Máster en Estudos Ingleses
Tendencias actuais e aplicacións
O Máster en Estudos Ingleses pretende proporcionar unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientada á especialización en tarefas investigadoras e académicas. Deste xeito, ofrece unha formación superior nos fundamentos e aplicacións da lingüística e da literatura co fin de consolidar elementos formativos de carácter teórico, metodolóxico e aplicado que permitan avanzar nos novos horizontes da investigación. Neste sentido cabe sinalar que o Máster permite acceder ao Programa de Doutoramento do mesmo nome.
O Máster componse de 60 ECTS e ten carácter presencial. En todo caso, os seus horarios permiten compatibilizar a súa realización co desenvolvemento doutras actividades académicas e profesionais.
Os seus destinatarios máis inmediatos son os actuais licenciados (e os futuros graduados) en Filoloxía Inglesa e en Tradución e Interpretación, os diplomados en Maxisterio na especialidade de Linguas Estranxeiras, así como os titulados noutras disciplinas filolóxicas e humanísticas que posúan un coñecemento da lingua inglesa a un nivel C2 no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Para a impartición do seu programa formativo o Máster conta con profesorado doutor da USC cunha ampla experiencia docente e unha longa traxectoria investigadora e, ademais, con profesores de recoñecido prestixio procedentes doutras Universidades. Concretamente, no curso 2009-2010 contaremos coa participación de Laurel Brinton (University of British Columbia, Vancouver, Canadá), Edward Larrissy (Queen's University, Belfast, Irlanda do Norte), Fritz Senn (Universidade de Zürich, Suíza) e Aránzazu Usandizaga (Universidade Autónoma de Barcelona).
Estrutura
Os 60 ECTS de que consta o Máster distribúense nos seguintes módulos:
|
MÓDULO COMÚN (24 ECTS)
|
MÓDULO OPTATIVO (24 ECTS)
|
TRABALLO DE FIN DE MÁSTER (12 ECTS)
|
O módulo común (24 ECTS) pretende proporcionarlles aos estudantes formación avanzada e especializada tanto en literatura e cultura do Reino Unido e Irlanda e dos Estados Unidos (movementos estéticos principais e a súa recepción segundo diferentes teorías e escolas críticas, análise comparativa da relación entre as distintas manifestacións artísticas e culturais, estudo da evolución da sociedade e da concepción do individuo e o seu correlato na cultura anglosaxona, análise de xénero aplicada á literatura das Illas Británicas), como en lingüística sincrónica e diacrónica (análise do discurso, modelos de análise e variación lingüística, métodos de investigación).
O módulo optativo (24 ECTS), que o estudante deberá cursar no segundo cuadrimestre, proporciónalle a posibilidade de continuar a especialización, decantándose xa por estudos de corte lingüístico ou literario e cultural.
O traballo de fin de máster (12 ECTS) permitiralle ao estudante demostrar que adquiriu as competencias asociadas ao título.
A distribución cronolóxica das materias que conforman o Máster é a seguinte:
|
PRIMEIRO CUADRIMESTRE
|
SEGUNDO CUADRIMESTRE
|
|
Materias
|
ECTS
|
Materias
|
ECTS
|
|
Literatura de mulleres das Illas Británicas
|
3
|
Optativa 1
|
3
|
|
Individuo e orde social na literatura do Reino Unido e Irlanda
|
3
|
Optativa 2
|
3
|
|
Literatura norteamericana a través do cine e da televisión
|
3
|
Optativa 3
|
3
|
|
As orixes culturais das Illas Británicas
|
3
|
Optativa 4
|
3
|
|
Lingua e discurso: tendencias e aplicacións
|
3
|
Optativa 5
|
3
|
|
Modelos recentes de análise lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa
|
3
|
Optativa 6
|
3
|
|
Variación e cambio na lingua inglesa. Principios, mecanismos e metodoloxía de análise
|
3
|
Optativa 7
|
3
|
|
Modelos de procesamento lingüístico
|
3
|
Optativa 8
|
3
|
|
|
|
Traballo de Fin de Máster
|
12
|
Para cursar o módulo optativo ofrécenselles aos estudantes dúas vías de especialización (que se imparten no segundo cuadrimestre):
- un módulo en lingüística inglesa, que lle permite ao estudante a posibilidade de afondar en diferentes aspectos, sincrónicos e diacrónicos, da lingua inglesa, á vez que familiarizarse coas investigacións actuais en lingüística aplicada e lingua instrumental.
- un módulo en literatura e cultura dos países de fala inglesa que profundiza no estudo contextualizado das manifestacións culturais en lingua inglesa, e posibilita a análise concreta de autores, xéneros literarios e formación do canon literario en lingua inglesa.
|
MÓD. OPTATIVO DE LINGÜÍSTICA INGLESA
|
MÓD. OPTATIVO DE LITERATURA E CULTURA DOS PAÍSES DE FALA INGLESA
|
|
Materias
|
ECTS
|
Materias
|
ECTS
|
|
Adquisición e ensino do inglés
|
3
|
Innovacións na novela do Reino Unido e Irlanda
|
3
|
|
Métodos de investigación en lingüística
|
3 |
Romanticismo, modernismo e posmodernismo na literatura do Reino Unido e Irlanda |
3 |
|
Linguaxe e xénero
|
3 |
A formación do canon na literatura do Reino Unido e Irlanda nos séculos XVIII e XIX |
3 |
|
Pragmática
|
3
|
William Shakespeare
|
3
|
|
Aspectos do cambio morfosintáctico e semántico en inglés: a perspectiva da gramaticalización
|
3
|
Literatura e cultura do Sur dos Estados Unidos
|
3
|
|
Inglés para fins académicos
|
3
|
Literatura das minorías étnicas e o canon literario norteamericano
|
3
|
|
Introdución á lingüística de corpus e as súas aplicacións á lingua inglesa
|
3
|
Introdución á literatura irlandesa dos séculos XX e XXI
|
3
|
|
Expresións canónicas e non canónicas da lingua inglesa: un modelo de aprendizaxe
|
3
|
Cultura e institucións das Illas Británicas: orixes e evolución
|
3
|
Contacto
Departamento de Filoloxía Inglesa
Facultade de Filoloxía
Avda. Castelao s.n.
15782 Santiago de Compostela
|