Escudo da USC  
Busca de información no web da USC
 
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda

 

Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Titulacións >> Materias >> Enlaces

 

 

 

+ Variedades Románicas Minorizadas (I/II). Sociolingüística Románica.

NOTA: As páxinas enlazadas son propiedade dos seus respectivos autores. A Área de Filoloxía Románica da USC non comparte necesariamente o exposto nelas nin garante a súa validez científica.

Na web http://www.geocities.com/acedofeita/lingua.htm pódese atopar un listado de enlaces (non comentados) a máis páxinas de linguas románicas.

 

ENLACES XERAIS ROMANIA

Comparative Romance Linguistics Newsletter Electronic Bibliographies   http://www.csdl.tamu.edu/~crln 

Inglés. Responsable: Brian Imhoff(Texas A&M Univ.). Consiste nun catálogo bibliográfico da producción científica sobre Lingüística Románica. Pódense descargar ó ordenador en formato PDF os catálogos de cada ano, que recollen as referencias bibliográficas, agrupadas por lingua. A páxina web ofrece recursos adicionais: nome dos editores, historia do proxecto, enlaces a páxinas web de lingüística.

 

Ethnologue  http://www.ethnologue.com/

Inglés. Responsable: SIL. Base de datos que recolle información sobre máis de 6500 linguas do mundo; practicamente dase unha breve  ficha: número de falantes, situación xeográfica e comentario. O sistema de busca é sinxelo e manexable. O sitio web compleméntase cos apartados "Publicacións" (para compra ou para consultar online), "Software" (inclúe fontes de letra) e "Bibliografía". Conta tamén cunha versión especial da páxina que facilita a impresión do documento. Imprescindible.

 

Eurolang http://www.eurolang.net/

Inglés (hai artigos que poden estar noutro idioma). Xornal dixital especializado en noticias relacionadas coas linguas minoritarias europeas.

 

Euromosaic   http://www.uoc.es/euromosaic

Catalán, inglés e francés (a páxina); a información específica sobre cada lingua pode non estar nos tres idiomas. Responsable: UE (DGXII). Ofrécese unha completa descrición da situación sociolingüística de 38 linguas faladas no territorio lingüístico europeo; acompáñase a información sobre cada lingua con algún enlace específico e comentado sobre ela. Pódese acceder tamén a unha serie de páxinas relacionadas coas linguas europeas minoritarias; os enlaces, comentados, non son moitos, pero si de óptima calidade. Imprescindible.

 

L'aménagement linguistique dans le monde http://www.tlfq.ulaval.ca/axl/ 

Francés. Responsable: Jacques Leclerc (Univ. Labal, Quebec). Esta páxina informa da situación sociolingüística das linguas de 240 estados ou territorios autónomos. A busca pódese facer por continente, lingua, por tipo de política lingüística (fai 9 categorías) ou por país. As referencias que se fan sobre cada lingua son completísimas: situación demográfica, marco legal, historia da lingua, uso da lingua (na administración, nos medios, na escola,...). Por se fose pouco, a páxina complétase con artigos monográficos (a francofonía, historia do francés ou inglés,...). Imprescindible.

 

Language futures Europe   http://web.inter.nl.net/users/Paul.Treanor/eulang.html

Inglés (maioritario). Páxina que contén enlaces comentados a moito material sobre distintos aspectos da realidade sociolingüística europea. Organizado en cinco grandes categorías: As linguas na UE (textos, ensaios,...); A Política Lingüística da UE; Políticas Lingüísticas dos países; Investigación en lingua (e política lingüística); os EEUU monolingües. Os recursos están en varias linguas, cun claro predominio do inglés.

 

Mercator Media http://www.aber.ac.uk/~merwww

Inglés, galés ou francés (certos apartados poden estar tamén noutras linguas). Responsables: Mercator, Prifysgol Cymru/University of Wales. Información sobre a presencia nos medios de comunicación das linguas minoritarias da Unión Europea. Pódese ir consultando a información lingua a lingua (hai unhas 24 variedades, ofrécese tamén unha pequena descrición sociolingüística) e tamén acceder a unha base de datos de medios de comunicación. Infórmase tamén sobre as investigacións deste grupo de traballo. Presentación algo confusa.

 

The European Bureau for Lesser Used Languages   http://www.eblul.org/

Inglés ou francés. Responsable: UE. (EBLUL/BELMR). Coas súas propias palabras, este organismo europeo é "a voz dos 40 millóns de cidadáns europeos que falan unha lingua diferente á oficial do seu estado". Pódense consultar datos sobre a política lingüística da UE, acceder a información específica sobre cada lingua, saber dos proxectos de incorporación de novas tecnoloxías a estas linguas,... Un buscador axiliza o manexo de información.

 

The Human-Languages Pages http://www.ilovelanguages.com/

Inglés. Aínda que tamén se fala de escolas, traballos e anuncios comerciais, o apartado que máis nos interesa é "Languages", organizado en 11 subcategorías: relación por lingua, coleccións de enlaces, conferencias, diccionarios, traducción, cursos de lingua, lingüística,... De cada lingua ofrécese un elenco de enlaces comentados. Imprescindible.

 

The UNESCO Red Book on Endangered Languages  http://www.helsinki.fi/~tasalmin/endangered.html 
Inglés. Responsable: Unesco/Tapani Salminen. Nesta páxina ofrécense unicamente as seccións "Europa" e "Norte de Asia", pero o interesado pode acudir ó enlace que se ofrece á versión completa do informe. Realizado nos anos noventa, este informe pretende trazar unha panorámica da situación sociolingüística dos distintos idiomas en perigo, analizando os lugares onde se fala, as porcentaxes,... Coma en calquera estudio deste tipo, hai que ser precavidos cos datos que se ofrecen, pois adoitan variar moito, dependendo dos criterios empregados. Os completos índices axilizan a consulta do material.

ARAGONÉS

Colla Unibersitaria por l'Aragonés   http://www.unizar.es/colla

Aragonés ou castelán. Páxina dunha asociación universitaria destinada á defensa do aragonés. Infórmase sobre as súas actividades, dase unha selección de enlaces e ofrécese a posibilidade de descargar o seu fanzine bimensual "O Lupo", sobre a lingua aragonesa.

 

Consello d'a Fabla aragonesa   http://www.consello.org/

Aragonés. Ademais dunha interesante descrición lingüística e histórica do aragonés, pódense consultar convocatorias de concursos literarios, documentos sobre a situación legal da lingua, información sobre publicacións ou acceder á revista Fuellas (en formato PDF).

 

Instituto de estudios altoaragoneses   http://www.pirenaicasoft.com/tres

Aragonés e castelán. Por un lado, ofrécese información institucional sobre o organismo: bibliotecas, publicacións,... Fálase tamén de bolsas, axudas á investigación e fanse enlaces a outros centros afíns. Dedícase tamén un apartado importante á descrición dos progresos e resultados do proxecto "Tresoro d'a Luenga Aragonesa", coordinado por Francho Nagore.

 

ASTURIANO

Academia de la llingua asturiana  http://www.asturnet.es/alla

Asturiano. Páxina web institucional deste organismo, que ofrece información de contacto, datos sobre cursos e outras actividades e as últimas publicacións.

 

Asturies.com   http://www.asturies.com/

Asturiano. Responsable: Asturia Activa. Xornal electrónico escrito integramente en asturiano que, ademais da sección de actualidade, conta con apartados como Guia d'Ociu ou Mundu Astur. A sección Llingua é particularmente interesante, con información sobre actividades relacionadas coa lingua ou os Bilordios Filolóxicos, a cargo do Prof. Ramón d'Andrés. De destacar o enlace ó buscador asturiano Ulos.

 

Biblioteca de autores asturianos  http://www.araz.net/escritores

Asturiano. Responsable: Carlos González Espina. A parte máis importante da páxina consiste nun diccionario biográfico dos autores máis importantes da literatura asturiana (con especial atención á actualidade). Acompáñase dunha breve antoloxía de textos, de referencias bibliográficas xerais sobre a literatura asturiana ou dunha "Revista Virtual de Creación Literaria".

 

Espaciu y tiempu de la llingua asturiana   http://www.asturies.org/asturianu

Asturiano. Utilísimo punto de partida para coñecer mellor a lingua asturiana. Estructurado en catro categorías: Curso de lingua asturiana; O asturiano na rede; Dominio lingüístico e Fueya viva (enlace ó diario Asturies.com, reseñado máis arriba). Acolle no seu servidor o interesantísimo proxecto Archivu Oral de la Llingua Asturiana, unha recolla de gravacións en formato MP3 cunha introducción, ficha técnica, descrición de fenómenos significativos e, por veces, transcrición.

 

Proyecto Caveda y Nava  http://www.cavedaynava.org/
Asturiano. Responsable: ARAZ. Aplicando a filosofía do coñecido Proxecto Gutenberg, preténdese ofrecer en formato electrónico toda a literatura asturiana anterior a 1950. Por agora (non figura a data da última actualización), ofrece 22 composicións. Formato TXT.

 

CATALÁN

Autoaprenentatge de català per Internet  http://www.ub.es/slc/ffll/apren/vincles.htm

Catalán, castelán ou ingles. Responsable: Univ. de Barcelona. Creada para facilitar a inmersión lingüística dos estudiantes de intercambio nesta universidade, esta páxina é unha utilísima selección de enlaces comentados a páxinas web catalanas e cursos de lingua. Estructurada en oito categorías: cursos de iniciación, diccionarios, buscadores, recursos sobre o catalán, cursos de nivel medio e avanzado, bibliotecas, medios de comunicación, entretemento. Perfecto punto de partida.

 

Biblioteca Virtual Joan Lluis Vives   http://www.lluisvives.com/

Catalán (o texto de determinadas seccións pode consultarse noutras linguas: castelán, inglés,...). Responsables: Univ. de Alicante e Institut Joan Lluís Vives. Nace como unha biblioteca da cultura catalana, en paralelo ó proxecto da Bibl. Virtual Miguel de Cervantes (isto é, recollendo non só obras literarias, senón tamén ensaios científicos, teses de doutoramento, obras de áreas culturais próximas,...). As obras pódense buscar por autor, título ou tema. Hai seccións adicionais (Videoteca, Biblioteca de Autor,...) en proxecto, pero aínda non levadas a cabo.

 

Comparative Romance Linguistics Newsletter Electronic Bibliographies http://www.csdl.tamu.edu/~crln 

Inglés. Responsable: Brian Imhoff (Texas A&M Univ.). Consiste nun catálogo bibliográfico da producción científica sobre Lingüística Románica. Pódense descargar ó ordenador en formato PDF os catálogos de cada ano, que recollen as referencias bibliográficas, agrupadas por lingua. A páxina web ofrece recursos adicionais: nome dos editores, historia do proxecto, enlaces a páxinas web de lingüística.

 

Diccionari de la llengua catalana   http://www.grec.net/home/cel/dicc.htm

Catalán. Responsable: Gran Enciclopedia Catalana. Versión online do Gran Diccionari desta editorial. O manexo é moi sinxelo: introdúcese a palabra que se quere buscar (se a forma non é a exacta, o programa ofrece distintas opcións para que o usuario revise a grafía) e obtense unha entrada que recolle a etimoloxía, unha sinxela definición e un exemplo de uso.

 

Institut d'Estudis Catalans   http://www.iecat.net/ 

Catalán. Impresionante portal deste Instituto. Dividido en 10 categorías: A Institución, Fundacións, Lingua Catalana, Investigación, Sociedades Filiais, Axenda, Novidades, Publicacións, IEC e Sociedade (consultas lingüísticas, onomástica,...) e Enlaces (a outras institucións relacionadas directa ou indirectamente co catalán). A cantidade de información que se ofrece é excepcional, e debería servir de exemplo a moitas institucións. Imprescindible.

 

Intercat   http://www.intercat.gencat.es/

Catalán, español ou ingles (selecciónase movendo o rato ó redor do boneco da presentación). Responsable: Generalitat de Catalunya. Pensado para axudar á integración de estudiantes universitarios alófonos no ámbito lingüístico catalán. Consta de nove categorías: ¿Que é Intercat?, Curso de iniciación ó catalán, Guía de conversa no ámbito universitario, Práctica do catalán oral, Guía de acollida cultural para o estudiante estranxeiro, Repaso á situación sociolingüística do catalán, Voluntariado (actividades de Tandem para aprendizaxe da lingua con outros estudiantes), Testemuños de estudiantes que aprenderon catalán, Cuestionario (opinión sobre a páxina).

 

Lletra. Web de literatura catalana   http://www.uoc.edu/lletra/index.html 

Catalán, español ou inglés. Responsable: Universitat Oberta de Catalunya. Impresionante portal sobre literatura catalana e en catalán. Múltiples categorías: Autores; Obras; Períodos e Movementos; Xéneros; Edicións; Revistas; Premios e Galardóns; Temática; Varia (congresos e simposios, enlaces a outras páxinas sobre lingua e literatura catalana, asociacións de escritores,...). A cantidade de información sobre cada autor é abraiante, incluíndo unha biografía (ou autobiografía), lista das súas obras nas bibliotecas públicas catalanas, posibilidade de comprar libros, producción inédita, consultar artigos científicos escritos polo ou sobre o autor,... Imprescindible.

 

Recursos lingüístics en català   http://www.llengcat.com/

Catalán. Como o seu nome indica, é un directorio de recursos en Internet relacionados co catalán. Organizado en 3 categorías: Lingua (dentro dela, as seguintes subdivisións: cursos, gramática, diccionarios xerais e temáticos, terminoloxía, sociolingüística e outras linguas), Entidades (institucións, servicios lingüísticos, solucións de dúbidas, entes relacionados coa lingua, outros entes), Internet en catalán (campañas, xogos e pasatempos, revistas, portais, buscadores, informática). Os enlaces están brevemente comentados e puntuados do 1 ó 5 segundo a súa calidade. Moi bo punto de partida para introducirse no catalán.

 

Rialc: Repertorio informatizzato dell’antica letteratura catalana   http://www.rialc.unina.it/ 

Italiano. Responsable: Univ. Federico II de Nápoles. Completa páxina web, que non só presenta os textos (organizados por autor, por título ou por incipit) acompañados de breves referencias bibliográficas, senón que ofrece tamén unha bibliografía xeral, un taboleiro de anuncio de actividades, enlaces a outras páxinas,...

 

Termcat   http://www.termcat.es/

Catalán, español, francés e inglés. Completa páxina web desta institución. Os recursos disponibles online son moitos e de interese: Neoloteca (neoloxismos técnicos e científicos normalizados en catalán, coa definición e a equivalencia noutras linguas; pódese usar un buscador, unha clasificación temática, por lingua,...), Vocabularios específicos de diversos ámbitos (novas tecnoloxías, comunicación,...). A súa colección de enlaces a outras páxinas relacionadas coa terminoloxía é completa, aínda que os enlaces non están comentados. Moi recomendable.

 

Traces; Servei d'Informació Bibliogràfica de Llengua i Literatura Catalanes http://www.traces.uab.es/tracesbd
Catalán. Responsable: Univ. Autónoma de Barcelona. Base de datos que recolle os estudios publicados sobre o catalán. Pódese buscar por autor, tema, ano,...seguindo as explicacións que se dan na páxina do buscador; bótase de menos unha interfaz máis clara.

 

GALORROMANCE

Maézoe (Estudd e Pormóvauncz deü Galo)   http://www.maezoe.com/

Varios idiomas (incluído o galego), aínda que non todos os contidos están traducidos a todos os idiomas. Responsable: Institut d'Etudes Britto-Romanes. Completísima páxina para se achegar a esta lingua. Ten un vocabulario, bibliografía, gramática, toponimia, literatura, documentos (linguaxes sectoriais, fonética histórica,...) e enlaces a outras asociacións de promoción da lingua. Exemplo para as páxinas web que se ocupan de linguas minorizadas.

 

Société de langue et de littérature wallonnes http://users.skynet.be/sllw/

Francés. Sociedade fundada en Liège en 1856 que edita dúas revistas e varias coleccións de libros sobre o valón e outras linguas rexionais belgas e que realiza funcións de Academia. Na súa páxina web pódese consultar o currículo dos seus membros, o catálogo de publicacións, algúns artigos e unha listaxe de enlaces a páxinas sobre variedades da valonia.

 

The Walloon Language Page   http://www.wallonie.com/wallang
Valón, francés, holandés. Responsable: Li Ranteule. Sinxela páxina que ofrece un elemental estado da cuestión e descrición do valón: fonoloxía, léxico, dialectoloxía, sociolingüística, referencias bibliográficas e enlaces comentados a outras páxinas. Útil como visión de conxunto.

 

ITALORROMANCE

Páxinas xerais

Dialetti d'Italia   http://www.dialettando.com

Italiano. Responsable: Luciano Simonelli. Completa páxina orientada en dúas liñas: por unha banda, a problemática lingua-dialecto en Italia; pola outra, na producción dialectal: diccionario dos dialectos de Italia, adiviñas, literatura en dialecto (a popular e a de autores máis consagrados, como D'Annunzio). Achéganse ademais estudios monográficos sobre dialectos específicos ou propostas máis arriscadas: textos con misturas dialectais, recordos de tempos pasados,... Moi recomendable para introducirse no tema.

 

Vivaio Acustico delle Lingue e dei Dialetti d'Italia   http://www2.hu-berlin.de/Vivaldi
Alemán ou italiano. Responsable: Univ. Humboldt de Berlín. Atlas lingüístico on-line que se diferencia dos convencionais en que ademais da transcrición das enquisas se pode consultar o documento sonoro. Aínda que nace coa intención de cubrir todo o territorio italiano, polo momento só ofrece datos da Sardeña e de Sicilia. Estructurado en catro apartados: parte fonolóxica, léxica, morfolóxica e sintáctica. Ademais, pódese consultar a gravación nalgúns puntos da coñecida Parábola do Fillo Pródigo.

Variedades específicas

El Milanés   http://www.elmilanes.it/

Italiano. Ofrécese un curso de milanés, pero tamén distintos recursos relacionados coa cultura lombarda: cancións, fotos antigas, proverbios,...

 

Ël sit dla Minoransa Linguìstica Piemontèisa   http://www.gioventurapiemonteisa.net/

Piamontés. Responsable: Gioventura Piemonteisa. Introducción a distintos aspectos da cultura piamontesa e información sobre as actividades da asociación. Faise unha descrición do dialecto piamontés ou da literatura. Tamén se tratan aspectos musicais, ou noticias de actividades culturais.

 

Istro-Veneto   http://www.istrianet.org/istria/linguistics/istroveneto

Inglés. Sinxela páxina sobre a variedade véneta falada na Istria. Dase unha breve panorámica da historia externa do istrovéneto e do piranés, que se completan cunha antoloxía de contos populares nesas linguas. Fai parte do portal Istrianet.org, onde se pode ampliar información sobre esta rexión europea.

 

La Lòsna-L'Associassion Coltural Piemontèisa   http://www.piemont.org/

Piamontés. Responsable: La Lòsna. Revista dixital desta asociación cultural que trata distintos aspectos: grafía do piamontés, publicacións, informacións sobre a lingua,... Complétase con enlaces a outras páxinas piamontesas ou que tratan a situación lingüística da República Italiana.

 

Napoletanità  http://www.napoletanita.it/

Italiano. Responsable: Umberto de Fabio. Como tantas outras páxinas, máis que falar unicamente do dialecto, tenta recrear un "mundo  tradicional perdido" a base de fotos antigas, guías turísticas,... Os recursos máis relacionados coa lingua que ofrece esta páxina son: Napulitanamente (gramática da lingua), vocabularios, recolla de refráns tradicionais, antoloxía literaria,...

 

Sito veneto   http://www.sitoveneto.com/

Véneto, italiano ou inglés. Responsables: R. Astuni e M. Brunelli. Información sobre a lingua e a cultura vénetas. Dividida nas seguintes categorías: Escribir en véneto, Textos, Cancións, Amigos de Sitoveneto, Recetas vénetas, Proverbios vénetos, Programas en véneto, Enlaces. Actualízase frecuentemente e ofrece información sobre actividades culturais en dialecto no Véneto.

 

Veneto Arkivio   http://veneto.org/arkivio

Véneto. A principal utilidade desta páxina é a escolma que ofrece de literatura en dialecto véneto, moi completa e que abrangue dos primeiros textos no Duecento ata a producción poética actual; tamén hai relatos populares, adiviñas, biografías dos autores,... Outras seccións da páxina son "Sistema gráfico" e "Enlaces".

 

 

MIRANDÉS

Lhéngua mirandesa   http://www.eb2-miranda-douro.rcts.pt/mirandes

Mirandés e Portugués. Responsable: Escola EB2 de Miranda do Douro. Aproximación a distintos aspectos da lingua e cultura mirandesas: orixe e evolución histórica, literatura popular,... Conta tamén con enlaces a páxinas en mirandés.

 

Língua Mirandesa http://mirandes.no.sapo.pt
Portugués (algúns textos en mirandés). Responsable: Manuela Barros Ferreira (Univ. de Lisboa). Completa páxina web que vai repasando distintos aspectos: convencións ortográficas, literatura, dialectoloxía, historia da lingua...

 

OCCITANO

Arnaut: Portale di Filologia Occitana   http://www.arnaut.it/

Italiano. Responsable: Massimiliano De Conca. Preséntase como un catálogo bibliográfico da producción científica sobre occitano nas súas distintas vertentes (literaria e lingüística). Anúnciase a próxima aparición de dous apartados adicionais, un dedicado a recoller estudios orixinais sobre occitanística e outro que consistirá nunha base de datos, Concordance de l'Occitan Médiéval (COM).

 

CLID   http://www.univ-tlse2.fr/erss/clid/occitan
Francés. Portal desta institución, onde se poden consultar as súas actividades e proxectos e acceder a distintos recursos sobre o occitano: atlas, diccionarios, ensaios científicos, conxugadores de verbos,... Última modificación: maio de 1999.

 

Comparative Romance Linguistics Newsletter Electronic Bibliographies   http://www.csdl.tamu.edu/~crln 

Inglés. Responsable: Brian Imhoff (Texas A&M Univ.). Consiste nun catálogo bibliográfico da producción científica sobre Lingüística Románica. Pódense descargar ó ordenador en formato PDF os catálogos de cada ano, que recollen as referencias bibliográficas, agrupadas por lingua. A páxina web ofrece recursos adicionais: nome dos editores, historia do proxecto, enlaces a páxinas web de lingüística.

 

L'edat dels trobadors   http://www.geocities.com/Athens/7156
Occitano. Responsable: Gianni Vacca. Útil como introducción ós estudios occitánicos polos aspectos que trata: a figura de Guilhèm IX, historia da Occitània, Europa no tempo dos trovadores,... Achega tamén unha antoloxía de textos. Como curiosidade, ofrece información sobre un xogo de rol ambientado na época: "Lo Temps dels Trobadors".

 

OccitaNet: occitan on Internet   http://occitanet.free.fr/

Occitano, francés ou inglés. Completa páxina sobre lingüística e sociolingüística do occitano. Combina artigos de divulgación relacionados coa sociolingüística con artigos máis técnicos de lingüística descritiva. Ofrece tamén enlaces a outras páxinas web occitanas. Última actualización, maio de 2001.

 

Occitanie   http://www.cco.asso.fr/

Francés. Responsable: Comité Culturel Occitan.  Web que recolle enlaces  a páxinas particulares ou institucionais que traten aspectos da realidade cultural occitana. O sistema de busca é moi completo e permite discriminar por tipo de asociación, rexión, actividades que desenvolve,... De cada páxina ofrécese unha ficha coa descrición do contido, direccións de contacto, páxina web,...

 

Rialto: Repertorio informatizzato dell’antica letteratura trobadorica e occitana   http://www.rialto.unina.it/ 

Italiano e Francés. Responsable: Costanzo di Girolamo (Univ. Federico II de Nápoles). Dividida en cinco seccións (Trobadores. Poesía Epistolar. Poesía Narrativa. Poesía Relixiosa. Prosa Relixiosa), é unha utilísima e completa ferramenta para a consulta de textos occitanos. De sinxela estructura, non se limita a unha reproducción da mellor edición do texto, senón que se ofrece tamén unha selección de bibliografía, análise métrica ou apartado de notas.  Pódeselle reprochar a falta dun motor de búsqueda que axilice a consulta de tanta información. Imprescindible.

 

Textes et musiques du Moyen Age   http://perso.club-internet.fr/brassy/PartMed/Partmed.html
Francés. Responsable: Christian Brassy. Ofrécense os textos de distintas escolas poéticas medievais (trouvères, Minnesänger, Cantigas de Santa María,...) acompañados da música correspondente ás composicións en formato MIDI. Ademais, pódese escoitar música instrumental da época, sempre en arquivos MIDI. Última actualización: xaneiro de 2004. 

 

SARDO

Limba e cultura de sa Sardigna   http://www.lingrom.fu-berlin.de/sardu

Sardo (algúns contidos en italiano ou inglés). Responsables: Univ. Libre de Berlín / Univ. de Colonia. Esta páxina web ofrece distintos recursos para aproximarse ó estudio do sardo. Aínda que tamén hai artigos sobre a grafía ou a situación das minorías lingüísticas en Italia, interesan especialmente a antoloxía de textos sardos (orixinais ou traducción), a versión experimental do diccionario da lingua sarda ou os datos de historia externa e dialectoloxía.

 

Sa limba sarda   http://www.limbasarda.it/

Sardo. Responsable: Nanni Falconi. Interesante páxina que se achega a distintos aspectos da lingua sarda. Está dividida en  5 seccións: Grafía (que recolle boa parte das propostas e un estado da cuestión sobre a polémica ortográfica), Lingüística, Literatura, Gramática e Curiosidades. Hai bastante material, aínda que un pouco disperso.

 

Vivaio Acustico delle Lingue e dei Dialetti d'Italia   http://www2.hu-berlin.de/Vivaldi
Alemán ou italiano. Responsable: Univ. Humboldt de Berlín. Atlas lingüístico on-line que se diferencia dos convencionais en que ademais da transcrición das enquisas se pode consultar o documento sonoro. Aínda que nace coa intención de cubrir todo o territorio italiano, polo momento só ofrece datos da Sardeña e de Sicilia. Estructurado en catro apartados: parte fonolóxica, léxica, morfolóxica e sintáctica. Ademais, pódese consultar a gravación nalgúns puntos da coñecida Parábola do Fillo Pródigo.

 

VARIEDADES RETORROMÁNICAS

La patrie dal Friûl   http://www.friul.net/

Friulano. Responsables: Indrì Pironio e Ricart Urban. Completísima páxina web desta revista. Estructurada en varias seccións: Lexislación; Libros, música e cine; Lingua, Varios. O material co que conta o sitio é moi numeroso e de gran calidade. Destacamos: diccionario italiano-friulano (25000 palabras), diccionario multilingüe (3600 palabras, entre os idiomas inclúe o español), ...Un buscador permite recuperar contidos por palabra clave e hai tamén a posibilidade de subscribirse para recibir as novidades. Imprescindible.

 

Litteratura Retorumanstcha   http://www.svbbpt.ch/Literatur/romantsch/chur.htm
Romanche e alemán. Responsables: Norbert Berther e Carmen Suter. Sinxelo diccionario da literatura en romanche, que recolle uns 14 autores. Danse unhas liñas de referencias bio-bibliográficas e un texto seleccionado da súa producción (tamén de non máis de 20 liñas). Fai parte dun proxecto máis amplo, "El Liter", un diccionario de autores suízos nas catro linguas propias.