![]() |
|
|
Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Membros >> Francisco F. Rei |
Directorio persoal | Mapa do web | Accesibilidade | Correoweb | Contacto | RSS | Axuda |
DATOS PERSOAIS E ACADÉMICOS
|
Nome |
Francisco Fernández Rei |
|
Título académico |
Doutor en Filoloxía Románica pola USC en 1979 |
|
Posto docente |
Catedrático da Área de Filoloxía Románica da USC desde 1992 |
|
Despacho |
204 (Facultade) // Instituto da Lingua Galega |
|
Teléfono |
+34 8818 11828 (Facultade) e 12817 (ILG) |
| Correo electrónico (engadir @usc.es) |
ilgpaco.rei |
TESE DE DOUTORAMENTO
|
O verbo. Contribución á dialectoloxía galega, dirixida polo Dr. Constantino García González. |
TESES DE DOUTORAMENTO DIRIXIDAS
|
-Galego de Asturias, delimitación, caracterización e situación sociolingüística, do Dr. Xoán Babarro González, defendida en 1993. |
| -Os paratextos galegos (1916-1936). Análise sociolingüística dos prólogos, da Dra. Goretti Sanmartín Rei, defendida no 2001 na Universidade da Coruña. Codirixida co Dr. Manuel Ferreiro Fernández. |
CARGOS DESENVOLVIDOS
|
-Membro investigador do Instituto da Lingua Galega da USC (desde 1974). |
| -Director do Departamento de
Filoloxía Galega da USC (de 8 novembro 1988 a 22 xaneiro 1992, e de 6
febreiro de 1993 a 23 novembro 1995). |
| -Coordinador do Seminario Permanente de Lingua Galega de COU do distrito universitario de Galicia (cursos 1990-91 e 1991-92). |
|
-Director dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e para españois de fóra de Galicia,
coorganizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia, o Instituto da Lingua da USC e a Real Academia Galega (2008-).
|
|
-Membro numerario da Real Academia Galega, ingresou o 25 de setembro de 1999 co discurso Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o Mar da Arousa. Dúas singraduras na construcción dun idioma para unha patria. Desde xaneiro de 2001 é Vicesecretario da RAG. |
|
-Membro do Patronato da
“Fundación Sotelo Blanco. Museo de Antropoloxía” (1995), do Patronato
do Museo do Pobo Galego (1998) e do Plenario do Consello da Cultura
Galega (1999-2007) en representación do Instituto da Lingua Galega,
onde formou parte da Sección de Lingua.
|
|
-Fundador e cosecretario do consello de redacción d’ A Trabe de Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico (1990-); fundador de Tempos Novos (1997); fundador e membro do consello de redacción de Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial (2004-).
|
|
-Membro do comité científico das revistas Verba. Anuario Galego de Filoloxía (1992), Cadernos de Llingua (1996) e Estudos de Lingüística Galega (2009); membro do grupo estable de asesores. do consello de redacción da revista Luenga e Fablas (2002) e membro do Consello Asesor Científico de Ángulo recto. Revista de estudios sobre la ciudad como espacio plural. A journal of studies on the city as a plural space (2009).
|
| -Conselleiro de Honra do Consello d’a Fabla Aragonesa (1999) |
|
-Corrector lingüístico e colaborador de Teima. Revista Galega de Información Xeral (1976-77), membro fundador de Escola Aberta (1978), da Asociación de Traductores Galegos (1984), do colectivo socio-cultural Redes Escarlata (2001) e da Asociación Cultural ProLingua (2010). |
-Membro do Grupo Etnográfico “Mascato”, asociación cofundadora da Federación Galega pola Cultura Marítima (hoxe tamén Fluvial); Presidente da Comisión Organizadora do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Cambados 6-10 xullo 2005), Vicepresidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (2005-2007) e Comisario (con Luís Rei e Pepe Barro) da Exposición sobre Galicia, o Mar e o Patrimonio Marítimo da Fête Maritime Internationale (Brest 11-17 xullo 2008). |
|
-Asesor da Comisión “2009 Ano Cabanillas,” organizada polo Concello de Cambados. |