Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Francés
Este itinerario pretende que os estudantes adquiran as destrezas e as competencias necesarias para unha formación completa de nivel avanzado en lingua, literatura e cultura francesas nas súas vertentes diacrónica e sincrónica.
O núcleo da titulación está constituído polo Maior en Lingua e Literatura Francesas, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:
-
Lingua e gramática francesas
-
Historia da lingua francesa
-
Tradución directa e inversa
-
Historia literaria de Francia e literatura de expresión francesa
-
Lingüística francesa
-
Cultura francesa
Por outra parte, o Módulo de Formación Básica, ademais de homoxeneizar o nivel inicial de lingua francesa e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e nunha terceira lingua, está concibido para proporcionar os coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarios para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.
Finalmente, a través dos Módulos Complementario e Optativo os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combinar a formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no Maior.
Estrutura do Grao
PRIMEIRO CURSO
Para cursar as materias Lingua B1 e B2 e Lingua C1 e C2 o estudante pode elixir unha das seguintes opcións: Lingua alemá 1 e Lingua alemá 2, Lingua española 1 e Lingua española 2, Lingua galega 1 e Lingua galega 2, Lingua grega 1 e Lingua grega 2, Lingua inglesa 1 e Lingua inglesa 2, Lingua italiana 1 e Lingua italiana 2, Lingua latina 1 e Lingua latina 2, e Lingua portuguesa 1 e Lingua portuguesa 2. As opcións elixidas como Lingua B2 e C2 deben ser continuación das cursadas como Lingua B1 e C1, respectivamente. Por outra banda, téñase en conta que, como máximo, só unha das dúas pode pertencer ao grupo das linguas modernas (alemán, inglés, italiano, portugués).
SEGUNDO CURSO
TERCEIRO CURSO
CUARTO CURSO
|
PRIMEIRO SEMESTRE
|
SEGUNDO SEMESTRE
|
|
Materias
|
ECTS
|
Materias
|
ECTS
|
|
Literatura de expresión francesa 3 (Poesía)
|
6
|
Literatura de expresión francesa 4 (Narrativa 2)
|
6
|
|
Gramática francesa 2
|
6
|
Gramática francesa 3
|
6
|
|
Lingüística francesa 2
|
6
|
Optativa 4
|
6
|
|
Tradución directa e inversa 2
|
6
|
Traballo de Fin de Grao
|
12
|
|
Optativa 3
|
6
|
Modalidades para cursar os Módulos Complementario e Optativo
O Grao en Linguas e Literaturas Modernas (Francés) permite configurar os estudos segundo tres modalidades diferentes:
a. Modalidade Maior / Minor
Esta modalidade é recomendable para aqueles estudantes que desexen combinar a formación avanzada en Lingua e Literatura Francesas que proporciona o Maior (120 créditos) co estudo dunha segunda disciplina, que dará lugar a unha mención Minor (48 créditos) no Suplemento Europeo ao Título. Esta é a relación dos Minor que se ofrecen para este itinerario. Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
b. Modalidade Maior Plus
Especialmente indicada para aqueles estudantes que desexen afondar máis nos estudos de Lingua e Literatura Francesas, esta modalidade pódese cursar complementando o Maior (120 ECTS) cun Módulo Optativo de especialización en Lingua e Literatura Francesas (24 ECTS). Para completalo os estudantes deberán elixir catro das seguintes materias:
- Comentario de textos literarios francófonos (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Francés de especialidade (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Literatura francófona contemporánea e artes escénicas (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Expresión escrita francesa (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Curso monográfico de literatura francófona (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Metodoloxía do ensino do francés (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Literaturas francófonas (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
- Fonética e fonoloxía francesas (3º curso, 2º semestre) (6 ECTS)
Ademais, terán que cursar un dos seguintes Módulos Complementarios (24 ECTS). Clicando sobre cada un deles pódense ver as materias que os forman:
c. Modalidade Mixta
A través desta modalidade, os estudos realizados no Maior en Lingua e Literatura Francesas (120 ECTS) pódense combinar co estudo de dous dos Módulos Complementarios (24 ECTS) mencionados na opción anterior, ou ben cun destes Módulos Complementarios e un dos seguintes Módulos Optativos:
|