Área de Filoloxía Románica

Logotipo da USC

Inicio > Área de Filoloxía Románica > Programa de doutoramento
Presentación | Directorio persoal | Mapa do web | Accesibilidade | Correoweb | Contacto | RSS | Axuda

Programa de Doutoramento en Filoloxía Románica


Comisión académica

Mobilidade

Interese científico

Liñas de investigación

Obxectivos e competencias

Persoal académico

Acceso e admisión

Alumnos inscritos en etapa de tese e doutores

Procedemento de adaptación

Sistema de Garantía de Calidade

Teses defendidas (período 2004-2010)


Responsábeis:     Área de Filoloxía Románica. Departamento de Filoloxía Galega








Comisión académica

Cargo

Nome e apelidos

Categoría académica

Universidade

Centro

Departamento

Coordinadora
Pilar Lorenzo Gradín
Catedrática Universidade
USC
Facultade de Filoloxía
Filoloxía Galega
Vocal 1
Director do Departamento

USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega
Vocal 2
Mª Mercedes Brea López
Catedrática Universidade USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega
Vocal 3
Elvira Fidalgo
Titular Universidade
USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega
Vocal 4
Santiago López Martínez-Morás
Titular Universidade USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega
Vocal 5
Santiago Gutiérrez García
Titular Universidade USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega
Vocal 6
Mariña Arbor Aldea
Contratada Doutora
USC Facultade de Filoloxía Filoloxía Galega












Interese científico

O programa de doutoramento que se presenta é unha oferta única no SUG polo seu carácter transversal e interdiscipliar, que permitirá a un alumnado formado nun ámbito concreto dunha lingua e literatura romance profundar no estudo da mesma dende unha perspectiva comparada.

     Os doutorandos adquirirán o dominio da metodoloxía e das competencias científicas propias da(s) liña(s) de investigación na(s) que desenvolvan a súa tese de doutoramento. Así mesmo, terán acceso aos principais recursos informáticos aplicados aos textos romances (bases de datos, rimarios electrónicos, concordancias, edicións, bancos de imaxes, etc.) para poder empregalos no decurso da súa investigación de maneira interactiva.

     O programa privilexia o estudo das tradicións literarias románicas da Idade Media como parte dun conxunto unitario, presidido por unha rica rede de conexións interculturais, que facilitarán que o estudante, en función dos seus intereses investigadores, teña a opción de especializarse nunha ampla oferta que abrangue múltiples aspectos da civilización occidental. Ademais, cómpre subliñar que os doutorandos que o desexen poderán disfrutar dun Convenio de Doutoramento europeo, no que participan as Universidades de Siena (sede coordinadora), París IV-Sorbonne, Milán, Pavía, Heidelberg, Zürich e a propia USC, e que está integrado por investigadores internacionais de recoñecido prestixio en diversos ámbitos da Filoloxía Románica (http://www.unisi.it/ricerca/dottorationweb/filologia_romanza/).










Obxectivos e competencias

Obxectivos

Competencias




a) Formación avanzada en técnicas de investigación en Filoloxía Románica.

b) Formación de novos doutores.

c) Realización, defensa de Teses e obtención de doutoras/es no ámbito dos estudos románicos.
De acordo co establecido no R.D. 1393/2007 (punto 3.4 do Anexo I) garantiranse as seguintes competencias básicas:

a) Que os estudantes teñan demostrado unha compresión sistemática do campo de estudo da Filoloxía Románica e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.

b) Que os estudantes teñan demostrado a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica e rigor científico.

c) Que os estudantes teñan realizado unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación a nivel nacional e internacional.

d) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

e) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das áreas de coñecemento da Filoloxía Románica.

f) Que os doutorandos sexan capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.












Acceso e admisión

Información:
1) Enderezo web institucional do Centro de Posgrao da USC: http://www.usc.es/gl/centros/cptf

2) Enderezo do web propio do Programa de Doutoramento en Filoloxía Románica: http://www.usc.es/filrom/pdfr.html

3) Enderezo web do Centro de Posgrado da USC con información básica sobre o programa:

4) Dípticos e carteis informativos que figurarán nos taboleiros da Facultade de Filoloxía e nos do Departamento de Filoloxía Galega.

N. B.:

A Facultade de Filoloxía ten previsto organizar sesións informativas e de acollida aos estudantes dos distintos Másteres que se poñan en marcha no Centro.

    Se o período de formación é outro máster (da USC ou doutra institución), este establecerá os procedementos de acollida e orientación que lle son propios. De todas maneiras, o director do Departamento e a coordinadora do programa de Doutoramento, xunto co titor do Doutorando, garantirán a súa debida orientación no programa de Filoloxía Románica, para que o estudante acade con éxito no seu período formativo os obxectivos propios do mesmo.

        Previo ao remate da etapa de formación terán lugar as seguintes actividades:

I.
a) Xornada informativa na que os Grupos de Investigación amosarán as súas liñas de investigación e ofertarán as posibles prazas para a realización de Teses de Doutoramento.

b) Presentación das instalacións dispoñibles e dos recursos materiais e bibliográficos para a realización das actividades de investigación.

c) Descrición das capacidades da USC no relativo a aloxamento, comedores, bolsas, actividades deportivas e sociais, etc.

II.-     Asignación do(s) Director(es) de Tese do doutorando.

Requisitos de admisión:
1) Superación do período de formación ou obtención da equivalencia de competencias para acceder ao período de investigación do Programa de Doutoramento. En concreto, o estudante deberá acreditar que superou calquera máster de contidos tales que proporcionen aquelas competencias que posibilitan iniciar o seu período de investigación no Programa de Doutoramento a xuízo da Comisión Académica do mesmo.

2) Ademais, fanse constar os seguintes requisitos específicos:

a) Presentación dun proxecto de tese avalado por un dos posibles directores ou titores do Programa de Doutoramento.

b) Expediente académico no Grao/ Licenciatura de orixe e nos estudos correspondentes ao período de formación para o Programa de Doutoramento.

c) Se procede, entrevista do estudante cos membros que integran a Comisión Académica do Programa.

3) A vía de entrada máis directa ao programa de Doutoramento que se propón é o Máster oficial Estudos medievais europeos. Imaxes, Textos e Contextos, pero o programa (polos contidos que son propios da Filoloxía Románica) está totalmente aberto a alumnos procedentes doutros Másteres da Facultade de Filoloxía, en particular dos que teñan carácter transversal ou relación directa con calquera lingua e literatura románica. Pode acoller, así mesmo, a alumnos procedentes doutras universidades, españolas ou estranxeiras, interesados polo campo de estudos da Filoloxía Románica. En cada caso, a Comisión Académica, á vista do CV achegado polo candidato, verificará se o solicitante reúne os requisitos para integrarse con éxito neste Programa de Doutoramento.

Sistemas accesíbeis de apoio e orientación do estudantado:
1) Os Grupos de Investigación do(s) Director(es) do estudante serán os encargados de facilitar os medios e recursos necesarios para a realización da Tese de Doutoramento.

2) O Departamento promoverá seminarios de investigación de profesores visitantes, así como a presentación dos avances da investigación dos alumnos no período de Tese.











Mobilidade

1) A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de Intercambios Interuniversitarios”,  aprobado polo Consello de Goberno da USC do 6 de febreiro de 2008 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 26 de marzo (http://www.usc.es/estaticos/normativa/pdf/regulinterinterunivest08.pdf). A planificación e xestión é responsabilidade do Vicerreitorado de Relacións Institucionais e da Oficina de Relacións Exteriores da USC, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de Apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do Vicedecano/a responsable de programas de intercambio.

    Actualmente, a Universidade de Santiago de Compostela ten posto en marcha o Programa Xeral de Mobilidade Xan de Forcados, que engloba cada ano aos distintos instrumentos que pretenden fomentar a mobilidade dos membros da comunidade universitaria con Universidades de América, Asia, Australia e Suiza, e que complementa os programas Sócrates-Erasmus, Erasmus Mundus e Sicue. Ten como obxectivo principal incrementar a eficiencia das accións de fomento da mobilidade desenvolvidas pola Universidade.

    As facultades, ademáis dos responsables citados enriba, contan coa colaboración de varios/as profesores/as que actúan como coordinadores/as académicos/as, e que teñen como función titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acollida. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria do programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores/as académicos/as, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

  •      Información e atención aos estudiantes:
     A Universidade, a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web (http://www.usc.es/ore), que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademáis, conta con recursos de apoio para os estudantes de acollida, tales como a reserva de prazas en Residencias Universitarias, o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) do Vicerreitorado de Relacións Institucionais, a través do que voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acollida.
En canto a os/as estudantes de acollida, organízase unha sesión de recepción, ao inicio de cada cuatrimestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, ao tempo que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.

  •      Información sobre acordos e convenios de colaboración activos e convocatorias ou programas de axudas propios da Universidade:
       Cóntase con acordos e convenios de intercambio con Universidades españolas, europeas e de países non europeos, a través de programas xerais (Erasmus, SICUE) e de convenios bilaterais. En canto a programas de axudas á mobilidade propios da Universidade de Santiago de Compostela, existen na actualidade os seguintes:

•    Programa de becas de mobilidade para Universidades de Estados Unidos e Puerto Rico integradas na rede ISEP.
•    Programa de bolsas de mobilidade para Universidades de América, Asia e Australia coas que se ten establecido convenio bilateral.
•    Programa de bolsas de mobilidade Erasmus para Universidades de países europeos
•    Programa de Prácticas Internacionais Erasmus que oferta bolsas de mobilidade de estudantes para prácticas en empresas en Europa.
•    Programa de bolsas de mobilidade Erasmus Mundus External Cooperation Window (EMECW) para  Universidades de Asia Central.
 
2) Durante o período de investigación os doutorandos poderán disfrutar daqueles intercambios do Programa SÓCRATES/ERASMUS e de convenios bilaterais asinados pola USC e nos que participen os Doutores da área de Filoloxía Románica, sempre que a mobilidade contemple o Terceiro Ciclo. Por outra parte, aqueles alumnos que conten coa autorización do seu director (ou directores) de tese poderán acollerse na súa etapa investigadora a un convenio de Doutoramento europeo no ámbito da Filoloxía Románica, coordinado pola Università degli Studi de Siena (Italia), que obriga a realizar unha estadía dun semestre nalgunha das institucións que participan no mesmo (Universidades: Milán, Pavía, París IV-Sorbonne, Heidelberg e Zürich).
     En calquera caso, o programa promoverá, dentro das posibilidades existentes, que cada doutorando realice unha estadía mínima de tres meses noutro centro no que poida complementar axeitadamente os seus coñecementos e/ou perfeccionar o seu método de traballo e as técnicas investigadoras propias da Romanística.

3) Existe a posibilidade de obter a Mención europea ao título de Doutor (consúltese a normativa específica ao respecto).











Liñas de investigación

Denominación: Literatura románica medieval
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Esther Corral Díaz
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Elvira Fidalgo Francisco
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Santiago Gutiérrez García
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Santiago López Martínez-Morás
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Pilar Lorenzo Gradín
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Mª Mercè López Casas
USC Filoloxía Catalana
Filoloxía Galega




Denominación: Lírica profana galego-portuguesa
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Esther Corral Díaz
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Elvira Fidalgo Francisco
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Santiago Gutiérrez García
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Pilar Lorenzo Gradín
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Cantigas de Santa María
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Elvira Fidalgo Francisco
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Haxiografía
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Elvira Fidalgo Francisco
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Literatura artúrica
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Santiago Gutiérrez García
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Santiago López Martínez-Morás
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Pilar Lorenzo Gradín
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: O Camiño de Santiago e os textos literarios medievais
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Santiago López Martínez-Morás
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Edición e anotación de textos románicos medievais
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mariña Arbor Aldea
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Elvira Fidalgo Francisco
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Pilar Lorenzo Gradín
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega
Mª Mercè López Casas
USC Filoloxía Catalana
Filoloxía Galega




Denominación: Codicoloxía medieval
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mariña Arbor Aldea
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Mª Mercè López Casas
USC Filoloxía Catalana
Filoloxía Galega




Denominación: Léxico literario medieval
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Esther Corral Díaz
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Filoloxía Catalana
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mª Mercè López Casas
USC Filoloxía Catalana
Filoloxía Galega




Denominación: Estudos métricos
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Mariña Arbor Aldea
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Mª Mercedes Brea López
USC
Filoloxía Románica
Filoloxía Galega
Pilar Lorenzo Gradín
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Mulleres e literatura medieval
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Esther Corral Díaz
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega




Denominación: Neomedievalismo
Nome do profesor
Universidade
Área
Departamento
Santiago Gutiérrez García
USC Filoloxía Románica Filoloxía Galega










Persoal académico

Posibles directores/as ou titores/as de Teses de Doutoramento (só doutores/as con experiencia investigadora acreditada):

Doutor/a
Universidade
Categoría académica
Arbor Aldea, Mariña
USC
Contratada Doutora
Brea López, Mª Mercedes
USC
Catedrática Universidade
Corral Díaz, Esther
USC
Titular Universidade
Fidalgo Francisco, Elvira
USC
Titular Universidade
Gutiérrez García, Santiago
USC
Titular Universidade
López Martínez-Morás, Santiago
USC
Titular Universidade
Lorenzo Gradín, Pilar
USC
Catedrática Universidade
López Casas, Mª Mercè
USC
Titular Universidade











Procedemento de adaptación dos estudantes ao novo Programa de Doutoramento

Todos os estudantes que proveñan dos Programas de Doutoramento Estudos medievais, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Lingüística, Filoloxía Galega e A Idade Media. Imaxes, Textos, Contextos, ofertados con anterioridade ao curso 2009-10 na USC, serán, se así o solicitan, admitidos no período de investigación no novo Programa de Doutoramento que aquí se propón.

     Así mesmo, todos os alumnos actualmente matriculados en etapa de tese, baixo a dirección dos doutores que configuran este programa, serán admitidos automaticamente, se así o solicitan, no período de investigación do novo Programa de Doutoramento en Filoloxía Románica.