Grao en Lingua e Literatura Españolas
O Grao en Lingua e Literatura Españolas é unha titulación científica e humanística que ten como obxectivo principal a análise lingüística do español e o estudo da produción literaria española e latinoamericana, os seus procesos de creación e recepción, así como a súa contribución social dentro da Historia da Cultura.
O núcleo da titulación está constituído polo Maior en Lingua e Literatura Españolas, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:
-
Lingua española
-
Historia da lingua española
-
Literatura española clásica e os seus fundamentos
-
Literatura española contemporánea e os seus fundamentos
-
Literatura hispanoamericana
Por outra parte, o Módulo de Formación Básica, ademais de homoxeneizar o nivel inicial de lingua española e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e nunha terceira lingua, está concibido para proporcionar os coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarios para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.
Finalmente, a través dos Módulos Complementario e Optativo os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combinar a formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no Maior.
Ver memoria completa
Estrutura do Grao
PRIMEIRO CURSO
SEGUNDO CURSO
TERCEIRO CURSO
CUARTO CURSO
Modalidades para cursar os Módulos Complementario e Optativo
O Grao en Lingua e Literatura Españolas permite configurar os estudos segundo tres modalidades diferentes:
a. Modalidade Maior / Minor
Esta modalidade é recomendable para aqueles estudantes que desexen combinar a formación avanzada en Lingua e Literatura Españolas que proporciona o Maior (120 créditos) co estudo dunha segunda disciplina, que dará lugar a unha mención Minor (48 créditos) no Suplemento Europeo ao Título. Esta é a relación dos Minor que se ofrecen para o Grao en Lingua e Literatura Españolas. Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
b. Modalidade Maior Plus
Especialmente indicada para aqueles estudantes que desexen afondar máis nos estudos de Lingua e Literatura Españolas, esta modalidade pódese cursar complementando o Maior (120 ECTS) cun Módulo Optativo de especialización en Lingua e Literatura Españolas (24 ECTS). Para completalo os estudantes deberán elixir catro das seguintes materias:
Ademais, terán que cursar un dos seguintes Módulos Complementarios (24 ECTS). Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
c. Modalidade Mixta
A través desta modalidade, os estudos realizados no Maior en Lingua e Literatura Españolas (120 ECTS) pódense combinar co estudo de dous dos Módulos Complementarios (24 ECTS) mencionados na opción anterior, ou ben cun destes Módulos Complementarios e un dos seguintes Módulos Optativos:
|