Este máster interuniversitario está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña. Diríxese a graduados e licenciados en titulacións das ramas de Humanidades e de Ciencias Sociais, co obxectivo principal de que completen a súa formación e se inicien na investigación en Lingüística Galega. O título oficial de máster en Lingüística Galega permite o acceso directo ao programa de doutoramento "Lingüística Galega".
Departamento de Filoloxía Galega
Facultade de Filoloxía
Avenida Castelao , s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00, ext. 11784
Correo: fgsec@usc.es