| Novas/eventos
- INFORMACIÓN
DO NOVO CURSO 2006/2007
-NOVO
EDIFICIO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
- REVISTA "RED DIGITAL"
- ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN
SUPERIOR
- PRESENTE E FUTURO PARA OS TÍTULOS
DE C.C. DA EDUCACIÓN
|
PRESENTE
E FUTURO PARA OS TÍTULOS DE C.C. DA EDUCACIÓN
Os presentes “libros brancos”
amosan o resultado do traballo levado a cabo por unha rede
de universidades españolas, apoiadas pola ANECA, co
obxectivo explícito de realizar estudios e supostos
prácticos útis no deseño dun título
de grao adaptado ó Espazo Europeo de Educación
Superior (EEES). Trátase dunha proposta non vinculante,
con valor como instrumento para a reflexión, que vai
presentar ante o Consello de Coordinación Universitaria
e o Ministerio de Educación e Ciencia para a súa
información e consideración.
Os proxectos que eiquí se presentan recollen numerosos
aspectos fundamentais no deseño dun modelo de título
de grao: análise dos estudios correspondentes ou afíns
en Europa, características da titulación europea
seleccionada, estudos de inserción laboral dos titulados
durante o derradeiro quinquenio, e perfís e competencias
profesionais, entre outros aspectos. No seu desenvolvemento,
as universidades participantes levaron a cabo un traballo
exhaustivo, debatindo e valorando distintas opcións,
co obxectivo de acadar un modelo final consensuado que recolla
todos os aspectos relevantes do título obxecto de estudo.
- Libro
Branco de Maxisterio (1.73 Mb).
- Libro
Branco de Pedagoxía e Educación Social
(2.30 Mb).
|