Escudo da USC  
Busca de información no web da USC
 
acerca do web | mapa do web | directorio | contacto | correo web | ligazóns | axuda

 

Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Egresados e doutorandos >> Saídas profesionais

 

 

Saídas profesionais

 

QUE SE ESTUDA EN FILOLOXÍA ROMÁNICA?

· Lingüística e Teoría literaria desde múltiples perspectivas, teóricas e prácticas.

 

· A orixe, formación, evolución e composición das linguas románicas (galego, catalán, castelán, portugués, francés, italiano, romanés, etc), así como a súa estructura gramatical.

 

· A literatura nas linguas románicas, especialmente ata o século XV.

 

QUE PREPARACIÓN ADQUIRE O TITULADO?

· Lingüística xeral e aplicada.

 

· Teoría da Literatura: Análise do poema, Narratoloxía, Dramaturxia...

 

· Idiomas: alomenos dúas linguas románicas de entre as seguintes: Catalán, Galego, Español, Francés, Italiano, Occitano, Portugués e Romanés.

 

· Coñecementos gramaticais das linguas anteriores, galego e español: Fonética, Fonoloxía, Morfoloxía, ·Sintaxe, Semántica.

 

· Formación e evolución das linguas románicas.

 

· As linguas románicas na actualidade, desde unha perspectiva lingüística, literaria e sociocultural.

 

· Literatura románica (ata o século XV) e literatura correspondente ás dúas linguas seleccionadas como troncais.

 

· Edición de textos (especialmente do período medieval).

 

· Posúe, ademais, amplos coñecementos humanísticos e culturais: especialmente no que respecta á Historia do Mundo Antigo e Medieval, coñecemento da realidade cultural europea, análise de textos (literarios e non literarios)...

 

PARA QUE TRABALLOS ESTÁ CAPACITADO?

A licenciatura de Filoloxía Románica prepara especialistas en polo menos dúas linguas e literaturas románicas, o que amplía as posibilidades dos licenciados de cara ó mercado de traballo. A polivalencia dos planos de estudio, xunto coa experiencia internacional que se pode adquirir coas bolsas Erasmus, son os puntos fortes desta titulación. Entre outras, mencionamos algunhas destas saídas:

 

Investigación lingüística

· Estudios de lingüística teórica en calquera das súas vertentes: neurolingüística, psicolingüística, etnolingüística, sociolingüística ou gramática.

 

 

· Dentro dos estudios gramaticais, cuestións relacionadas coa ortografía, fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica, dialectoloxía, etc. das linguas románicas.

 

Traballos en lingüística aplicada

Sala de ordenadores

· Planificación lingüística: procesos de intervención sobre a lingua para procurar unha modificación dos usos lingüísticos. Pode traballar en Servicios de Normalización Lingüística de Concellos e Institucións ou en Gabinetes de Publicidade de grandes empresas.

 

· Tecnoloxías da linguaxe: procesamento das linguas naturais mediante procedementos informáticos. As dúas vertentes fundamentais son o tratamento da fala (en tecnoloxías de interacción entre as persoas e o ordenador empregando as linguas naturais: as súas aplicacións fundamentais son a síntese de voz (xeración automática de mensaxes orais por parte do ordenador) e o recoñecemento de voz (recoñecemento automático da fala por parte do ordenador) e o tratamento do texto escrito (sistemas de traducción automática e traducción asistida por ordenador, correctores ortográficos, gramaticais e de estilo; diccionarios automáticos ou sistemas de xeración e comprensión automática de textos). Pode traballar para empresas de comunicacións, grandes empresas comerciais que precisen de sistemas automatizados de atención ó público, institucións...

 

· Lingüística clínica: traballo con pacientes con trastornos da linguaxe (en hospitais, gabinetes psicolóxicos...)

 

Investigación literaria e filolóxica

Libros

· Edición de textos (especialmente medievais). Reconstrución do texto orixinal tal e como foi concibido polo autor mediante métodos de crítica textual. Análise de manuscritos.

· Crítica e análise literaria de textos medievais ou modernos das literaturas estudiadas.

 

· Literatura comparada no territorio románico.

 

· Estudios xerais de teoría literaria en tódalas súas múltiples vertentes.

 

 

Docencia

 

Entrada da Fac. de Filoloxía

· Docente universitario.

 

· Docente no Ensino Secundario de varias materias (Lingua e Literatura Galega, Española, Francesa, Italiana, Latín e Cultura Clásica...). Posibilidade de atopar posto de traballo en calquera parte do Estado.

 

· Docente nas escolas de idiomas oficiais (Escola de Idiomas, Centro de Linguas Modernas...) ou academias privadas.

 

· Lectores de galego ou español en Institutos de Ensino Secundario e en Universidades españolas ou estranxeiras.

 

· Profesor auxiliar de conversación en centros de idiomas no estranxeiro.

 

Tradución e interpretación

laboratorio de idiomas

· Tradutor e Intérprete: tradución de obras literarias ou científicas, tradutor xurado, tradutor-intérprete en empresas ou organismos oficiais (Estado, Unión Europea...).

 

· Encargado nas empresas de relacións comerciais con países de fala romance.

 

· Relacións públicas en empresas.

 

· Atención ó público en congresos ou simposios internacionais.

 

 

Xestión cultural

Biblioteca

· Arquivista, Biblioteconomista e Documentalista, especialmente para a época medieval (xestión e organización de bibliotecas e arquivos, documentación, asesoramento a servicios de publicacións...).

 

· Planificación cultural: administración do patrimonio cultural, deseño de políticas culturais, desenvolvemento de campañas de alfabetización, xestión e animación sociocultural (obradoiros de creación literaria, dinamización da lingua, etc.)...

 

· Guía turístico internacional.

 

Traballo en editoriais, xornais e outros medios de comunicación

· Corrección de textos e asesoría lingüística.

      

· Dobraxe de series, películas, documentais...