USC - Inicio

Campus de
Excelencia
Internacional

Logo ETSE - Inicio
  • ActoGrEI2011

Máster en Tecnoloxías da Información

Para referenciar esta páxina, utilice: http://www.usc.es/etse/mtin

Coordinador da titulación: Prof. D. Alberto Bugarín Diz
Correo-e: etse.mtin@usc.es

A finalidade do Máster universitario en Tecnoloxías da Información (MTIN) é a formación de posgrao e a especialización dos estudantes en aspectos avanzados tecnolóxicos, socio-económicos e científicos da enxeñaría informática.
O obxectivo é preparar profesionais versátiles que poidan desenvolver a súa actividade no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información nun sentido amplo, con posibilidade de fácil adaptación a diferentes contornos de traballo.

O MTIN adapta ao EEES a oferta de postgrao da USC no eido das tecnoloxías da información, que se basea nas competencias establecidas para as titulacións oficiais no eido da Enxeñaría en Informática, nas definidas en diversos estudos profesionais (PAFET elaborado por AETIC) e nas recomendadas polo Panel Asesor Externo do propio Máster (formado por quince empresas e institucións do sector en Galicia).

O resultado é unha oferta formativa actualizada que preparará profesionais capaces de ser axentes activos innovadores no eido da enxeñaría informática nas súas organizacións.

Presentación 2011-12
Díptico 2011-12

» Proceso de verificación

» Plano de estudos

» Calidade

» Acceso e matrícula

» Horarios

» Proxecto Fin de Máster

» Saídas profesionais


» Novidades

 
versión para imprimir
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 16701
Fax: 8818 16702
correo-e: etse.secredireccion@usc.es