Santiago de Compostela, como cidade turística e universitaria, conta cunha oferta moi variada de hoteis e restaurantes.

 

Aloxamento

O hotel máis próximo á facultade de Filoloxía é o NH Obradoiro, a 2 minutos. No casco histórico hai un bo número de hospedaxes de calidade, situadas nun rango de 20-25 minutos a pé; algúns deles están integrados nunha rede de establecementos con encanto.

Os hoteis da zona nova xa están máis afastados para o desprazamento a pé (45 minutos de media), pero é doado o acceso en taxi ou transporte colectivo. Santiago conta tamén con hoteis amplos na periferia e na zona do aeroporto.

No seguinte buscador pode consultar a oferta de prazas da cidade (incluíndo albergues) e, nalgúns casos, facer reservas en liña.

 

Axencia de viaxes do congreso

Se o desexan, poden contactar, para organizar a súa viaxe e a súa estadía en Santiago, coa axencia colaboradora do congreso:

Viaxes Galitur [contacto: Juan Manuel Gigirey]
Tel +34 981580408 / + 34 981580441; Fax +34 981588787;
correo electrónico: viajesgalitur [a] e-savia.net

 

Comidas e ceas

Tanto a Facultade de Filoloxía coma a veciña Facultade de Ciencias da Comunicación contan con cafetería-comedor, con menú do día, pratos combinados, sandwichs, etc. A 50 m da facultade hai un comedor universitario. A 100 metros, o veciño Auditorio de Galicia conta cun amplo restaurante, con menú do día sobre os 10 €. A zona vella de Compostela está chea de bares e restaurantes de diferentes prezos e posibilidades (carta, menú, racións, bocadillos,etc.), moitos deles situados nas rúas do Franco e da Raíña. Unha boa forma de descubrir a cidade é ir probando as diferentes tapas que cada bar ofrece de balde acompañando as bebidas.