Máster Interuniversitario en EdiciónO Máster en Edición é un máster interuniversitario de carácter profesionalizante. Ofertado conxuntamente pola Universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, está dirixido a todas aquelas persoas que desexen obter unha formación especializada no proceso xeral da edición, polo que se deseñou unha estrutura docente que permita un coñecemento amplo do ámbito da edición en todos os aspectos: históricos, técnicos, xurídicos e económico financeiros. O máster ten como obxectivo proporcionar ao alumnado as ferramentas precisas para abordar unha especialización concreta nun sector que é ao mesmo tempo empresarial e cultural e que na actualidade ten que dar resposta a unha demanda de produtos que exceden o carácter de obxecto material, pois estamos na era do “libro virtual”. Pero ambos os tipos de libros requiren duns coidados atentos na súa produción, do cumprimento duns requisitos legais e tamén de orde estética, dunha coidadosa planificación e dun estudo de mercado que non poden ser improvisados. O sector editorial precisa de profesionais altamente cualificados, capaces de afrontar non só os retos da edición tradicional senón tamén, e sobre todo, os relacionados cos constantes avances das TIC. O cambio de mentalidade empresarial determina a variación nos parámetros polos que se rexían antes as casas editoriais; téndese á supresión de grandes stocks de volumes impresos a favor da edición, impresión e distribución a demanda; xa non é imprescindible que un libro se difunda en formato impreso. O coñecemento das TICs, con implicacións tamén no campo do deseño nas edicións, é absolutamente necesario, pero non o son menos certas nocións claras de xurisdición ou economía aplicadas a este ámbito específico. Con estas premisas, elaborouse este Máster en Edición cuxos obxectivos fundamentais son: b) proporcionar os coñecementos precisos sobre o funcionamento do mundo editorial, atendendo tanto á estrutura, funcionamento e organización dunha empresa do sector como a cada unha das tarefas e tipos de traballo que rodean a edición: a. Aspectos económicos e xurídicos. b. Proceso de preparación dun texto. c. Deseño, produción e distribución do libro. d. Tipos de coleccións presentes nun catálogo (incluíndo as publicacións periódicas e diferenciando elementos particulares como pode ser a edición de literatura infantil e xuvenil).
A docencia do máster organízase en dous cuadrimestres. No primeiro deles impartiranse 4 materias (2 de 6 cr e 2 de 9) que suman 30 cr. No segundo cuadrimestre dispensaranse as outras tres materias (18 cr) e realizarase o TFM (6 créditos) e as prácticas (6 cr) co que se completan os 60 créditos totais. Todas as materias son de carácter presencial, aínda que profesores e alumnos poderán acordar outros modos de impartir parte da docencia asignada segundo os casos (videoconferencia, plataformas, etc). Os docentes encargados da impartición das materias son, por unha banda profesionais dos distintos ámbitos da edición que achegarán non só o coñecemento teórico, senón o coñecemento práctico que obtiveron logo de estar anos á fronte dunha editorial ou intervindo nunha das engrenaxes do proceso de produción dun libro e, por outro, docentes dunha das dúas universidades participantes que tratarán de aspectos concretos do ordenamento xurídico ou financeiro que calquera profesional do sector editorial ten que coñecer. Para a realización das prácticas en empresa hai un convenio asinado coa Sociedade Xeral de Editores de Galicia de modo que estas están aseguradas. Os estudantes que cursen o máster a tempo parcial deberán matricularse no primeiro ano como mínimo de 30 créditos, correspondentes todos ás materias do máster. Os 6 créditos do Traballo de Fin de Máster (TFM) e as prácticas deberán cursarse necesariamente no segundo ano de matrícula.
Máis información na páxina web propia: http://www.masteredicion.uvigo.es/
Coordinadores Universidade de Vigo: Xosé María Gómez Clemente Xgomez@uvigo.es
Universidade de Santiago de Compostela: Elvira Fidalgo Facultade de Filoloxía Departamento de Filoloxía Galega. Área de Filoloxía Románica Avda. de Castelao s/n Tf. 981 563 100, ext. 11825 Elvira.fidalgo@usc.es
|
Acceso privado
Novas:
Prazas lectorados de galego
Convocatoria TAD 2012/2013 Tese Doutoramento Jorge Goldar Diéguez Tese Doutoramento Barbara Lübke Elección Destinos Erasmus Conferencia Manuel Pruñonosa Sicue 2012/2013 Erasmus 2012/2013 Seminario English Linguistics Circle Seminario Richard III Mobilidade Países de Fala Inglesa 2012/2013 Mobilidade Iberoamérica 2012/2013 Prácticas 11/12: Selección Concello Prácticas 11/12: Convocat. extraordinarias Prácticas en Empresas: Escola de Hostalería Congreso Valle-Inclán y las Artes IWoDA 2011 Tese Doutoramento Carmen Manzano Rovira Tese Doutoramento Milagros Torrado Cespón Prazas lectorados de galego Concentración en memoria de Gloria García Conferencias Erminia Ardissino Convocatoria Prácticas en Empresas 2011/2012 Convocatoria TAD 2011/2012 Homenaxe a Neira Vilas Tese Doutoramento Alejandra Ulla Lorenzo Seminario Calderón de la Barca Certificado de Francés Xurídico Seminario Lingüística de Corpus Congreso Xoán Manuel Pintos Bolsas Erasmus Kutxa Certificados de Catalán Ramon Llull Praza de lector Univ. Le Mans Praza de lector Univ. Angers Conferencia: El rumano ... Conferencia sobre Miguel Hernández Homenaxe a Benito Varela Jácome Cursos de mimo IV Congreso Fiape Exposición Carolina Michaëlis de Vasconcelos Seminario Escritura Poética Xornadas Lingüística Aplicada 2011 Programa Titores e Orientadores Xornadas de Lingüística e Logopedia Parellæs 2011 (Intercambio galego - catalán) Sicue 2011/2012 Mobilidade Países de Fala Inglesa 2011/2012 Mobilidade Iberoamérica 2011/2012 Erasmus 2011/2012 Bolsas Ministerio de Educación Seminario Calderón de la Barca Bolsas Parlamento de Galicia Bolsa Servizo de Normalización USC Xornada Cultura e Cooperativismo Avaliación Profesorado Tese Doutoral J.M. Salgado Rodríguez Homenaxe Annick Boilève Congreso Internacional Camiño de Santiago Coloquio Internacional "ComplémentationS" Prácticas Fundación Torrente Prácticas: Convocatoria extraordinaria Cátedra Valle - Inclán: Presentación volume Simposio ILG 2010 Prácticas en Empresas
|