Poderanse
presentar traballos académicos, investigacións e reflexións
de carácter teórico e empírico. No caso dos traballos de
investigación, poderán estar rematados ou, no seu defecto,
ofrecer resultados e/ou valoracións parciais dese estudo en
proceso e/ou conclusións (p. ex., resultados de proxectos de
investigación, TIT, tesiñas, teses, traballos academicamente
dirixidos, etc.). As comunicacións poderán ser presentadas
en galego, castelán ou portugués. Posteriormente serán
publicadas no CD de Actas do Congreso.
QUEN PODE PRESENTARSE COMO AUTOR/A DUNHA
COMUNICACIÓN?
Preferentemente,
poderán
participar na presentación de comunicacións tanto o alumnado
de
Posgrao (másteres e estudos de doutoramento) como
o
dos
últimos cursos dos diferentes
Graos de Ciencias da
Educación. Os traballos poderanse presentar conxuntamente
con algún profesor/a relacionado co estudo ou experiencia.
Excepcionalmente, poderán
presentar comunicacións calquera outro colectivo
investigador da nosa realidade socioeducativa.
Cada autor/a
poderá presentar como máximo 2 comunicacións. Se algún dos
participantes presentase máis das dúas permitidas,
penalizaráselle non admitindo
os
seus
traballos.
Independentemente da modalidade de presentación
-oral, póster ou alternativa-,
todas as persoas que firmen o traballo deberán
estar matriculadas no congreso.
QUE SON AS PRESENTACIÓNS ALTERNATIVAS?
Estamos a falar de comunicacións convencionais nas que o
único que cambia é a forma de presentación. Deben ser
presentadas dunha forma innovadora, orixinal e creativa.
Abrimos o abano a moitas opcións suxeitas ao enxeño dos
investigadores e investigadoras implicados/as. Cómics,
performances, videoperformances, esculturas humanas,
composicións musicais, collages, monólogos cómicos, entre
outras posibilidades, teñen cabida no noso congreso.
As
comunicación presentadas nesta modalidade entrarán
automaticamente a formar parte dun concurso no que os
premios outorgados consistirán na publicación dun
artigo derivado da comunicación nunha revista de
educación.
Máis información:
galego
castellano
DESCARGAR PLANTILLA PARA AS COMUNICACIÓNS / PÓSTERES
documento en galego
documento en castellano
DESCARGAR NORMAS DA A.P.A. PARA AS REFERENCIAS
BIBLIOGRÁFICAS
|
CRONOGRAMA
|
|
Recepción das comunicacións

|
Ata o
14 de marzo de 2010
*
|
|
Primeira avaliación das comunicacións
(comité científico)
|
Do 01 ao 14 de marzo de 2010
|
|
Envío das aceptacións /suxestións de mellora
aos autores dos traballos
|
15 de marzo de 2010
|
|
Reconsideración das melloras suxeridas e
envío do texto final
|
Do 15 ao 21 de marzo de 2010
|
|
Segunda avaliación das comunicacións
(comité científico)
|
Do 22 ao 28 de marzo de 2010
|
|
Aceptación definitiva das comunicacións
|
29 de marzo de 2010
|
|
Datas de celebración do congreso. O primeiro
día o comunicante deberá entregarlle aos membros da
Organización a presentación en .ppt
que acompañará a defensa da súa comunicación.
|
Mércores 14, Xoves 15 e Venres 16 de abril
de 2010
|
* Amplíase o prazo de presentación de
comunicacións do 28/02 ata o 14/03. As persoas que entreguen
os seus traballos neste novo período deben ter presente que
tamén poden sufrir variacións os tempos de resposta do
comité científico.