Idioma: Galego | Español | English

Grao en Lingua e Literatura Inglesas

O Grao en Lingua e Literatura Inglesas ten por obxecto formar profesionais que posúan unha óptima competencia en lingua inglesa, así como un coñecemento especializado da lingua, historia, cultura e literatura dos países de fala inglesa.

O núcleo da titulación está constituído polo Maior en Lingua e Literatura Inglesas, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:

  • Lingua inglesa instrumental
  • Lingüística inglesa
  • Literatura inglesa
  • Literatura norteamericana
  • Literatura postcolonial
  • Historia e cultura
Por outra parte, o Módulo de Formación Básica, ademais de homoxeneizar o nivel inicial de lingua inglesa e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e nunha terceira lingua, está concibido para proporcionar os coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarios para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.

Finalmente, a través dos Módulos Complementario e Optativo os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combinar a formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no Maior.

Ver memoria completa

Estrutura do Grao 

PRIMEIRO CURSO

PRIMEIRO SEMESTRE

SEGUNDO SEMESTRE

Materias

ECTS

Materias

ECTS

Lingüística 1

6

Teoría e crítica literaria

6

Lingua inglesa 1

6

Lingua inglesa 2

6

Lingua B1

6

Lingua B2

6

Lingua C1

6

Lingua C2

6

Historia e cultura dos países de fala inglesa

6

Introdución á literatura inglesa

6

 
Para cursar as materias Lingua B1 e B2 e Lingua C1 e C2 o estudante pode elixir unha das seguintes opcións: Lingua alemá 1 e Lingua alemá 2Lingua española 1 e Lingua española 2, Lingua francesa 1 e Lingua francesa 2, Lingua galega 1 e Lingua galega 2, Lingua grega 1 e Lingua grega 2Lingua italiana 1 e Lingua italiana 2Lingua latina 1 e Lingua latina 2, e Lingua portuguesa 1 e Lingua portuguesa 2. As opcións elixidas como Lingua B2 e C2 deben ser continuación das cursadas como Lingua B1 e C1, respectivamente. Por outra banda, téñase en conta que, como máximo, só unha das dúas pode pertencer ao grupo das linguas modernas (alemán, francés, italiano, portugués).

SEGUNDO CURSO

TERCEIRO CURSO

CUARTO CURSO

PRIMEIRO SEMESTRE

SEGUNDO SEMESTRE

Materias

ECTS

Materias

ECTS

Técnicas de expresión oral en lingua inglesa

6

Poesía inglesa

6

Historia da lingua inglesa 2

6

Gramática e discurso en lingua inglesa

6

Literatura postocolonial en lingua inglesa

6

Optativa 4

6

Literatura norteamericana 2

6

Traballo de Fin de Grao

12

Optativa 3

6

Modalidades para cursar os Módulos Complementario e Optativo  

O Grao en Lingua e Literatura Inglesas permite configurar os estudos segundo tres modalidades diferentes:
 
a. Modalidade Maior / Minor 

Esta modalidade é recomendable para aqueles estudantes que desexen combinar a formación avanzada en Lingua e Literatura Inglesas que proporciona o Maior (120 créditos) co estudo dunha segunda disciplina, que dará lugar a unha mención Minor (48 créditos) no Suplemento Europeo ao Título. Esta é a relación dos Minor que se ofrecen para o Grao en Lingua e Literatura Inglesas. Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:

 
 b. Modalidade Maior Plus

Especialmente indicada para aqueles estudantes que desexen afondar máis nos estudos de Lingua e Literatura Inglesas, esta modalidade pódese cursar complementando o Maior (120 ECTS) cun Módulo Optativo de especialización en Lingua e Literatura Inglesas (24 ECTS). Para completalo os estudantes deberán elixir catro das seguintes materias:

 
Ademais, terán que cursar un dos seguintes Módulos Complementarios (24 ECTS). Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
 
 
c. Modalidade Mixta
 
A través desta modalidade, os estudos realizados no Maior en Lingua e Literatura Inglesas (120 ECTS) pódense combinar co estudo de dous dos Módulos Complementarios (24 ECTS) mencionados na opción anterior, ou ben cun destes Módulos Complementarios e un dos seguintes Módulos Optativos:
 

 


Acceso privado
user
pass
 

Novas:
Erasmus 2012/2013
Seminario English Linguistics Circle
Seminario Richard III
Mobilidade Países de Fala Inglesa 2012/2013
Mobilidade Iberoamérica 2012/2013
Prácticas 11/12: Selección Concello
Prácticas 11/12: Convocat. extraordinarias
Prácticas en Empresas: Escola de Hostalería
Congreso Valle-Inclán y las Artes
IWoDA 2011
Tese Doutoramento Carmen Manzano Rovira
Tese Doutoramento Milagros Torrado Cespón
Prazas lectorados de galego
Concentración en memoria de Gloria García
Conferencias Erminia Ardissino
Convocatoria Prácticas en Empresas 2011/2012
Convocatoria TAD 2011/2012
Homenaxe a Neira Vilas
Tese Doutoramento Alejandra Ulla Lorenzo
Seminario Calderón de la Barca
Certificado de Francés Xurídico
Seminario Lingüística de Corpus
Congreso Xoán Manuel Pintos
Bolsas Erasmus Kutxa
Certificados de Catalán Ramon Llull
Praza de lector Univ. Le Mans
Praza de lector Univ. Angers
Conferencia: El rumano ...
Conferencia sobre Miguel Hernández
Homenaxe a Benito Varela Jácome
Cursos de mimo
IV Congreso Fiape
Exposición Carolina Michaëlis de Vasconcelos
Seminario Escritura Poética
Xornadas Lingüística Aplicada 2011
Programa Titores e Orientadores
Xornadas de Lingüística e Logopedia
Parellæs 2011 (Intercambio galego - catalán)
Sicue 2011/2012
Mobilidade Países de Fala Inglesa 2011/2012
Mobilidade Iberoamérica 2011/2012
Erasmus 2011/2012
Bolsas Ministerio de Educación
Seminario Calderón de la Barca
Bolsas Parlamento de Galicia
Bolsa Servizo de Normalización USC
Xornada Cultura e Cooperativismo
Avaliación Profesorado
Tese Doutoral J.M. Salgado Rodríguez
Homenaxe Annick Boilève
Congreso Internacional Camiño de Santiago
Coloquio Internacional "ComplémentationS"
Prácticas Fundación Torrente
Prácticas: Convocatoria extraordinaria
Cátedra Valle - Inclán: Presentación volume
Simposio ILG 2010
Prácticas en Empresas
Subir Scroll Baixar Scroll





::::: ©2009, Universidade de Santiago de Compostela ::::: Facultade de FILOLOXÍA ::::: [Contacto: zfixdeca@usc.es] :::::