Grao en Filoloxía Clásica
O Grao en Filoloxía Clásica ten como obxectivo conseguir que os futuros graduados alcancen un dominio efectivo das linguas latina e grega clásicas, a fluidez gramatical e capacidade de comprensión necesarias para ler textos clásicos gregos e latinos, o coñecemento das diferentes variantes das linguas grega e latina e o coñecemento teórico e profundo das súas correspondentes literaturas e dos contextos históricos e culturais en que estas xorden e se desenvolven.
O núcleo da titulación está constituído polo Maior en Filoloxía Clásica, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:
Por outra parte, o Módulo de Formación Básica, ademais de homoxeneizar o nivel inicial de lingua grega e latina e de proporcionar unha formación básica nunha terceira lingua, está concibido para proporcionar os coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarios para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.
Finalmente, a través dos Módulos Complementario e Optativo os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio en Arte e Pensamento Grecorromanos e Lingüística Indoeuropea, nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combinar a formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no Maior.
Ver Memoria completa
Estrutura do Grao
PRIMEIRO CURSO
SEGUNDO CURSO
TERCEIRO CURSO
CUARTO CURSO
Modalidades para cursar os Módulos Complementario e Optativo
O Grao en Filoloxía Clásica permite configurar os estudos segundo tres modalidades diferentes:
a. Modalidade Maior / Minor
Esta modalidade é recomendable para aqueles estudantes que desexen combinar a formación avanzada en Filoloxía Clásica que proporciona o Maior (120 créditos) co estudo dunha segunda disciplina, que dará lugar a unha mención Minor (48 créditos) no Suplemento Europeo ao Título. Esta é a relación dos Minor que se ofrecen para o Grao en Filoloxía Clásica. Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
b. Modalidade Maior Plus
Especialmente indicada para aqueles estudantes que desexen afondar máis nos estudos de Filoloxía Clásica, esta modalidade pódese cursar complementando o Maior (120 ECTS) cun Módulo Optativo de especialización en Filoloxía Clásica (24 ECTS). Para completalo os estudantes deberán elixir catro das seguintes materias:
Ademais, terán que cursar un dos seguintes Módulos Complementarios (24 ECTS). Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
c. Modalidade Mixta
A través desta modalidade, os estudos realizados no Maior en Filoloxía Clásica (120 ECTS) pódense combinar co estudo de dous dos Módulos Complementarios (24 ECTS) mencionados na opción anterior, ou ben cun destes Módulos Complementarios e un dos seguintes Módulos Optativos:
|