Escudo da USC  
Busca de información no web da USC
 
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda

 

Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Enlaces de utilidade.

 

 

Enlaces de utilidade

 

Pode consultar enlaces máis específicos na sección de materias da área. Por favor, comunique posibles erros ou faga suxestión á dirección de correo electrónico "xalvarez" sen comiñas e seguida de @usc.es. As páxinas web estaban operativas no momento da inclusión nesta lista e a descrición ofrecida corresponde a ese momento

 

Romanística

Buscadores

Lingua galega

Recursos clásicos

Recursos medievais

Linguas do mundo

Lingüística indoeuropea

Lingüística

Bibliotecas virtuais

Teoría da literatura

 

 

Romanística (selección de recursos)

Comparative Romance Linguistics Newsletter Electronic Bibliographies   http://www.csdl.tamu.edu/~crln 

Inglés. Responsable: Brian Imhoff (Texas A&M Univ.). Consiste nun catálogo bibliográfico da producción científica sobre Lingüística Románica. Pódense descargar ó ordenador en formato PDF os catálogos de cada ano, que recollen as referencias bibliográficas, agrupadas por lingua. A páxina web ofrece recursos adicionais: nome dos editores, historia do proxecto, enlaces a páxinas web de lingüística. Anos dispoñibles: 1951-1965 e 1986-2006.

 

Die Düsseldorfer Virtuelle Bibliothek: Romanistik   http://www.ub.uni-duesseldorf.de/home/ebib/fachinfo/faecher/rom/dvb

Alemán. Responsable: Gisela Clajus (Univ. Düsseldorf). Subcategoría da Die Düsseldorfer Virtuelle Bibliothek, impresionante selección de enlaces de todos os campos do saber. Clasifícanse os recursos en dúas macrocategorías: xerais e específicos dunha lingua, e a partir de aí en sectores máis específicos. Algúns deles están comentados (coa auto-descrición que ofrece a páxina web enlazada en cuestión). Imprescindible.

 

Enlaces de Linguas Románicas da Asociación Cedofeita   http://www.arcanaverba.org/cedofeita/lingua.htm#LR

Galego. Selección de enlaces non comentados agrupados por lingua.  Responsable: Asociación Socio-Cultural Cedofeita (Lérez, Pontevedra). Nesta mesma páxina hai enlaces a recursos de Lingüística Xeral, traduccións, Lingüística Indoeuropea, Linguas Artificiais,...

 

Enlaces de Literaturas Románicas da Asociación Cedofeita  http://www.arcanaverba.org/cedofeita/liter.htm#autores

Galego. Selección de enlaces non comentados, agrupados pola literatura correspondente. Responsable: Asociación Socio-Cultural Cedofeita (Lérez, Pontevedra).

 

Internet für Romanisten   http://www.romanistik.uni-mainz.de/ifr/

Alemán. Responsable: Universidade de Mainz. Selección de enlaces de interese en 8 categorías: Romanística en xeral, Francoromanística, Hispanística, Italianística, Estudios Latinoamericanos, Lusitanística, Linguae Minores e Marcadores ( recolle todos os enlaces que contén o sitio, pero organizados nunha única páxina, facilitando descargalos ó ordenador, mesmo como arquivo de bookmarks). Última actualización: ano 2000.

 

Red Románica   http://www.ucm.es/info/romanica/red_romanica.htm 

En castelán. Inclúe varias categorías: Nudos de acceso, Base de Datos en liña, Bibliotecas Telemáticas, Catálogos de Bibliotecas en liña e Bibliografías, todas divididas en subclasificacións, o que facilita moito a procura de recursos.

 

Romanistik.de   http://www.romanistik.de/

Alemán. Portal de Romanística. Dunha banda, enlaza a portais máis específicos sobre Hispanística, Lusitanística, Catalanística, Italianística e Francorromanística. Doutra banda, ofrece distintas categorías propias: Cultura, Exploración, Servicios ou Busca, que conteñen basicamente enlaces comentados a outras páxinas. A utilidade é grande, aínda que a presentación dos contidos é ás veces algo confusa.

 

Spolia: medioevo romanzo   http://www.spolia.it/ 

Italiano ou Inglés. Responsable: Teresa Nocita. É unha selección de material de interese para a filoloxía medieval agrupado por categorías (informática, paleografía, codicoloxía, filoloxías específicas,...). Por un lado, anúncianse congresos e exposicións sobre o tema; preséntanse os principais apartados da páxina e ofrécese o material disponible (apartado "Progetto Spolia"): enlaces a outras páxinas, artigos, resumes de teses de licenciatura/doutoramento,... Lamentablemente, a cantidade e calidade do material varía moito de categoría a categoría. Actualización constante.

 

 

Buscadores

Multilingüe

Altavista

  http://www.altavista.com

Google

  http://www.google.com

Alemán

Accoon

  http://www.acoon.de

Crawler-Abacho

  http://www.abacho.com

Web.de

  http://web.de

Español

Lycos 

http://www.lycos.es

Terra 

http://buscador.terra.es

Yahoo

http://www.yahoo.es

Francés

Lycos 

http://www.lycos.fr

Nomade

http://nomade.aliceadsl.fr/

Voilà 

http://www.voila.fr

Yahoo

http://fr.yahoo.com

Galego

Vieiros (directorio)

http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador 

Inglés

Dmoz

http://www.dmoz.org

Excite

http://www.excite.com

Hotbot

http://www.hotbot.com 

Lycos

http://www.lycos.com 

Teoma-aska-ask

http://www.teoma.com

Yahoo

http://www.yahoo.com 

Italiano

Arianna

http://arianna.libero.it/

Lycos

http://www.lycos.it

Yahoo

http://it.yahoo.com

Metabuscadores

Chubba

http://chubba.whatuseek.com

Dogpile

http://www.dogpile.com

Ixquick

http://www.ixquick.com

Metacrawler

http://www.metacrawler.com

 

Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística

http://www.amesanl.org

 Galego, francés e inglés. Páxina deste colectivo creado para a promoción do uso do galego. Ademais de informar sobre as súas diversas actividades, conta cos apartados (algún deles aínda en construcción) "Biblioteca", "Ligazóns","Lexislación", "Tenda", "Asóciate"... Ofrece tamén "1410 nomes galegos de home e de muller".

 

AGAL. O Portal Galego da Língua

http://www.agal-gz.org

Galego.Responsable: Associaçom Galega da Língua. Ofrece un deseño moderno e material moi heteroxéneo sobre a lingua galega, especialmente do punto de vista sociolingüístico; moitos recursos sobre reintegracionismo e relacións entre galego e portugués.

 

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

http://www.bivir.com

Galego. Responsable: Xulián Maure. Este proxecto pretende traducir obras clásicas da literatura universal ó galego. No momento da inclusión deste enlace, conta con 74 obras de distintos periodos e literaturas, que se poden consultar por autor ou por data de inserimento na páxina. Ademais de poder consultalo directamente, dase tamén a posibilidade de descargar o texto en formato RB, para a súa lectura nun portatextos.

 

Biblioteca Virtual Galega

http://bvg.udc.es

 Galego. Responsable: Universidade da Coruña. Utilísima páxina web que recolle textos da literatura galega e datos bio-bibliográficos dos seus autores. Organizada en 6 categorías: Videoteca, Obras Lidas (audio), Catálogo de obras e autores, Sección de novos, Obras dispoñíbeis para lectura e Recursos de lingua (obras escaneadas para poder ser consultadas directamente en Internet, abrangue diccionarios, manuais de sociolingüística, gramáticas históricas...), cun total de 116 obras na actualidade, mais algúns números dunha biblioteca científica. Como recursos complementarios: Enlaces non comentados a páxinas web galegas e Viaxe virtual por Galicia. Imprescindible.

 

BILEGA: Biblioteca informatizada da Lingua Galega

http://www.cirp.es/bdo/bil/bilega.htm

 Galego. Responsable: Francisco García Gondar (USC). Completísimo repertorio bibliográfico que permite consultar máis de 14000 (decembro 2007) referencias, a gran maioría delas con sinopse de contido, de traballos lingüísticos (de investigación e de divulgación) referidos a Galicia. Exhaustiva catalogación de obras e detallado repertorio de temas. Acceso libre previa petición de clave de acceso. Imprescindible.

 

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

http://www.cirp.es

Galego. Ademais de ofrecer información sobre as actividades, bolsas de colaboración e proxectos que se desenvolven no CIRP, pódese acceder gratuitamente (previa petición de password) a dúas imprescindibles bases de datos: BILEGA (Indica referencias bibliográficas de lingüística galega. Actualízase regularmente e conta cun motor de busca clasificado en múltiples categorías, para poder discriminar contidos) e MEDDB (Base de datos do corpus da lírica galego-portuguesa, con un completo sistema de busca mediante número de cantiga, incipit, recursos retóricos, modalidade compositiva...Ofrécese tamén unha base de datos biográfica dos autores). Outros recursos son:
DITERLI (Diccionario de Termos Literarios). CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual). Un catálogo de publicacións coa posiblidade de descarga dalgúns títulos en PDF. Nos recursos en liña ofrécese: os Informes de literatura desde o 1995 (descargables), os Cadernos de Fraseoloxía (Revista de investigación fraseolóxica), Arracada (servizo do Termigal para os problemas e as propostas denominativas), Cotovía (sistema de conversión texto-voz bilingüe para Galego e Castelán).

 

CODOLGA: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae http://corpus.cirp.es/codolga

Galego. Responsable: J.E. López Pereira. Completa base de datos que recolle documentación latina medieval, desde o s. VI ata o XV. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense. Permite busca por palabras (ou grupo) filtrados segundo diversos criterios: data, soporte, zona...Require rexistro (gratuíto)

 

CORGA: Corpus de Referencia do Galego Actual

http://corpus.cirp.es/corgaxml

Galego. Responsables: M. Sol López Martínez e F. García Gondar. Colección de documentos en formato electrónico, desde 1975 ata a actualidade, abranguendo tanto rexistros literarios coma non literarios. Require rexistro (gratuíto). Actualmente coexisten dúas bases de datos, unha máis grande e outra etiquetada en XML, que será a que se vaia actualizando progresivamente (ata o momento conta con case 8 millóns de formas).

 

Cultura Galega.org

http://www.culturagalega.org

 Galego. Responsable: Consello da Cultura Galega. Impresionante portal de recursos relacionados coa cultura galega. Hai múltiples categorías, que se actualizan regularmente. Conta cun "Tema do día", desenvolto en profundidade, "outras novas" de actualidade, dous ou tres especiais ("En Profundidade"), a sección de colaboradores fixos e un apartado de Axenda (premios, exposicións...). Podemos sinalar tamén un enlace á páxina web oficial do Consello da Cultura Galega ou a sección  Biblioteca. Conta con 4 "Soportais": LG3 (Literatura), RCG (Audio), AVG (Cine) e BD (Banda deseñada). Imprescindible.

 

Departamento de Filoloxía Galega (Univ. de Santiago)

http://www.usc.es/~fgsec/welcome.html 

Galego. Páxina institucional que unicamente ofrece unha (desactualizada e incompleta) descrición dos planos de estudios ofertados por este Departamento e un listado de direccións para se poñer en contacto co persoal administrativo e docente.

 

Departamento de Filoloxías Galega e Latina (Univ. Vigo)

http://webs.uvigo.es/h03/webh03

Galego. Ademais das lóxicas informacións institucionais (cadro de persoal, investigación...), ten unha recolla de enlaces de interese (non comentados) e dous webs específicos de proxectos do Departamento: "Observatorio de Neoloxía" e "Vigoterm, web de terminoloxía".

 

Instituto da Lingua Galega (ILG)

http://www.usc.es/~ilgas 

Galego Ofrécese información sobre as actividades, publicacións e cursos do Instituto. Lamentablemente, boa parte do material ofertado no índice xeral está aínda en construcción.

 

La questione della lingua

http://membres.lycos.fr/questione/

Galego. Tomando o nome da polémica que durante tantos séculos inundou a Península Itálica, esta páxina achégase ó problema da normativa do galego. Desafortunadamente, hai xa dous anos que non se actualiza, aínda que o material que está aí recollido aínda é de utilidade. Dividida en varias seccións: Artigos (en xornais), Académica (artigos en revistas especializadas), Documentos (as distintas posturas normativas), Perspectivas, Foro e Ligazóns.

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística

http://www.xunta.es/linguagalega

Galego. Dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, esta Dirección Xeral asome a tarefa de promover a lingua galega no interior e no exterior de Galicia, mediente cursos, lectorados, subvencións... Nesta páxina ofrécese información sobre as súas actividades e enlaces a páxinas de información sobre a lingua galega. Desafortunadamente, a información que se ofrece nesta páxina está desactualizada.

 

Servicio de Normalización Lingüística da USC

http://www.usc.es/~snlus

Galego. Baixo un deseño sinxelo, agocha unha boa cantidade de recursos. Dunha banda, informa sobre as actividades deste SNL no que respecta á promoción do uso do galego na USC, podéndose tamén consultar a súa revista "O Cartafol Dixital". Ten tamén un sistema de consultas en liña, un rexistro dos proxectos terminolóxicos que se están a crear en Galicia ou unha relación de enlaces comentados bastante completa.

 

TILG: Tesouro Informatizado da Lingua Galega http://www.ti.usc.es/TILG/

Galego. Responsable: A. Santamarina. Base de datos que recolle máis de once millóns de formas lematizadas procedentes de textos galegos desde 1612 ata a actualidade.

 

Vieiros

http://www.vieiros.com 

Galego. Xornal electrónico de referencia para a actualidade e a cultura galegas. A sección principal é Galicia Hoxe, onde se trata a actualidade da semana en Galicia, pero hai diversas seccións locais: Ferrol, Pontevedra, Santiago, Madrid, Bruxelas... Ofrece tamén diversas seccións monográficas sobre un tema, que se actualizan con distinta periodicidade; hai dúas que tratan particularmente o tema da lingua: Estudios Galegos e Galego.org. Ademais, conta cun directorio de páxinas web galegas, organizado por categorías e que conta cun buscador. Imprescindible.

Recursos clásicos (latín e grego)

Ancian Greek Literature http://www.hol.gr/greece/ancwords.htm

Responsábel: Hellas On-Line En inglés. Pequena colección de textos gregos clásicos traducidos ao inglés.

 

Ancian Greek Literature http://ancienthistory.about.com/od/greekliterature/Greece_Greek_Literature.htm

En inglés. Dividida en seccións que abordan as obras dos principais autores da antigüedade helénica. Inclúe traduccións ao inglés dos textos orixinais e algúns traballos sobre a literatura grega antiga. A maioría dos textos non aportan información moi importante, mais tamén hai outros que si o fan.

 

ARTFL Project: Multi-Lingual Bibles http://www.lib.uchicago.edu/efts/ARTFL/public/bibles/

En inglés. Ferramenta moi útil no manexo da Biblia. O texto está en latín (a Vulgata), en francés, alemán e inglés. Inclúe un buscador por palabras.

 

Bibliotheca latina http://polyglot.lss.wisc.edu/classics/biblio.htm

Responsábel: Jeffrey Wills da Universidade de Wisconsin. En inglés. Colección de obras en liña divididos por tipos de texto (eclesiástico, diccionarios e gramáticas, etc.) Moitos dos enlaces están caducados.

 

Christian Ethereal Classics Library http://www.ccel.org

Responsábel: Calvin College. En inglés. Coleccións de textos cristiás en latín coa súa tradución ao inglés. Catálogo moi extenso e que facilita moito a procura de obras.

 

Latin online http://eleaston.com/latin.html

Inglés. Responsable: Eva L. Easton. Completa relación de material para a aprendizaxe e perfeccionamento do latín; tamén para profundar na realidade cultural da Idade Clásica. As categorías en que se divide son moitas: Exercicios, textos de lectura, gramáticas, listas de correo, pronuncia,... Ademais hai apartados "transversais" que fan referencia á presencia do mundo latino en películas ou enlaces (non comentados) a outras seleccións de recursos.

 

Latin teaching materials   http://www.slu.edu/colleges/AS/languages/classical/latin
/tchmat/tchmat.html
 

Inglés. Responsable: Claude Pavur (Univ. de Saint Louis).Pretende ser un curso online de latín, servindo tamén de complemento ás clases presenciais da universidade. Ofrécese: exercicios de vocabulario, lecturas adaptadas ó nivel do estudiante, fichas de morfoloxía latina, material de interese pedagóxico,... Ademais, actualízase con frecuencia.

 

Pantheon: Encyclopedia Mythica http://www.pantheon.org/

Inglés. Responsable: M.F. Lindemas. Completa enciclopedia sobre mitoloxía e folclore, non só do mundo clásico, aínda que se centre nel. Conta con máis de 6000 artigos, divididos nas seguintes categorías: Mitoloxía (con posterior clasificación segundo as zonas), Folclore (con posterior clasificación segundo as materias), Bestiario, Heroes, Galería de Imaxes, Xenealoxía, Materias relacionadas. 

 

Perseus Project

http://www.perseus.tufts.edu

Responsábel: Departamento de Filoloxía Clásica da Universidade de Tufts. En inglés. Inclúe textos, fontes secundarias, imaxes, etc. Ferramenta moi útil.

 

Rassegna degli Strumenti Informatici per lo Studio dell'Antichità Classica

http://www.rassegna.unibo.it/index.html

Italiano. Responsable: A. Cristofori (Univ. de Boloña). Completa, e de frecuente actualización, lista de enlaces relacionados coa antigüidade clásica. Dividida en  19 macrocategorías, con ulteriores subdivisións, abranguendo todos os campos posibles: museos, fontes numismáticas, outras seleccións de recursos... Un buscador permite axilizar a consulta da páxina. Fundamental.

 

Recursos en Internet para filólogos clásicos e indoeuropeístas

http://clasicas.usal.es/recursos/

Español. Responsable: Universidad de Salamanca. Completísima páxina web, que consiste nunha relación de enlaces comentados (o comentario é crítico e de grande utilidade). Agrupados en tres grandes categorías: Buscadores; Páginas Generales de Recursos; Recursos específicos (Literatura, Mitología, Lingüísticos, Epigrafía, Papirología, Transmisión, Ciencias Periféricas). Boa parte destes recursos poden ser tamén de interese para medievalistas. Imprescindible.

 

The Greek World

http://www.ellopos.net/elpenor/default.asp

En inglés. Presenta unha colección bilingüe (grego e inglés) de textos clásicos, mais tamén modernos e contemporáneos. Ademais hai tamén ferramentas para coñecer mellor a cultura e a lingua grega.

 

Tools of the Trade for the Study of Roman Literature

http://classics.rutgers.edu/tools.html

Inglés. Responsable: Rutgers' University. Como o seu nome indica, é unha lista de referencias bibliográficas de interese para o estudio da literatura (e da lingua) latina. Organizada por categorías: Bases de datos, enciclopedias, fragmentos, historias da literatura, lingüística...

 

Recursos medievais

Biblioteca du Moyen Âge http://biblio.medieval.free.fr/index.html

Francés. Consiste nunha selección de enlaces (non comentados) a recursos de interese para medievalistas. Dividida en oito categorías: historia, manuscritos, literatura, arquitectura, música... Cítase un bo número de enlaces, pero a súa calidade é desigual; ademais, hai varios que xa non funcionan e outros que son de finalidade exclusivamente comercial. De todos modos, o abanico de temas é amplo: abrangue temas de interese non só para romanistas e xermanistas, habendo lugar tamén para curiosidades como recetas medievais. Última actualización: outubro de 2001.

 

Citadelle. Un autre regard sur le Moyen Age   http://www.citadelle.org/

Francés. Responsables: E. e F-X. Féghali. Presentada baixo forma de revista online bimestral, ofrece unha interesante serie de artigos sobre a Idade Media e a recuperación e recreación da mesma a través das reseñas de obras de narrativa histórica, xogos e material cinematográfico. Ofrece tamén unha sinxela base de datos sobre linguas e textos medievais, entre os que destacan a literatura xurídica. Como curiosidade, presenta información turística sobre destinos de interese medieval.

 

Institut de Recherche et d'Histoire des Textes http://www.irht.cnrs.fr

Francés. Actualización bastante frecuente. Amosa un interese especial polas culturas da bacía do Mediterráneo: hebrea, romana, grega, árabe e das linguas románicas. É posible consultar online varios recursos sobre o texto na IM de producción propia do Instituto. Ofrece tamén unha selección de enlaces, non moi ampla pero de óptima calidade, algún deles comentados. Infórmase tamén sobre as distintas actividades organizadas polo Instituto.

 

Medieval sourcebook http://www.fordham.edu/halsall/sbook.html
Inglés. Responsable: Paul Halsall. Páxina web que contempla a Idade Media desde moi distintos puntos de vista: presenta completos ensaios históricos desde varios enfoques (tanto de producción propia como enlaces a outras páxinas), pero tamén textos literarios ou ensaísticos da propia Idade Media, en varias linguas, incluído o español. Ten tamén material multimedia (imaxes, mapas, música,...). Última actualización: decembro do 2006.

 

Ménestrel : Médiévistes sur l'InterNet http://www.ext.upmc.fr/urfist/mediev.htm

Francés. Portal colectivo de varios institutos e universidades francesas (Poitiers, IHRT,...) e europeas en xeral (URHM/ULB, MHFH, Reti Medievali, CEU,...). Informa das variadas actividades deste grupo de investigación sobre a Idade Media. A selección de enlaces (comentada e agrupada en múltiples categorías) é realmente excepcional, pola cantidade e calidade dos sitios web enlazados. Actualizacións frecuentes. Imprescindible.

 

Mittelhochdeutsch und Althochdeutsch im Internet http://www.mediaevum.de/

Alemán (hai índice en inglés, pero remite case sempre ás páxinas en alemán). Responsables: Joachim Hamm et alii. Selección de enlaces comentados en 10 macrocategorías (direccións de centros de estudio, bibliografía, bases de datos, buscas, Literatura, Manuscritos, disciplinas afíns...). A pesar do lóxico maior peso da Xermanística, hai moi bos recursos de Filoloxía Románica.

 

NetSerf: The internet connection for Medieval Resources   http://www.netserf.org/

Inglés. Responsable: Beau A.C. Harbin. Estruturado en forma de buscador. Selección de recursos non comentados sobre distintas facetas da Idade Media (dereito, cultura, arquitectura, ciencia e teconoloxía, a muller,...). A calidade dos enlaces é irregular, pero é interesante pola diversidade dos temas tratados. Última actualización: ano 2006.

 

PhiloBiblon

http://sunsite.berkeley.edu/Philobiblon

Inglés (o motor de búsqueda está tamén en castelán). Coordinado por Charles Faulhaber (Univ. de Berkeley). O propósito deste recurso é construír e proporcionar unha base de datos biobibliográfica de primeiros textos románicos da Península Ibérica. Estructúrase en 3 bases de datos (BETA: Bibliografía española de textos antiguos, BITAGAP, Bibliografía de textos antigos galegos e portugueses; BITECA, Bibliografía de textos catalans antics). Exhaustiva.

 

Red Románica   http://www.ucm.es/info/romanica/red_romanica.htm 

En castelán. Inclúe varias categorías: Nudos de acceso, Base de Datos en liña, Bibliotecas Telemáticas, Catálogos de Bibliotecas en liña e Bibliografías, todas divididas en subclasificacións, o que facilita moito a procura de recursos.

 

Spolia: medioevo romanzo   http://www.spolia.it/ 

Italiano ou Inglés. Responsable: Teresa Nocita. É unha selección de material de interese para a filoloxía medieval agrupado por categorías (informática, paleografía, codicoloxía, filoloxías específicas,...). Por un lado, anúncianse congresos e exposicións sobre o tema; preséntanse os principais apartados da páxina e ofrécese o material disponible (apartado "Progetto Spolia"): enlaces a outras páxinas, artigos, resumes de teses de licenciatura/doutoramento,... Lamentablemente, a cantidade e calidade do material varía moito de categoría a categoría. Actualización frecuente.

 

The Labyrinth: Resources for Medieval Studies   labyrinth.georgetown.edu

Inglés. Responsable: Univ. de Georgetown. A presentación é sinxela, pero agocha unha cantidade inmensa de contidos. Concibido como un fío dedaliano para poñer orde no labirinto da Rede, é unha selección de enlaces comentados catalogados por tema. Permite a busca por categoría, polo tipo de materiais presentes (imaxe, vídeo, listas de correo,...) ou por palabra clave. Imprescindible.

 

 

Panoramas de linguas do mundo

A web of on-line dictionaries

http://www.yourdictionary.com

Inglés. Páxina que recolle enlaces a diccionarios, cursos de lingua, glosarios e outros recursos (gramáticas, listas de palabras...). Os recursos non están comentados, pero o seu número é moi elevado. Hai enlaces a recursos de máis de 300 linguas, entre eles obviamente, a maioría das variedades romances. A páxina complétase con buscadores, xogos, estudios etimolóxicos do inglés. Moi recomendable.

 

Ethnologue

 http://www.ethnologue.com/

Inglés. Responsable: SIL. Base de datos que recolle información sobre máis de 6500 linguas do mundo; practicamente dase unha breve  ficha: número de falantes, situación xeográfica e comentario. O sistema de busca é sinxelo e manexable. O sitio web compleméntase cos apartados "Publicacións" (para compra ou para consultar online), "Software" (inclúe fontes de letra) e "Bibliografía". Conta tamén cunha versión especial da páxina que facilita a impresión do documento. Imprescindible.

 

Euromosaic

http://www.uoc.es/euromosaic

Catalán, inglés e francés (a páxina); a información específica sobre cada lingua pode non estar nos tres idiomas. Responsable: UE (DGXII). Ofrécese unha completa descrición da situación sociolingüística de 38 linguas faladas no territorio lingüístico europeo; acompáñase a información sobre cada lingua con algún enlace específico e comentado sobre ela. Pódese acceder tamén a unha serie de páxinas relacionadas coas linguas europeas minoritarias; os enlaces, comentados, non son moitos, pero si de óptima calidade. Imprescindible.

 

Groupe Européen de Recherches en Langues Créoles

  http://creoles.free.fr/

Francés. Responsable: Marie-Christine Hazaël-Massieux. Por unha parte, informa das actividades que teñen que ver co estudio dos crioulos (congresos, conferencias, teses en elaboración...), ofrecendo tamén a posibilidade de consultar online o  boletín da Association pour l’information dans le monde créole. A páxina complétase con información institucional sobre o Grupo, unha páxina de "Preguntas Frecuentes" e un curso de lingüística e literatura crioula, a cargo da responsable da páxina, profesora da Univ. de Provence. Interesante.

 

L'aménagement linguistique dans le monde

http://www.tlfq.ulaval.ca/axl/ 

Francés. Responsable: Jacques Leclerc (Univ. Labal, Quebec). Esta páxina informa da situación sociolingüística das linguas de 240 estados ou territorios autónomos. A busca pódese facer por continente, lingua, por tipo de política lingüística (hai 9 categorías) ou por país. As referencias que se fan sobre cada lingua son completísimas: situación demográfica, marco legal, historia da lingua, uso da lingua (na administración, nos medios, na escola...). Por se fose pouco, a páxina complétase con artigos monográficos (a francofonía, historia do francés ou inglés...). Imprescindible.

 

Languages on the web

http://www.languages-on-the-web.com

Inglés. Responsables: Crystal Jones e Robert Behar Casiraghi. Páxina web de deseño algo confuso e material heteroxéneo. Ofrece bastantes textos en linguas diversas, enlaces (comentados ou non), anuncios de productos relacionados coa lingua...Tamén hai enlaces clasificados por lingua (ofrécense enlaces de 100 linguas diferentes; están comentados, pero non criticamente, senón con texto sacado da propia páxina web reseñada).

 

Mercator Media

http://www.aber.ac.uk/~merwww

Inglés, galés ou francés (certos apartados poden estar tamén noutras linguas). Responsables: Mercator, Prifysgol Cymru/University of Wales. Información sobre a presencia nos medios de comunicación das linguas minoritarias da Unión Europea. Pódese ir consultando a información lingua a lingua (hai unhas 24 variedades, ofrécese tamén unha pequena descrición sociolingüística) e tamén acceder a unha base de datos de medios de comunicación. Infórmase tamén sobre as investigacións deste grupo de traballo. Presentación algo confusa.

 

The European Bureau for Lesser Used Languages

http://www.eblul.org

Inglés ou francés. Responsable: UE. (EBLUL/BELMR). Coas súas propias palabras, este organismo europeo é "a voz dos 40 millóns de cidadáns europeos que falan unha lingua diferente á oficial do seu estado". Pódense consultar datos sobre a política lingüística da UE, acceder a información específica sobre cada lingua, saber dos proxectos de incorporación de novas tecnoloxías a estas linguas... Un buscador axiliza o manexo de información.

 

The Human-Languages Pages

http://www.ilovelanguages.com/

Inglés. Aínda que tamén se fala de escolas, traballos e anuncios comerciais, o apartado que máis nos interesa é "Languages", organizado en 11 subcategorías: relación por lingua, coleccións de enlaces, conferencias, diccionarios, traducción, cursos de lingua, lingüística... De cada lingua ofrécese un elenco de enlaces comentados. Imprescindible.

 

The International Clearing House for Endangered Languages

http://www.tooyoo.l.u-tokyo.ac.jp/ichel/ichel.html

Inglés ou xaponés. Ademais de apartados misceláneos (simposios, enlaces non comentados...) e de novidades sobre as distintas seccións, pódense consultar catro interesantísimos proxectos e bases de datos: Bibliografía sobre linguas en peligro; Corpus de linguas balto-fínnicas; Guía bibliográfica das linguas minoritarias de Rusia e o Libro Vermello da Unesco sobre linguas en peligro. Imprescindible.

 

The Linguist List

http://www.linguistlist.org

Inglés. Responsables: Eastern Michigan University e Wayne State University. Impresionante páxina web que recolle enlaces (comentados) a páxinas web relacionadas coa Lingüística. Un mapa da páxina e un buscador axiliza a consulta de información. Divídese en 8 categorías (que conteñen á súa vez outros apartados): Investigadores e asociacións; Traballo; Anuncios de congresos; Publicacións; Recursos de linguas específicas; Ferramentas informáticas; Ensino e aprendizaxe; Listas de correo. Imprescindible. 

 

UCLA language material project

http://www.lmp.ucla.edu

Inglés. Responsable: Univ. de California. Guía bibliográfica de material pedagóxico para linguas minoritarias de todo o mundo (unhas 100; ós efectos desta páxina, considéranse minoritarias todas as linguas, agás inglés, francés, español e alemán). O sistema de busca permite discriminar por lingua e ademais polo tipo de nivel e de recurso (diccionario, gramática...) solicitado.

 

Lingüística Indoeuropea

Enlaces a linguas indoeuropeas da Asociación Cedofeita

  http://www.geocities.com/acedofeita/lingua.htm#IE

Galego. Responsable: Asociación Cedofeita (Lérez, Pontevedra). Selección de enlaces non comentados e agrupados por familia lingüística.

 

Recursos en Internet para filólogos clásicos e indoeuropeístas

http://clasicas.usal.es/Recursos.html

Español. Responsable: Universidad de Salamanca. Completísima páxina web, que consiste nunha relación de enlaces comentados (o comentario é crítico e de grande utilidade). Agrupados en tres grandes categorías: Buscadores; Páginas Generales de Recursos; Páginas Temáticas. Boa parte destes recursos poden ser tamén de interese para medievalistas. Imprescindible.

 

The Indoeuropean Documentation Server

http://www.utexas.edu/cola/depts/lrc/iedocctr/ie-lg/ie-lg.html

Inglés. Responsable: Carol F. Justus. Completa páxina web dedicada a estudios de lingua e lingüística indoeuropea. O apartado de Lingüística está dividido en 4 apartados: Fonoloxía, Gramática, Morfoloxía, Lexicon. O apartado de linguas específicas está dividido por familias lingüísticas e consiste nunha selección de enlaces, a maioría deles non comentados. Hai outros recursos adicionais: relación de investigadores, Journal of IE Studies, IE Documentation Center... 

 

The Indo-European Etymological Dictionary http://www.indoeuropean.nl

Inglés. Responsables: Alexander Lubotsky e Robert Beekes. Monumental proxecto que pretende recoller bases de datos etimolóxicas de distintas linguas IE con vistas a fusionalas e crear unha base de datos de etimoloxía IE que poida reemplazar o clásico dicionario de Pokorny. Totalmente gratuíto, non precisa rexistro.

 

TITUS

http://titus.uni-frankfurt.de/indexe.htm

Alemán. Hai traducción de bastantes contidos ó inglés, español e francés. Responsables: Univ. Goethe (Frakfurt Am Main), Univ. Carolina de Praga, Univ. de Copenhague e Univ. de Oviedo. Portal que recolle múltiples recursos sobre o indoeuropeo: congresos, bibliografía, tipos de letra, proxectos de distintos organismos... Aínda que a calidade do material é moi boa, a estructuración é bastante confusa a pesar da organización mediante frames.

 

Lingüística

Ancient Scripts of the World

http://www.ancientscripts.com/

Inglés. Responsable: Lawrence K. Lo. Como o seu nome indica, é unha páxina dedicada ó estudio de antigos sistemas de escritura. Dividida en 6 apartados: Sistemas de escritura (clasificados por tipo, rexión, alfabético...), Fonética, Lingüística Histórica, Extra, Bibliografía e Enlaces. Un buscador permite axilizar a consulta da grande cantidade de material que ofrece esta páxina.

 

General Phonetics

http://www.umanitoba.ca/faculties/arts/linguistics/russell/138

Inglés. Responsable: Kevin Russell (Univ. Manitoba). Páxina pensada para complementar os contidos das clases de fonoloxía deste profesor. Baixo a súa apariencia sinxela, agocha unha boa cantidade de recursos: prácticas de descrición e transcrición, fontes para a transcrición fonética, arquivos de son para exemplificar os distintos fonemas, lectura de espectrogramas...

 

International Phonetics Association

http://www2.arts.gla.ac.uk/IPA/ipa.html

Inglés. Completísima páxina desta Asociación. Ademais de información sobre as súas actividades e estatutos, pódese baixar a táboa do alfabeto fonético, exemplos de audio para cada fonema, fontes para a transcrición fonética, consultar o boletín electrónico de novidades no campo da fonética...

 

Intute: Arts&Humanities

http://www.intute.ac.uk/artsandhumanities/classics/

En inglés. Presenta unha serie de vínculos que, aínda que non están comentados, sirven para acceder a moitos recursos e ferramentas moi útiles no ámbito da lingüística.

 

Seminario de Lingüística Informática

http://www.uvigo.es/webs/sli

Galego e inglés. Responsable: Xavier Gómez Guinovart (Universidade de Vigo). Nesta páxina pódese acceder a material relacionado coa lingüística computacional en xeral e coa súa aplicación na lingua galega. Pódense baixar programas e material informático, publicacións dos membros do Seminario, vocabularios específicos, enlaces a recursos de lingüística computacional en Internet, boletín electrónico da SEPLN... A maioría dos textos están en formato PDF. Moi completa.

 

SIL

http://www.sil.org

Inglés. O antigo Summer Institute of Linguistic presenta varios recursos relacionados coa lingüística, prestando especial atención ós programas informáticos e á aprendizaxe de linguas minoritarias. Ademais da "sección institucional", os apartados que se tratan son: Antropoloxía, Computación, Aprendizaxe de linguas, Lingüística, Estudios literarios, Sociolingüística e Traducción. A sección de Lingüística inclúe un glosario, bibliografía... Desde aquí pódese acceder á edición online do seu coñecido Ethnologue.

 

The Linguist List

http://www.linguistlist.org

Inglés. Responsables: Eastern Michigan University e Wayne State University. Impresionante páxina web que recolle enlaces (comentados) a páxinas web relacionadas coa Lingüística. Un mapa da páxina e un buscador axiliza a consulta de información. Divídese en 8 categorías (que conteñen á súa vez outros apartados): Investigadores e asociacións; Traballo; Anuncios de congresos; Publicacións; Recursos de linguas específicas; Ferramentas informáticas; Ensino e aprendizaxe; Listas de correo. Imprescindible. 

 

Bibliotecas virtuais (consultar outras en Recursos Medievais e Recursos Clásicos)

Biblioteca Augustana

http://www.fh-augsburg.de/~harsch/augustana.html

Latín (Índice da páxina. Cada sección está normalmente na súa lingua). Responsable: Ulrich Harsch (Fachhochschule Augsburg). Presenta unha coidada selección de obras das principais literaturas europeas (latina, grega, alemana, inglesa, francesa, italiana, española e polaca), desde os primeiros textos ata a actualidade. Cada obra vai precedida dunhas liñas de introducción e complementada con algunha imaxe e enlaces a páxinas web que amplíen a información. Imprescindible.

 

Biblioteca dei Classici Italiani

  http://www.fausernet.novara.it/fauser/biblio

Italiano. Responsable: Giuseppe Bonghi. Unha presentación bastante caótica agocha unha cantidade de recursos realmente espectacular. Ademais da posibilidade de baixarse obras de todos os períodos da literatura italiana, ofrece "Proxectos" monográficos sobre distintos autores (cronoloxicamente interésannos Dante e Boccaccio), onde se poden descargar as obras, biografías, estudios críticos, fontes das súas obras... Indícase sempre a edición que se toma como base, o que facilita os traballos científicos sobre o texto. Interesante tamén un Glossario del Duecento en formato PDF. Frecuente actualización. Imprescindible.

 

Biblioteca româneasca

http://biblioteca.euroweb.ro

Romanés. Responsable: AICI. Como o seu nome indica, a parte máis importante da páxina é unha selección de producción en romanés; aínda que o apartado máis numeroso é o literario, hai tamén seccións de Historia, Filosofía... Complétase o proxecto cun diccionario de autores da literatura contemporánea en romanés. Fanse tamén enlaces a páxinas semellantes.

 

Biblioteca Virtual Galega

http://bvg.udc.es

 Galego. Responsable: Universidade da Coruña. Utilísima páxina web que recolle textos da literatura galega e datos bio-bibliográficos dos seus autores. Organizada en 6 categorías: Videoteca, Obras Lidas (audio), Catálogo de obras e autores, Sección de novos, Obras dispoñíbeis para lectura e Recursos de lingua (obras escaneadas para poder ser consultadas directamente en Internet, abrangue diccionarios, manuais de sociolingüística, gramáticas históricas...). Como recursos complementarios: Enlaces non comentados a páxinas web galegas e Viaxe virtual por Galicia. Imprescindible.

 

Biblioteca Virtual Joan Lluis Vives

  http://www.lluisvives.com

Catalán (o texto de determinadas seccións pode consultarse noutras linguas: castelán, inglés...). Responsables: Univ. de Alicante e Institut Joan Lluís Vives. Nace como unha biblioteca da cultura catalana, en paralelo ó proxecto da Bibl. Virtual Miguel de Cervantes (isto é, recollendo non só obras literarias, senón tamén ensaios científicos, teses de doutoramento, obras de áreas culturais próximas...). As obras pódense buscar por autor, título ou tema. Hai seccións adicionais (Videoteca, Biblioteca de Autor...) en proxecto, pero aínda non levadas a cabo.

 

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

http://www.cervantesvirtual.com

Español. Responsable: Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Impresionante portal de referencia para todo o relacionado coa cultura hispana. Ademais de información sobre actos, anuncios, foros de debates, novidades bibliográficas...conta con nove completas seccións: Investigación (estudios críticos, teses, concordancias...), Bibliotecas de Autor, Historia, Videoteca, Biblioteca de Signos, Fonoteca, Edicións Facsímiles, Edicións Multimedia e Bibliotecas do mundo. A cantidade de material é inmensa; un buscador axiliza o manexo do sitio. Imprescindible.

 

Books online

http://digital.library.upenn.edu/books

Inglés. Responsable: John Mark Ockerbloom (Univ. Pennsilvania). De sinxelo deseño, esta páxina permite descargar máis de 20.000 títulos da literatura universal. Pódense consultar listados alfabéticos por categorías ou usar un buscador. 

 

Christian Classics Ethereal Library

http://www.ccel.org

Inglés. (pode haber textos noutras linguas). Responsable: Calvin College. Pódese consultar a World Wide Encyclopedia of Christianity e a posibilidade de descargar textos da doutrina cristiá, especialmente textos bíblicos e patrísticos. Tamén hai recursos de audio. Pódese consultar por relación de obras ou mediante buscador.

 

English Server

http://eserver.org

Inglés. Responsable: Geoffrey Sauer. Heteroxénea biblioteca virtual, con parte de material "de elaboración propia" (isto é, albergados no sitio) e parte que é un enlace (algúns deles xa non funcionan) a outras páxinas web. As categorías son moitas (45) e moi distintas entre sí: Arte, Libros, Anuncios de Congresos, Marxismo, Estudios Renacentistas...

 

Gallica 

http://gallica.bnf.fr/default.htm

Francés. Páxina da Biblioteca Nacional de Francia que ofrece máis de 70000 textos dixitalizados, 80000 imaxes, gravacións... Organizado en 3 categorías: Découverte (material sobre o contexto cultural de distintas épocas históricas, da Idade Media ó s. XIX), Recherche (catálogo dos textos, imaxes ou documentos que ofrece online a BNF) e Dossiers (monográficos sobre distintos temas da literatura francesa). Imprescindible para o interesado na literatura francesa.

 

Internet Sacred Text Archive

http://www.sacred-texts.com/index.htm

Inglés. Responsable: J.B. Hare. Selección de textos relixiosos e esotéricos (incluíndo seccións máis hetedoroxas: Atlántida, Ovnis, Nostradamus...). O apartado dedicado ás relixións é quizais o máis interesante, xa que permite descargar os textos básicos de distintas crenzas (do cristianismo ó taoísmo), desde as épocas fundacionais ata a actualidade.

 

Korpora

http://www.sfb441.uni-tuebingen.de/c1/corpora.html

Alemán. Enlaces non comentados a  corpora (literarios e non literarios) de varias áreas lingüísticas (entre elas, alemana, española, portuguesa, francesa, italiana ou inglesa). Pouca cantidade de recursos, aínda que de boa calidade; hai varias direccións xa non operativas. A cargo de Laura Kallmeyer (Univ. Tübingen). Última actualización, agosto de 2000.

 

Liber Liber

http://www.liberliber.it

Italiano. Dun lado, enlaza a distintas páxinas sobre a literatura universal, librerías online, editoriais... A parte máis interesante é o chamado Progetto Manuzio, textos dixitalizados de todas as etapas da literatura italiana (e traduccións ó italiano), clasificados por autor, por título e por argumento (en preparación). Pódense descargar tamén programas para traballar co léxico dos textos.

 

The Internet Public Library

http://www.ipl.org

Inglés. Responsable: Universidade de Michigan. Colección de enlaces comentados de diversas categorías (35), á súa vez subdivididas en apartados máis específicos. O número de enlaces non é moi elevado, pero a calidade é alta.

 

Teoría da literatura e Retórica

Área de Teoría da Literatura da USC

http://www.usc.es/teoria

Galego, castelán e inglés. Páxina web desta área de coñecemento. Informa sobre o profesorado, as materias impartidas, proxectos de investigación, novidades e unha selección de enlaces de interese brevemente comentados. Útil como punto de partida.

 

Association of College & Research Libraries (Literary Theory: a Guide to Critical Theory Resources on the Internet)

http://www.ala.org/ACRL

En inglés. Inclúe moitos links de interese divididos por categorías (ferramentas para o ensino, publicacións, eventos, etc.) Actualizado continuamente.

 

Bibliografía de Teoría y Crítica Literaria

http://www.unizar.es/departamentos/filologia_inglesa
/garciala/bibliography.html

Inglés. Responsable: José Ángel García Landa (Univ. de Zaragoza). Máis de 150.000 referencias bibliográficas agrupadas en 11 categorías. Para facer máis manexable a consulta de tanto material, as referencias están gardadas en varios arquivos DOC ós que se accede mediante un servidor FTP. Na páxina principal hai un índice de materias tratadas en cada categoría.

 

Harvard University (Research Guide for Comparative Literature)

http://www.fas.harvard.edu/~complit/stu_guide.htm

Inglés. Responsable: J. Lynch (Univ. de Rutgers). Selección de enlaces comentados agrupados en 16 categorías, con posibilidade de busca por palabra-chave. A maioría das páxinas incluídas refírense a literatura inglesa ou norteamericana.

 

Literature Resources on the Net

http://andromeda.rutgers.edu/~jlynch/Lit

Inglés. Responsable: J. Lynch (Univ. de Rutgers). Selección de enlaces comentados agrupados en 16 categorías, con posibilidade de busca por palabra-chave. A maioría das páxinas incluídas refírense a literatura inglesa ou norteamericana.

 

Silva Rhetoricae

http://humanities.byu.edu/rhetoric/silva.htm

Inglés. Responsable: Gideon Burton  (Brigham Young University). Impresionante páxina web dedicada ó estudio da Retórica. Dividida en dúas grandes seccións. Unha delas é un diccionario de figuras e conceptos (dase a definición, exemplos e referencias complementarias), a outra é un panorama da Retórica Clásica: Ramas da Oratoria, Apelación ó auditorio, Ensino da Retórica, Evolución histórica... Un buscador permite recuperar contidos da páxina por palabra chave. Imprescindible.