![]() |
||||
|
||||
|
Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Erasmus
|
||||
INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA ERASMUS
NOTA IMPORTANTE: Estas informacións ofrécense a título informativo. As datas de convocatoria, as súas condicións ou as bolsas ofertadas poden cambiar con respecto ós datos expostos nesta páxina, polo que lle recomendamos que se poña en contacto coa Oficina de Relacións Exteriores da USC e os coordinadores para confirmar estas informacións.
CONVOCATORIA DO CURSO 2008/2009
Consúltese toda a información na web da Oficina de Relacións Exteriores da USC.
O programa Erasmus enmárcase dentro das actuacións Sócrates da Unión Europea para fomentar a circulación de estudantes, profesores e investigadores polo territorio da Unión. Desde hai anos, a Área de Filoloxía Románica ten asinados convenios con universidades europeas de prestixio. No marco destes convenios, alumnos da nosa facultade marchan tódolos anos a distintos países e recibimos estudantes de varias cidades.
![]() |
Erasmo de Rotterdam, visto por Hans Holbein o Novo (Museo do Louvre). |
Unha estadía noutro país ofrece unha serie de vantaxes, tanto persoais coma para a túa formación: independencia e maduración persoal, convivencia con persoas doutros países, dominio dun idioma estranxeiro, coñecer outros sistemas universitarios, viaxar... Beneficiaraste ademais dunha axuda económica (compatible coas bolsas que puideras ter actualmente), matrícula gratuíta na universidade de destino e validación automática das materias que curses no estranxeiro.
O organismo que xestiona as bolsas Erasmus é a Oficina de Relacións Exteriores da USC, sita no Pazo de San Xerome, na Praza do Obradoiro (http://www.usc.es/ore). Na súa páxina web pódense descargar as bases da convocatoria e os documentos complementarios, que tamén edita en papel anualmente.
Quen pode solicita-las bolsas?
Calquera estudante da USC que sexa cidadán da Unión Europea, de estados membros da Asociación Europea de Libre Comercio ou recoñecido por España como residente permanente. Pódena pedir estudantes de 1º (agás os que cursen o primeiro ano dos seus estudios superiores), 2º e 3º ciclo (incluídos os que estean na etapa de Proxecto ou Tese). Non poden optar a bolsas os beneficiarios en anos anteriores de bolsas Erasmus.
A Área de Filoloxía Románica da USC recoméndalles encarecidamente a tódolos seus estudantes a realización dunha estadía Erasmus, e aconséllalles facela no terceiro ou cuarto ano da carreira.
Cal é a contía da axuda económica?
Non hai unha resposta exacta a esta pregunta, porque varía en función do país de destino e do tempo de permanencia. En calquera caso, a bolsa Erasmus pretende unicamente sufragar os gastos adicionais (viaxe, diferenza do custo da vida...) que supón estudar noutro país, polo que a súa contía non é elevada. A distribución orientativa dos pagos é a seguinte:
+ Unión Europea: o 80% do importe no último trimestre do ano 2006 e o 20% no primeiro trimestre do ano 2007.
+ USC: outorga unha axuda complementaria que se aboa nun único pagamento en setembro de 2007, previa entrega do Certificado Fin de Presenza.
A Xunta de Galicia concede axudas complementarias ós adxudicatarios de bolsas Erasmus. Habitualmente ábrese o prazo de solicitude en marzo e abóanse en setembro. Adxudícanse por expediente académico e a súa contía depende dos ingresos familiares, do país de destino e do tempo de permanencia. Máis información na Dirección Xeral de Universidades: http://www.edu.xunta.es
Cal é o prazo de solicitude? Que documentos preciso?
A apertura do prazo comunícase na páxina web da USC, mediante carteis nos centros, no Decanato de Filoloxía e na propia Oficina de Relacións Exteriores (ORE), sita na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (r/Casas Reais, 8) (http://www.usc.es/gl/servizos/ore/index.jsp).
Hai que presentar, por duplicado, no Rexistro da Universidade a solicitude no formulario de candidatura que proporciona a ORE (nas súas instalacións ou en Internet). Polo xeral, cómpre axuntar á solicitude os seguintes documentos:
| A Área de Filoloxía Románica xestiona directamente 38 prazas en 18 universidades europeas. | ![]() |
Que materias podo cursar no meu Erasmus? Como aparecerán no meu expediente?
Para facilitar o recoñecemento das materias cursadas no estranxeiro, o estudante ten que asinar un Compromiso de Estudos, no que figuran as materias que cursará na universidade de destino e as materias do seu plano de estudios (troncais, obrigatorias, optativas ou de libre configuración) polas que se lle recoñecerán. A efectos académicos, contarán exactamente igual que se fosen cursadas en Santiago.
O mellor método para coñecer as materias que se ofrecen en cada universidade é Internet (na relación de bolsas da nosa área atoparás as direccións). O teu coordinador poderate orientar segundo os teus intereses; tamén pode ser útil contactar con estudiantes doutros anos que marcharon a esa universidade, e tamén con alumnos Erasmus da universidade de destino que estean este ano na USC.
Aínda que o ideal é que as materias cursadas na universidade de destino teñan o maior parecido posible (en programa e en número de créditos) ás do propio plano de estudos, pódense casar con certa liberdade. Será o coordinador de cada bolsa o que teña que darlle o visto bo ó Compromiso de Estudos que propoña o alumno. Unha vez asinado, será vinculante para o estudiante e para a USC, e só poderá ser cambiado no mes seguinte á incorporación da universidade de destino, sempre co visto e prace do coordinador.
O estudiante deberá facer a matrícula na USC das materias das que pretende o recoñecemento e pagar os prezos públicos correspondentes. Aínda que non haxa que pagar alí as taxas, terás que matricularte tamén na universidade de destino.
Que teño que facer unha vez que me adxudicaron a bolsa?
En primeiro lugar, aceptar a bolsa, presentando o impreso normalizado que se atopa na ORE. Logo deberás completar co coordinador académico o Compromiso de Estudos. Unha vez ultimado e asinado polo teu coordinador, tes que presentalo na ORE.
Trala entrega do compromiso de estudios, a ORE entregarache un Contrato Financeiro no que se estipulan as condicións de entrega da bolsa. Tamén che entregarán outros documentos: a Credencial de Bolseiro, que che servirá para identificarte como bolseiro Erasmus na universidade de destino; o Certificado de Chegada, que deberás enviar por fax ó inscribirte na universidade de destino e o Certificado Fin de Presenza, que terás que presentar na ORE ó teu regreso.
Hai dous aspectos fundamentais dos que te debes ocupar antes de marchares: a cobertura sanitaria (normalmente mediante a Tarxeta Sanitaria Europea, máis información na Seguridad Social) e o aloxamento. A maioría das universidades reservan unha porcentaxe das prazas dos seus Servicios de Residencias para estudiantes Erasmus ou teñen un servicio de busca de aloxamento; podes informarte na ORE ou nas páxinas web das Oficinas de Relacións Internacionais das universidades de destino. Xestiona o teu aloxamento o antes posible para evitar problemas desagradables.
Onde me podo informar sobre o programa Erasmus?
Sobre as bases da convocatoria e os aspectos académicos, podes contactar co coordinador da bolsa que che interesa ou coa Oficina de Relacións Exteriores. Para outras informacións, é posible contactar con asociacións de ex-estudiantes Erasmus ou con estudantes estranxeiros que estean de Erasmus en Santiago neste ano.
Páxinas web de interese:
| +Páxina do Programa Sócrates-Erasmus da UE |
http://europa.eu.int/comm/education/erasmus.html
|
| + Enlaces da ORE da USC |
http://www.usc.es/gl/servizos/ore/ligazons.jsp
|
| + Erasmus Student Network |
|
| + Association des Etats Généraux des Etudiants de l'Europe |
|
| + Páxina de "Estudios en el Extranjero" do portal Universia. |
http://www.universia.es/contenidos/internacionales
|
| + Work and Study Abroad Solutions. | http://www.iagora.com |
NOTA: Os alumnos de Filoloxía Románica poden optar tamén ás bolsas ofrecidas polas outras áreas de coñecemento da Facultade (máis de 200 prazas), aínda que se adoita dar prioridade ós estudantes da propia titulación. En calquera caso, é inescusable falar co coordinador da bolsa antes de facer a solicitude formal.
FRANCIA
UNIVERSITÉ DE NICE-SOPHIA ANTIPOLIS
1º, 2º e
3º ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinador USC: Manuel González González.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unice.fr
- Páxina central da Universidade.
http://www.unice.fr/lettres
- Faculté des Lettres, Arts et Sciences Humaines.
http://www.unice.fr/RI
- Les Relations Internationales.
UNIVERSITÉ DE PARIS-SORBONNE (PARIS IV)
2º e 3º
ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinador USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.paris4.sorbonne.fr/fr/
- Páxina central da Universidade.
http://www.paris4.sorbonne.fr/fr/rubrique.php3?id_rubrique=1030
- UFRs.
http://www.paris4.sorbonne.fr/fr/rubrique.php3?id_rubrique=1470
- International.
UNIVERSITÉ DE PERPIGNAN
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Santiago López Martínez-Morás.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.univ-perp.fr/
- Páxina central da Universidade.
http://www.univ-perp.fr/lsh/default-lsh.htm
- Faculté des Lettres et des Sciences Humaines.
http://www.univ-perp.fr/scgx/suri/suri.html
- Service Universitaire des Relations Internationales.
UNIVERSITÉ DE TOULOUSE-LE-MIRAIL (TOULOUSE II)
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Elvira Fidalgo Francisco.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.univ-tlse2.fr
- Páxina central da Universidade.
http://www.univ-tlse2.fr/ufr-langues/index.html
- UFR de Langues, Litt. et Civilisations Étrangères
http://www.univ-tlse2.fr/ufr-lettres/index.html
- UFR de Lettres
http://www.univ-tlse2.fr/ri
- Service Universitaire des Relations Internationales.
UNIVERSITÉ PAUL VALÉRY (MONTPELLIER III)
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Santiago López Martínez-Morás.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.univ-montp3.fr
- Páxina central da Universidade.
http://www.univ-montp3.fr/ri/index.htm
- Service des Relations Internationales.
http://www.poluniv-mpl.fr
- Pôle Universitaire Européen de Montpellier et du Languedoc-Roussillon.
http://iefe.univ-montp3.fr
- Institut d'Études Françaises pour étudiants et Professeurs Étrangers.
ITALIA
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI BARI
Coordinador USC: Francisco Fernández Campo.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.uniba.it - Páxina central da Universidade.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DELLA CALABRIA
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Esther Corral Díaz.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unical.it/portale/index.cfm - Páxina central da Universidade.
http://lettere.unical.it - Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://home.unical.it/socrates - Programma Socrates.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI BOLOGNA
1º e 2º
ciclo. 4 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Elvira Fidalgo Francisco.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unibo.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.lettere.unibo.it
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.facli.unibo.it
- Facoltà di Lingue e Letterature Straniere.
http://www.unibo.it/Portale/Relazioni+Internazionali/default.htm
- Servizio di Relazioni Internazionali.
http://www.sais.ceur.it
- Student Accomodation and Information Service.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI FERRARA
1º e 2º
ciclo. 1 bolsa de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unife.it - Páxina central da Universidade.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI MESSINA
1º e 2º
ciclo. 1 bolsa de 10 meses.
Coordinadora USC: Esther Corral Díaz.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unime.it
- Páxina central da Universidade.
http://ww2.unime.it/lettere
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.unime.it/relazioni_i
- Ufficio Relazioni Internazionali
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI MILANO
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unimi.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.unimi.it/ateneo/facol/letfil.htm
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://studenti.unimi.it/socrates/in
- Programmi Comunitari di Formazione
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI MILANO-BICOCCA
1º, 2º
e 3º ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unimib.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.unimib.it/ateneo/relaz_int
- Relazioni internazionali.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI NAPOLI FEDERICO II
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Elvira Fidalgo Francisco.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unina.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.lettere.unina.it/ - Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.unina.it/citta/index.jsp
- Información sobre a cidade na web da universidade.
http://www.relint.unina.it
- Servizio di Relazioni Internazionali.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI PADOVA, "IL BO".
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unipd.it/
- Páxina central da Universidade.
http://www.lettere.unipd.it/
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.unipd.it/programmi/
- Servizio Relazioni Internazionali.
http://www.sassa.org - Sassa,
servicio de aloxamento para estudiantes Erasmus.
Liñas de
estudo recomendadas:
Lingüística Románica, Lírica galego-portuguesa,
Lírica occitana,
Edición de textos, Historia da lingua italiana, Dialectoloxía italiana.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI PAVIA
1º e 2º
ciclo. 1 bolsa de 6 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unipv.it/
- Páxina central da Universidade.
http://lettere.unipv.it
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.unipv.it/affint/
- Ufficio Mobilità Studentesca.
http://www.centroassistenzastudenti.it/service.htm - Centro di Assistenza (servizo de aloxamento para estudantes Erasmus).
http://www.unipv.it/webstep - Studenti Erasmus Pavia.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI PERUGIA
1º e 2º
ciclo.
Coordinadora USC: Mariña Arbor Aldea
Páxina web da universidade de destino:
http://www.unipg.it - Páxina central da Universidade.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI ROMA, "LA SAPIENZA"
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.uniroma1.it
- Páxina central da Universidade.
http://lettere.uniroma1.it
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://w3.uniroma1.it/studiorientali
- Facoltà di Studi Orientali.
http://www.uniroma1.it/internazionale/europa/prog/default.htm
- Servicio de Relacións Exteriores.
Liñas de
estudo recomendadas:
Crítica textual, Lírica occitana, Lírica galego-portuguesa,
Lírica
italiana medieval (sobre todo, sicilianos e dolce stil novo), Narrativa
medieval, Lingua e literatura romanesa, Lingua e Literatura catalana.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI ROMA III
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.uniroma3.it
- Páxina central da Universidade.
http://host.uniroma3.it/facolta/lettere
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://europa.uniroma3.it/relint_nuovo/sito2/index.asp
- Ufficio Relazioni Internazionali
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI SALERNO
1º e 2º
ciclo. 2 bolsas de 9 meses.
Coordinadora USC: Esther Corral.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unisa.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.unisa.it/Didattica/Facolta/Lettere_e_Filosofia/index.htm
- Facoltà di Lettere e Filosofia
http://www.unisa.it/Didattica/Facolta/LingueLetteratureStraniere/default.asp
- Facoltà di Lingue e Letterature Straniere.
http://www.erasmus.unisa.it
- Servicio de Relacións Exteriores.
UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI SIENA
2º
e 3º ciclo. 2 bolsas de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.unisi.it
- Páxina central da Universidade.
http://www.lett.unisi.it/frontend
- Facoltà di Lettere e Filosofia.
http://www.unisi.it/relazioni.htm
- Studi internazionali e rapporti con l'estero.
PORTUGAL
UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIOR
1º e 2º
ciclo. 4 bolsas de 9 meses.
Coordinador USC: Francisco Fernández Campo.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.ubi.pt
- Páxina central da Universidade.
http://www.ubi.pt/index.php?coluna=login&pagina=departamentos&opdep=17
- Dep. de Letras.
http://www.ubi.pt/gpri/indexsocrates.html
- Programa Sócrates.
UNIVERSIDADE DOS AÇORES
Coordinador USC: Francisco Fernández Campo.
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.uac.pt - Páxina central da Universidade.
SUÍZA
UNIVERSITÄT ZÜRICH
1º e 2º
ciclo. 1 bolsa de 10 meses.
Coordinadora USC: Pilar Lorenzo Gradín
Páxinas web da universidade de destino:
http://www.uzh.ch - Páxina central da Universidade.