Facultade de Ciencias da Educación


Inicio >> III Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación  >> Presentación do Congreso

 

PRESENTACIÓN

O Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación (COGALICE) nace das inquedanzas, desexos, motivacións e intereses dun grupo de alumnos de Terceiro Ciclo da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

A través deste evento quérese crear un espazo de formación e participación do alumnado de Posgrao e dos últimos anos das diferentes titulacións de Educación. O propósito é construír un espazo aberto para a promoción, intercambio e discusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diferentes áreas de coñecemento do ámbito educativo.

Convidámosvos a sumarvos a esta iniciativa coas vosas achegas e traballos, dando cabida ao conxunto dos distintos campos de coñecemento e investigación das Ciencias da Educación. O COGALICE queda, polo tanto, aberto a calquera temática obxecto de estudo da nosa realidade socioeducativa, procurando así nutrir o encontro e enriquecer o acervo investigador e institucional das Ciencias da Educación.

 

Obxectivos

Destinatarios

Datas e lugar de celebración

Datas importantes