PRESENTACIÓN
O "Congreso Galego de Investigación
en Ciencias da Educación" nace das inquedanzas, desexos,
motivacións e intereses dun grupo de alumnos de Posgrao da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade
de Santiago de Compostela.
A través deste evento quérese crear un espazo de formación
e participación do alumnado de Posgrao, así
como dos últimos anos dos diferentes Graos, de Ciencias da
Educación. Deste xeito, o propósito é construír
un espazo aberto para a promoción, intercambio e discusión
de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diferentes
áreas de coñecemento do ámbito educativo.
Convidámosvos a sumarvos a esta iniciativa coas vosas achegas
e traballos, dando cabida ao conxunto dos distintos campos de coñecemento
e investigación das Ciencias da Educación. O Congreso
queda, por tanto, aberto a calquera temática obxecto de estudo
da nosa realidade socioeducativa, procurando así nutrir o
encontro e enriquecer o acervo investigador e institucional das
Ciencias da Educación.
OBXECTIVOS
A finalidade deste Congreso é a creación dun espazo
aberto para a promoción, intercambio e discusión de
experiencias, traballos e investigacións realizadas polo
alumnado de Posgrao, dende os diferentes ámbitos das
Ciencias da Educación.
Obxectivos específicos:
-
Promover estudos e traballos de investigación nas diferentes
áreas de coñecemento das Ciencias da Educación.
-
Dar a coñecer as diferentes liñas de investigación
que se están a desenvolver nas Facultades de Ciencias da
Educación, en xeral, e nas Facultades galegas, en
particular.
-
Reflexionar sobre as necesidades formativas e de desenvolvemento
profesional deste colectivo.
-
Fomentar o coñecemento, a comunicación e a cooperación
entre os investigadores das diferentes áreas das Ciencias
da Educación.
-
Reforzar o recoñecemento dos estudos e investigacións
nas Ciencias da Educación como motor de desenvolvemento da
sociedade actual cara á mellora da realidade educativa e
social.
-
Divulgar a oferta existente en canto aos recursos e posibilidades
económicas de axuda e financiamento para a investigación.
DESTINATARIOS
O "Congreso Galego de Investigación en Ciencias
da Educación" diríxese fundamentalmente ao alumnado
de Posgrao (Másteres e Estudos de Doutoramento), así
como ao alumnado dos últimos anos dos diferentes Graos de Ciencias da Educación.
CERTIFICACIÓN
Entregaráse un Diploma de Asistencia
ao "II Congreso Galego de Investigación en Ciencias
da Educación" por valor de 30 horas.
A todas aquelas persoas que presenten Comunicacións
tamén se lles entregará o correspondende Diploma.
Estes traballos serán publicados no CD de Actas do
Congreso, que recibirán gratuitamente todos os asistentes.
Ademáis estamos a traballar para poder ofertar un crédito
de libre configuración para tódolos Graos das
Facultades de Ciencias da Educación das tres universidades galegas (pendente
de confirmación).