Escudo da USC  
Busca de información no web da USC
 
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda

 

Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Proxectos de investigación

 

 

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DA ÁREA

 

A labor investigadora desenvolvida polos membros da área lévase a cabo na Facultade de Filoloxía, pero tamén no Instituto da Lingua Galega (ILGa), no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), ou na Real Academia Galega.

A maioría de doutores da área son responsables dalgún proxecto de investigación ou colaboran en proxectos de investigación da área de Filoloxía Románica. A colaboración investigadora non só se restrinxe á nosa área, senón que tamén se participa activamente en proxectos doutras áreas de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela ou doutras universidades estatais e europeas. Entre os proxectos que se desenvolven na área teñen cabida varios investigadores contratados, representados maioritariamente por alumnos egresados de Filoloxía Románica.

Os grupos de investigación que abranguen a maioría da investigación dos membros da Área son Filoloxía e Lingüística Galega (GI-1743) e Románicas (Filoloxía, Literatura Medieval) (GI-1350).

Os proxectos dirixidos ou nos que participan os membros da área de Filoloxía Románica atinxen as dúas principais liñas de investigación filolóxicas: lingüística e literaria. Presentamos a continuación unha panorámica, ordenada cronoloxicamente dentro de cada apartado; consulte os últimos para ver os proxectos vixentes. Para volver ó índice de apartados, pulse o botón "Atrás" do seu navegador.

 

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE CARÁCTER LINGÜÍSTICO

Os membros da área que centran a súa investigación na Lingüística abranguen múltiples liñas de investigación, orientadas fundamentalmente ó galego, pero sen descoidar tampouco outras variedades románicas:

Dialectoloxía
Fonética (acústica e experimental)
Lexicografía
Sociolingüística
Terminoloxía
Proxectos dirixidos por outros Departamentos ou Universidades

 

A participación dos membros da área en proxectos de investigación é dobre. Dunha banda participan como directores ou como membros investigadores dos proxectos da área, pero tamén participan en calidade de membros investigadores en proxectos interdepartamentais ou interuniversitarios.

 

·Dialectoloxía

 

 

Recollida e transcrición de etnotextos para a creación do ADLG (Arquivo dialectal da lingua galega), financiado pola Dirección General de Ciencia y Tecnología (DGCYT) no trienio 1992-1995, dirixido polo Dr. D.Francisco Fernández Rei.

 

Atlas Lingüístico Galego (ALGa), subvencionado pola Xunta de Galicia, e dirixido polos doutores da área Antón Santamarina Fernández e Constantino García e co-redactado polos doutores Francisco Fernández Rei e Manuel González González, entre outros. Neste proxecto estase a traballar na recollida e reproducción cartográfica das formas dialectais galegas. No eido deste proxecto viron xa a luz os seguintes volumes: Atlas Lingüístico Galego. Vol. I Morfoloxía Verbal (1990); vol. 2: Morfoloxía non verbal (1995); vol. III: Fonética (1999) e Vol. IV. Léxico: tempo atmosférico e cronolóxico. Está no prelo o quinto volume, dedicado ó ser humano.

 

 

 

 

·Fonética (acústica e experimental)

 

 

Fonética acústica do galego, subvencionado pola Xunta de Galicia no trienio 1991-1994, dirixido polo Dr. Manuel González González.

 

Fonética acústica do galego 2. Descrición do consonantismo e prosodia, financiado pola Xunta de Galicia no bienio 1995-1997, dirixido polo Dr. Manuel González González.

 

Prosodia da lingua galega, subvencionado pola Xunta de Galicia, dirixido polo Doutor X. L. Regueira Fernández da área de Filoloxía Galega da USC no período 1999-2000, e no que participou o Dr. Manuel González González.

 

Sistemas de diálogo para acceso telefónico a servicios telemáticos, subvencionado pola Unión Europea con fondos FEDER no bienio 1998-2000, dirixido polo Dr. Manuel González González. Este proxecto levouse a cabo na Facultade de Filoloxía e traballouse no desenvolvemento dun recoñecedor de voz en galego. Participaron lingüistas  da área de Filoloxía Románica xunto con enxeñeiros de telecomunicacións do Grupo de Teoría do Sinal da Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, baixo a dirección de Carme García Mateo.

 

Desenvolvemento dun prototipo dun sistema de transcrición automática de programas de noticias, subvencionado pola CICYT e a Xunta de Galicia no bienio 2000-2002, dirixido polo Dr. Manuel González González. Neste proxecto estase a traballar na elaboración dun transcritor automático de programas informativos dos medios de comunicación audiovisuais. Participan, ademais da área de Filoloxía Románica, o Grupo de Teoría do Sinal da Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, baixo a dirección de Carme García Mateo.

 

Elaboración dun conversor texto-voz para o galego, financiado polo Centro “Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades” de investigación desde o ano 1995, dirixido polo Dr. Manuel González González. Neste proxecto, que se enmarca dentro das tecnoloxías da fala, estase a desenvolver unha ferramenta que permite a reproducción oral de textos escritos de xeito automático. Nel colaboran lingüistas da Universidade de Santiago e enxeñeiros de telecomunicacións do Grupo de Teoría do Sinal da Facultade de telecomunicacións de Vigo baixo a dirección de Carme García Mateo e Eduardo Rodríguez Banga.

A posta na rede dunha demo permítenos ve-lo funcionamento desta ferramenta.

 

 

·Lexicografía

 

   

Dicionario da lingua galega da Real Academia Galega, subvencionado pola Xunta de Galicia e dirixido polo Dr. Manuel González González. Neste proxecto estase elaborando a obra lexicográfica normativa de referencia para o galego.

 

A Base de Datos Lexicográfica da Lingua Galega, financiado pola Xunta de Galicia e dirixida, entre outros, polos doutores da área Antón Santamarina Fernández e Francisco Fernández Rei. Este proxecto desenvólvese no ILGa e ten como obxectivo a recollida do léxico que se documenta na escrita galega.

 

O Dicionario de Dicionarios Galegos, financiado pola Xunta de Galicia e dirixido polo Dr. Antón Santamarina Fernández. Neste proxecto trabállase na recollida e posta en formato electrónico das primeiras obras lexicográficas galegas, e sobre as que parten os principais dicionarios da actualidade.

A última saída ó mercado do Diccionario de Diccionarios, que tivo lugar no ano 2003, recolle 24 obras lexicográficas, entre as que se atopan o Diccionario gallego-castellano de Francisco Javier Rodríguez (1863), o Diccionario gallego de Juan Cuveiro Piñol (1876), o Diccionario gallego-castellano da Real Academia Galega (1913-1928), o Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez González (1958-1961), ou o Glosario de voces galegas de hoxe de Constantino García González de 1985.

 

 

·Sociolingüística

 

 

Deseño de medidas para mellora-las actitudes cara ó galego e incrementa-lo seu uso, financiado pola Xunta de Galicia no bienio 1998-2000, dirixido polo Dr. Manuel González González.

 

Análise da situación do ensino bilingüe na Comunidade Autónoma de Galicia, subvencionado pola Xunta de Galicia no bienio 2002-2004, dirixido polo Dr. Manuel González González. Este proxecto desenvólvese no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega.

 

 

 

·Terminoloxía

 

 

TERMIGAL (Servicio Galego de Terminoloxía Técnico-Científica), subvencionado pola Xunta de Galicia, e dirixido polo Dr. Manuel González González desde o ano 1995. A labor que se desenvolve neste proxecto é dobre, xa que se investiga no campo da Terminoloxía Técnico-Científica do galego e se ofrece un asesoramento terminolóxico a aqueles organismos ou particulares que o solicitan.

Recentemente, o Termigal puxo en funcionamento un servicio denominado Arrecada coa finalidade de someter a estudo e discusión problemas e propostas denominativos sobre termos cos que traductores, traballadores de servicios de normalización lingüística, científicos e outros profesionais se atopan na súa vida diaria.

As publicacións saíntes deste proxecto desde a súa creación son: Formulario Notarial (1998), Regulamentos Municipais (1998), Vocabulario Multilingüe de Organismos Acuáticos (2000) e Vocabulario Multilingüe de Acuicultura (2002).

 

PROXECTOS DIRIXIDOS POR OUTROS DEPARTAMENTOS OU UNIVERSIDADES

A participación dos membros da área en proxectos interdepartamentais ou interuniversitarios en calidade de membros investigadores, é fundamental en proxectos tan importantes a nivel europeo como:

 

·Sociolingüística

 

   

Developing Policies to Improve the conversion of Language Competence into Language Use among young groups, financiado pola DG XXII da Comisión Europea, dirixido por Pádraig Ó Riagáin, e no que participaron ademais do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , The Linguistics Institute of Ireland (Irlanda), The Fryske Akademy (Holanda), Institut de Sociolingüística Catalana (España), Reseach Centre Wales (País de Gales) e Secretaría General de Política Lingüística do Goberno Vasco (España); no bienio 1996-1998. Da área de Filoloxía Románica participou o Dr. Manuel González González.

 

Language Planning in a European Context, financiado pola DG XXII da Comisión Europea dirixido polo Dr. Gleen Willians, e no que participaron ademais da Real Academia Galega, Reseach Centre Wales, Catholic University of Brussels, Trinity University, The Linguistics Institute of Ireland (Irlanda), Institut de Sociolingüística Catalana (España), no período 1997-1998. Participou da área de Filoloxía Románica o Dr. Manuel González González.

 

Language Use Surveys in the Language Planning Process, financiado pola DG XXII da Comisión Europea, dirixido polo Doutor Pádraig Ó Riagáin e no que participaron ademais do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, The Fryske Akademy (Holanda), The Linguistics Institute of Ireland (Irlanda),), Institut de Sociolingüística Catalana (España), Reseach Centre Wales (País de Gales) e a Secretaría General de Política Lingüística do Goberno Vasco (España), no período 1998-1999. Da Área de Filoloxía Románica participou o Dr. Manuel González González.

 

Quel vécu et quelles représentations sociolinguistiques après une scolarisation en Calandreta, financiado polo Observatoire des pratiques linguistiques, Délégation générale à la langue française, dirixido polo Dr. Henri Boyer no bienio 2000-2002 e no que participou a Dra. Mª. C. Alén Garabato.

 

Exploitation de l'enquête Famille (langues), financiado pola Délégation Générale a la Langue Française, dirixido polo Dr. Henri Boyer no bienio 2002-2004, e no que participou a Dra. Mª. C. Alén Garabato.

 

·Xeografía lingüística

 

 
 

Atlas Linguistique Roman (AliR), financiado pola Commision des Communautés Européennes e CNRS (GdR 9) de Francia, dirixido polo Dr. Michel Contini (Univ. de Grenoble, Francia) e no que xunto a varios membros da área desde o ILG, participan o CNRS de Francia, Univ. de Torino (Italia), Univ. de Firenze (Italia), Univ. de Liège (Bélxica), Univ. de Barcelona, CSIC, Univ. de Lisboa, etc.

 

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DE CARÁCTER LITERARIO

Os membros da área que se adican á investigación literaria tamén abranguen múltiples liñas de investigación dentro desta disciplina, como son entre outras:

Lírica medieval galego-portuguesa
  Prosa medieval galego-portuguesa
Literaturas románicas medievais
Edición crítica de textos romances medievais
Proxectos dirixidos por outros Departamentos ou Universidades

Os proxectos de investigación desenvolvidos polos membros da área sitúanse na vangarda da investigación literaria románica, sendo un referente tanto no campo da recuperación, tratamento e edición crítica de textos medievais, como na teoría literaria medieval. A participación nos grandes proxectos de investigación interdepartamentais ou interuniversitarios europeos é fundamental para os membros da área.

 

Os principais proxectos de carácter literario desenvolvidos na área, agrupados por ámbito de traballo, son os seguintes:

 

·Lírica medieval galego-portuguesa

 

 

Arquivo Galicia Medieval, subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, desenvolvido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades desde o ano 1998, e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López.

 

Este proxecto inclúe os subproxectos: Cantigas de Santa María, dirixido pola Dra. Elvira Fidalgo Francisco, Prosa Literaria Galega Medieval, dirixido pola Dra. Pilar Lorenzo, e Lírica Profana Medieval Galego-Portuguesa, dirixido pola Dra. Mercedes Brea López.

Son importantes publicacións deste proxecto: Lírica profana galego-portuguesa (1996), ou Cantigas do mar de Vigo (1998). Así mesmo, cóntase cunha base de datos de Lírica profana Galego-Portuguesa que se pode consultar na rede.

 

 

·Prosa medieval galego-portuguesa

 

   

O sistema historiográfico galego no outono da Idade Media: séculos XIV-XV. Edición e estudio, subvencionado pola Xunta de Galicia, e dirixido pola Dra. Maria Mercè López Casas no período 1997-1999.

 

 

Prosa Literaria Galega Medieval, financiado polo Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dirixido pola Dra. Pilar Lorenzo Gradín desde o ano 1999. Froito deste proxecto publicouse o Livro de Tristan e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario (2001)

 

 

Prosa historiográfica e documental da Galicia medieval (séculos XIV-XV), subvencionado pola Xunta de Galicia, e dirixido pola Dra. Maria Mercè López Casas no período 2000-2002.

 

 

     

·Literatura románica medieval

 

 

O mundo animal na lírica amorosa románica. Funcionamento e significado poético, subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López no trienio 1989-1992.

 

O vocabulario bélico na lírica amorosa románica da idade media; subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López. no bienio 1992-1994.

 

Notas Lingüísticas de Angelo Colocci, subvencionado pola DGICYT, dirixido pola Dra. Dª. Mercedes Brea López no trienio 1995-1998.

 

Notas Literarias de Angelo Colocci, subvencionado pola Xunta de Galicia, dirixido pola Dra. Pilar Lorenzo Gradín no trienio 1996-1999.

 

Poesía e Cancioneiros, subvencionado polo Ministerio de Educación e Cultura, e dirixido pola Dra. Elvira Fidalgo Francisco no trienio 1997-2000.

 

Primeiros Textos Románicos, subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López no trienio 1999-2001.

 

O léxico do sufrimento nos trobadores, subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López no período 2001-2004. Neste proxecto participan en calidade de investigadores os membros da área de Filoloxía Románica: Elvira Fidalgo Francisco, Esther Corral Díaz, Santiago López Martínez-Morás, Francisco Fernández Campo e Santiago Gutiérrez; membros doutras áreas: Ana Mª Domínguez Ferro (Área de Filoloxía Italiana) e José Antonio Souto Cabo (Área de Filoloxía Galega e Portuguesa); xunto cos investigadores contratados: Inmaculada Carbón Puente, Xerardo Pérez Barcala e Mónica Souto Espasandín.

 

Os personaxes da Materia de Bretaña. Estratexias de creación e evolución, subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, e dirixido pola Dra. Pilar Lorenzo Gradín no trienio 2002-2005, no que figuran como investigadores o Dr. Michel Zink (Collège de France- París), o Dr. César Dómínguez Prieto (Dpto de Lit. española, Teoría da Lit. e Lit. comparada), Drª Consuelo de Frutos (Dpto. de F. Francesa e Italiana) e Carlos Pérez Varela.

 

O vocabulario dos trobadores galego-portugueses no seu contexto románico, subvencionado polo MEC (DGI, PN), e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López no período 2005-2008. Investigadores participantes: 9.

 

Textos literarios medievais no Camiño de Santiago, subvencionado pola Xunta de Galicia (PGIDIT08PXIB204038PR) durante o período 2/10/2008 a 1/10/2011 e dirixido polo Dr. Santiago López Martínez-Morás, coa participación de José Manuel Díaz de Bustamante, Santiago Gutiérrez García, Marina Meléndez Cabo e Rodrigo Vizcaíno Bravo.
 
 
 
 

·Edición crítica de textos romances medievais

 

 

O cancioneiro de Fernan Rodriguez de Calheiros. Edición e estudio, subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, e dirixido pola Dra. Pilar Lorenzo Gradín. Período 1999-2002.

 

El Cancionero de Ausiàs March: la transmisión impresa, subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Mercè López, desde novembro de 2003. Forma parte dun proxecto sobre Poesía e cancioneiros, coordinador por Vicent Beltran (Universitat de Barcelona).

 

O Cancioneiro de Xograres galegos. Edición crítica e estudio (en formato impreso e electrónico), subvencionado pola Xunta de Galicia (2003-2006) e dirixido pola Dra. Mercedes Brea López. Ademais dos profesores da Área Esther Corral, Elvira Fidalgo, Santiago Gutiérrez, Santiago López e Pilar Lorenzo, traballan Fernando Magán, Xosé Ramón Pena, Gerardo Pérez Barcala e Xosé Xabier Ron.

 

   

Cancioneiros galego-portugueses. Edición crítica e estudo (en formato impreso e electrónico) de varios córpora.Programa Sectorial de Ciencias Sociais da Xunta de Galicia, baixo a modalidade de proxectos coordinados cun equipo da UDC e outro da UVigo) 01/12/2006 - 31/11/2009.

 

   

'A lírica galego-portuguesa na corte de Alfonso X. Autores e textos. Financiado polo MEC ('Dirección General de Investigación'). Directora: Pilar Lorenzo Gradín. Duración: 2007-2010.

 

   

PROXECTOS DIRIXIDOS POR OUTROS DEPARTAMENTOS OU UNIVERSIDADES

É importante a participación dos membros da área noutros proxectos de ámbito interdepartamental ou interuniversitario europeos. Concretamente, resulta moi produtiva a colaboración coas áreas de Filoloxía Italiana e de Filoloxía Francesa da USC e con outras universidades do Estado, de Francia ou de Italia.

·Crítica textual

 

Catálogo histórico-crítico das traduccións ó castelán e ó catalán das obras literarias italianas, dirixido pola Dra. Mª de las Nieves Muñiz Muñiz da Universitat de Barcelona, subvencionado polo Ministerio de Educación e Ciencia no trienio 1995-1998 e no que participou a Dra. María Mercè Casas López.

 

·Épica románica medieval

 

O estilo épico nas versións medievais galego-portuguesas e castelás de textos franceses. Modelos para a traducción moderna, subvencionado pola Xunta de Galicia, dirixido polo Dr. D. Camilo Flores Varela da área de Filoloxía Francesa da USC no bienio 1994-1996, e no que participaron as Dras Elvira Fidalgo Francisco e Esther Corral Díaz e o Dr. Santiago López Martínez-Morás.

 

 

·Lírica románica medieval

 

A comparación na Lírica Amorosa Románica da Idade Media; subvencionado pola DGICYT, e dirixido pola Dra. Dª. Isabel González Fernández da área de Filoloxía Italiana da USC no bienio 1992-1994, e no que participou a Dra. Mercedes Brea López.

 

O exemplum na lírica amorosa románica: funcionamento e significado poético, subvencionado polo Ministerio de Educación e Ciencia, e dirixido pola Dra. Isabel González Fernández da área de Filoloxía Italiana da USC no trienio 1995-1998, e no que participou a Dra. María Mercè Casas López.

 

Signa Amoris na lírica amorosa románica. Funcionamento e significado poético, subvencionado pola DGICYT, dirixido pola Dra. Isabel González Fernández da área de Filoloxía Italiana da USC no período 1997-2001, e no que participou a Dra. Esther Corral Díaz.

 

Poesía e Cancioneiros, subvencionado pola DGICYT, e coordinado por Vicente Beltrán (Universidade Central de Barcelona) no trienio 2000-2002 e no que participaron a Dra. Elvira Fidalgo Francisco e a Dra. Mercè Lopez Casas.

 

Argumenta Amoris na lírica amorosa románica. Funcionamento e significado poético, subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, dirixido pola Dra. Isabel González Fernández da área de Filoloxía Italiana da USC no bienio 2002-2004, e no que participa a Dra. Esther Corral Díaz.

 

Relaciones entre la poesía latina y la poesía vernácula entre los siglos XII y XIII, subvencionado pola Dirección General de Enseñanza Superior e Investigación Científica, que dirixe a Dra. Helena de Carlos Villamarín da área de Filoloxía Latina e Grega da USC no período 2002-2005, e no que participa o Dr. Santiago López Martínez-Morás.

 

     
 

·Narrativa románica medieval: Materia de Troia

 

La materia de Troya en la literatura hispana del siglo XIII, subvencionado pola Xunta de Galicia, dirixido polo Dr. D. Juan Casas Rigall da Área de Filoloxía Española da USC no período 1998-2000, e no que participou o Dr. Santiago López Martínez-Morás.

 

 

·Historia medieval: cultura

 

Cultura visual y cultura libraria en la Corona de Castilla (1284-1350), subvencionado polo Ministerio de Educación e Ciencia (HUM2005-03707), dirixido pola Doutora Rocío Sánchez Ameijeiras, no período 2006-2009 e no que participa a Dra. Elvira Fidalgo.