Para matricularse no Congreso Internacional O texto medieval: da edición á interpretación deben enviar o formulario de inscrición debidamente cuberto antes do 30 de abril de 2010 á Secretaría do Congreso.

As cotas de inscrición son as seguintes:
—Docentes, investigadores, doutorandos: 20 euros
—Estudantes (de primeiro e segundo ciclo) e licenciados en paro: matrícula gratuíta

As persoas exentas do pago da matrícula deberán achegar, ademais do boletín de inscrición, un xustificante que acredite a súa condición de estudantes de primeiro/segundo ciclo ou de desempregados (folla de matrícula, tarxeta do paro, etc.).

A cota de inscrición farase efectiva mediante ingreso ou transferencia á conta bancaria da Universidade de Santiago de Compostela:
Banco Santander Central Hispano 0049.2584.90.2214002210

Para realizar transferencias desde o estranxeiro, deben empregarse os códigos de conta:
IBAN ES40 0049.2584.90.2214002210
SWIFT BSCHESMM 0049.2584.90.2214002210

No ingreso ou transferencia debe sinalarse como concepto da operación “Inscrición Congreso O texto medieval: da edición á interpretación”, indicando claramente o nome do asistente. Para evitar erros, prégase que os congresistas envíen copia do xustificante de pagamento xunto co boletín de inscrición á Secretaría do Congreso.

Descargue aquí o boletín de inscrición [doc, 131 Kb] [pages, 295 Kb] [odt, 119 Kb] [pdf, 127 Kb] e o cartel do congreso [pdf, 754 Kb]

O boletín de inscrición e a documentación complementaria que deba achegarse pódense enviar a través dos seguintes medios:

–Correo postal
Congreso Internacional O texto medieval: da edición á interpretación
Mariña Arbor Aldea - Simone Marcenaro
Departamento de Filoloxía Galega - Área de Filoloxía Románica
Facultade de Filoloxía
Av. de Castelao, s.n.
15782 Santiago de Compostela

–Correo electrónico
marina.arbor@usc.es
simone.marcenaro@usc.es

–Fax
0034 981 574646 (indicando “Congreso Internacional O texto medieval: da edición á interpretación”).