaxe 4

Proceso de verificación MEnA

Para referenciar esta páxina, utilice: http://www.usc.es/etse/mena/verificacion

A 1ª edición do Máster en Enxeñaría Ambiental (Plan P4011, de 120 ECTS), posta en marcha no curso académico 2006-07, aprobouse mediante unha resolución do Consello de Universidades publicando unha lista de títulos autorizados pola Comunidade Autónoma de Galicia. A lista onde aparece o Máster en Enxeñaría Ambiental foi publicada no BOE do 3/07/2006 (a resolución do C.U é do 22/06/2006). Segundo a normativa vixente naquel entón, o decreto 56/2005, non era preciso a súa publicación no BOE nin no DOG.

A 2ª edición do Máster en Enxeñaría Ambiental (Plan P4012, de 60 ECTS) posta en marcha no curso académico 2009-10 (unicamente o primeiro curso) foi verificada polo procedemento abreviado para adaptar o máster ao decreto 1393/2007. Dito decreto indica que se producirá a publicación do plan de estudos "tras a resolución do Consello de Ministros". O Plan P4012 foi verificado e é, polo tanto, oficial, pero até o momento non foi publicado en ningún diario oficial porque non houbo orde preceptiva do Consello de Ministros ao respecto. De feito, hai plans de estudo de Másters tramitados polo procedemento abreviado que si están publicados e outros, polo motivo antedito, que non o están.

Plan P4011 (120 ECTS). Cursos académicos 2006-07 ó 2009-10

Memoria do Máster en Enxeñaría Ambiental (Plan P4011, 120 ECTS)
Avaliación Memoria do Máster en Enxeñaría Ambiental (120 ECTS)

Plan P4012 (90 ECTS). Dende o curso académico 2009-10 ata a actualidade

Memoria do Máster en Enxeñaría Ambiental (Plan P4012, 90 ECTS)
Avaliación Memoria do Máster en Enxeñaría Ambiental (90 ECTS)

Publicación no BOE dos Plans P4012 e P4011

Resolución de 23 de novembro de 2011, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se publica o plan de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental

Publicación no DOG dos Plans P4012 e P4011

Resolución do 23 de novembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Enxeñaría Ambiental

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es