Logo da Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Educación


Inicio >> Novas/Eventos >> Revista "Red Digital"

Novas/eventos

- INFORMACIÓN DO NOVO CURSO 2006/2007

-
NOVO EDIFICIO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

- REVISTA "RED DIGITAL"

- ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR

- PRESENTE E FUTURO PARA OS TÍTULOS DE C.C. DA EDUCACIÓN

REVISTA "RED DIGITAL" (http://reddigital.cnice.mec.es/)

Apostando firmemente polo potencial creativo e transformador que os novos recursos tecnolóxicos brindan á educación, o Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) quere con esta revista crear un espazo de reflexión e un lugar de encontro para compartir cos seus lectores investigacións e experiencias no campo das TIC e a Educación, ofrecendo unha información completa, rigurosa e actual de aqueles temas que máis interesan á comunidade educativa ás tecnoloxías na ensinanza.

A revista pretende acadar os seguintes obxectivos:

- Difundir e promocionar o uso das TIC na educación e a formación.

- Contribuir á formación do profesorado e apoiar a súa labor, mediante a difusión de experiencias, propostas e recursos.

- Promover a investigación dos docentes e, en xeral das persoas interesadas na aplicación das TIC á Educación, ó brindar a posibilidade de publicar os propios traballos.

- Informar de cantas actividades, productos, publicacións, etc. se consideren de interese en relación coa integración das TIC no mundo educativo.

- Dar a coñecer as actividades do CNICE.

- Ser un foro de comunicación e debate, no que se expoñan opinións, propostas, intercambio de experiencias, revisión e análise de temas, favorecendo o coñecemento das persoas interesadas neles, o acceso ós especialistas e a relación entre estes.

A páxina Web onde podedes ler esta revista é a seguinte:

http://reddigital.cnice.mec.es/