Idioma: Galego | Español | English

Unha oferta renovada para unha sociedade moderna e global

A Facultade de Filoloxía da USC renova o seu catálogo de títulos para adecuar a súa oferta académica ás esixencias dunha sociedade moderna e aberta ao mundo.

A partir do curso 2009-2010 a Facultade de Filoloxía ofrece, a través dos seus títulos de grao, o máis completo catálogo de estudos lingüísticos e literarios que se pode atopar en Galicia. A través deles os estudantes poderán adquirir coñecementos e dominar métodos científicos e recursos de análise para o estudo lingüístico e literario dalgunhas das numerosas linguas que se ofertan na Facultade (alemán, catalán, danés, español, francés, galego, grego, inglés, italiano, latín, occitano, portugués e romanés). Así mesmo, poderán formarse no estudo comparativo das linguas e literaturas románicas ou realizar estudos de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

Por outra banda, a Facultade ofrece tamén a posibilidade de realizar formación posgraduada a través do seu amplo catálogo de títulos de máster. Unha boa parte deles están orientados á investigación e, por esa razón, dan acceso ao período de realización da tese de doutoramento; outros, pola súa parte, teñen unha orientación profesionalizante.

Finalmente, durante o período de transición ao Espazo Europeo de Educación Superior, a Facultade de Filoloxía seguirá ofrecendo a posibilidade de cursar títulos de licenciatura a aqueles estudantes que iniciaron os seus estudos antes do curso 2008-2009.


Acceso privado
user
pass
 






::::: ©2009, Universidade de Santiago de Compostela ::::: Facultade de FILOLOXÍA ::::: [Contacto: zfixdeca@usc.es] :::::