Idioma: Galego | Español | English

Os estudos de Grao da Facultade de Filoloxía

A partir do curso 2009-2010 a Facultade de Filoloxía ofrece a posibilidade de cursar cinco títulos de Grao adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior:

Todos estes títulos proporcionan unha competencia avanzada nunha ou en varias linguas e un coñecemento profundo das súas correspondentes literaturas e culturas e, ao tempo, pretenden formar persoas capaces de desenvolverse en contextos multiculturais e multilingües cos recursos necesarios para aplicar os seus coñecementos en distintas actividades profesionais:

  • docencia de linguas e literaturas no ensino secundario
  • ensino de linguas para falantes non nativos
  • docencia en escolas de idiomas e centros de linguas modernas
  • asesoría e corrección lingüística en industrias culturais, medios de comunicación e editoriais
  • planificación lingüística
  • mediación comunicativa
  • tradución
  • animación e dinamización cultural
  • crítica literaria
  • servizos turísticos, compañías aéreas
  • centros de investigación lingüística e literaria

Estes cinco títulos de Grao comparten unha estrutura común formada polos seguintes elementos:

  • Módulo de Formación Básica (60 ECTS). O seu obxectivo é proporcionar unha formación xeral en Lingüística e Teoría Literaria, así como unha formación inicial en tres das seguintes linguas: alemán, español, francés, galego, grego, inglés, italiano, latín e portugués.
  • Maior (120 ECTS). Proporciona unha formación avanzada na disciplina nuclear da titulación.
  • Módulo Complementario (24 ECTS). Fornece unha competencia básica, pero significativa, nunha segunda lingua e a súa literatura ou nunha disciplina transversal ou afín.
  • Módulo Optativo (24 ECTS). Permite que o estudante acabe de perfilar a súa titulación de acordo cos seus propios intereses.
  • Traballo de Fin de Grao (12 ECTS). Permite que o estudante demostre que posúe as competencias e os coñecementos adquiridos ao longo dos catro anos de estudo.

Dependendo das opcións escollidas para cursar os Módulos Complementario e Optativo, os estudantes poden perfilar o seu currículum e configuralo de acordo con tres modalidades diferentes: 

1. Modalidade Maior / Minor

Para acollerse a esta modalidade o estudante debe escoller o Módulo Optativo que continúa os estudos realizados no Módulo Complementario:

 MÓDULO BÁSICO

(60 ECTS)

MAIOR

(120 ECTS) 

MINOR =

MÓD. COMPLEMENTARIO (24 ECTS)

+

MÓD. OPTATIVO (24 ECTS)

TFG 

(12 ECTS)

2. Modalidade Maior Plus

Para acollerse a esta modalidade débense escoller catro materias do Módulo Optativo que continúa os estudos realizados no Maior.

 MÓDULO BÁSICO

(60 ECTS)

MAIOR PLUS =

MAIOR (120 ECTS)

+

MÓD. OPTATIVO (24 ECTS) 

MÓD. COMPLEMENTARIO (24 ECTS)

TFG 

(12 ECTS)

3. Modalidade Mixta

Para acollerse a esta modalidade débese escoller un Módulo Optativo correspondente a unha disciplina diferente das cursadas no Maior e no Módulo Complementario.

 MÓDULO BÁSICO

(60 ECTS)

MAIOR (120 ECTS) 

MÓD. COMPLEMENTARIO

(24 ECTS)

MÓD. OPTATIVO

(24 ECTS)

TFG 

(12 ECTS)


Acceso privado
user
pass
 

Novas:
Erasmus 2012/2013
Seminario English Linguistics Circle
Seminario Richard III
Mobilidade Países de Fala Inglesa 2012/2013
Mobilidade Iberoamérica 2012/2013
Prácticas 11/12: Selección Concello
Prácticas 11/12: Convocat. extraordinarias
Prácticas en Empresas: Escola de Hostalería
Congreso Valle-Inclán y las Artes
IWoDA 2011
Tese Doutoramento Carmen Manzano Rovira
Tese Doutoramento Milagros Torrado Cespón
Prazas lectorados de galego
Concentración en memoria de Gloria García
Conferencias Erminia Ardissino
Convocatoria Prácticas en Empresas 2011/2012
Convocatoria TAD 2011/2012
Homenaxe a Neira Vilas
Tese Doutoramento Alejandra Ulla Lorenzo
Seminario Calderón de la Barca
Certificado de Francés Xurídico
Seminario Lingüística de Corpus
Congreso Xoán Manuel Pintos
Bolsas Erasmus Kutxa
Certificados de Catalán Ramon Llull
Praza de lector Univ. Le Mans
Praza de lector Univ. Angers
Conferencia: El rumano ...
Conferencia sobre Miguel Hernández
Homenaxe a Benito Varela Jácome
Cursos de mimo
IV Congreso Fiape
Exposición Carolina Michaëlis de Vasconcelos
Seminario Escritura Poética
Xornadas Lingüística Aplicada 2011
Programa Titores e Orientadores
Xornadas de Lingüística e Logopedia
Parellæs 2011 (Intercambio galego - catalán)
Sicue 2011/2012
Mobilidade Países de Fala Inglesa 2011/2012
Mobilidade Iberoamérica 2011/2012
Erasmus 2011/2012
Bolsas Ministerio de Educación
Seminario Calderón de la Barca
Bolsas Parlamento de Galicia
Bolsa Servizo de Normalización USC
Xornada Cultura e Cooperativismo
Avaliación Profesorado
Tese Doutoral J.M. Salgado Rodríguez
Homenaxe Annick Boilève
Congreso Internacional Camiño de Santiago
Coloquio Internacional "ComplémentationS"
Prácticas Fundación Torrente
Prácticas: Convocatoria extraordinaria
Cátedra Valle - Inclán: Presentación volume
Simposio ILG 2010
Prácticas en Empresas
Subir Scroll Baixar Scroll





::::: ©2009, Universidade de Santiago de Compostela ::::: Facultade de FILOLOXÍA ::::: [Contacto: zfixdeca@usc.es] :::::