![]() |
||||
|
||||
|
Inicio >> Área de Filoloxía Románica >> Outras universidades
|
||||
INFORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE FÓRA DE GALICIA
a) Normativa da USC para estudantes provenientes doutro distrito universitario.
b) Normativa do MEC sobre o distrito aberto interuniversitario.
c) Outras universidades que ofrecen a titulación de Filoloxía Románica.
Normativa
da Universidade de Santiago de Compostela para estudantes
provenientes doutro distrito universitario
Esta normativa exponse meramente a título informativo, polo que a Área de Filoloxía Románica non responde de posibles cambios realizados con posterioridade á publicación desta páxina. Consulte o seu caso concreto na Unidade de Xestión Académica. As Normas de Xestión Académica atópanse íntegras en http://www.ti.usc.es/lexis/doc/norxes.
A) INICIO DE ESTUDOS
A.1.) Inicio de estudos en titulacións con límite de prazas [apartado en revisión].
Os alumnos ós que lles corresponda inicia-los estudios nunha universidade que non pertenza ó Sistema Universitario Galego, e que soliciten o ingreso nunha titulación con limitación de prazas da Universidade de Santiago de Compostela, deberán xustifica-lo cambio de residencia mediante a acreditación dalgunha das seguintes circunstancias:
a) Se-lo alumno, seus pais, titor ou cónxuxe, residente na Comunidade Autónoma de Galicia con, polo menos, un ano de antigüidade ó inicio do curso.
b) Acredita-la residencia ininterrompida durante cando menos, cinco anos na Comunidade Autónoma de Galicia, dalgún familiar ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo de afinidade.
c) Se-lo solicitante, seus pais, titor ou cónxuxe, traballador en calquera empresa con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Se-lo solicitante, seus pais, titor ou cónxuxe, funcionario en activo en calquera das administracións públicas, con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Atoparse o alumno cumprindo o Servicio Militar ou Prestación Social Substitutoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non será necesario acreditar ningunha das circunstancias do número anterior se o alumno solicita o ingreso en estudios que non se dispensan na universidade ou universidades que lle corresponda.
A.2.) Inicio de estudios en titulacións sen límite de prazas.
Os alumnos ós que lles corresponda iniciar estudios noutra universidade e desexen inicialos en titulacións da Universidade de Santiago de Compostela que non teñen límite de prazas, deberán solicita-la admisión na titulación elixida, acreditando que reúnen os requisitos legalmente esixidos para o acceso á Universidade.
B) CONTINUACIÓN DE ESTUDIOS
B.1.) Continuación en titulacións con límite de prazas.
Os centros das titulacións con limitación de prazas, no primeiro ciclo, no segundo ciclo ou en ambos, poderán propoñer á Xunta de Goberno que se estableza un límite para traslados. Este límite non poderá ser inferior ó dez por cento das prazas que se autoricen para alumnos de novo ingreso.
B.2.) Continuación en titulacións sen cota de prazas para traslados.
a. Os alumnos deberán acreditar ter superados o primeiro curso completo deses estudios, no caso de ensinanzas non renovadas ou 60 créditos no caso de ensinanzas renovadas. (RD 69/2000 do 21 de xaneiro)
b. En ámbolos dous casos non poderán ter esgotadas as convocatorias establecidas nas normas de permanencia segundo a normativa da USC. Non se terá en conta este requisito no caso de aplicación do artigo 34 das Normas de Xestión Académica.
Cando un estudiante non reúna os requisitos establecidos nos dous apartados anteriores quedará sometido ó rexime xeral de adxudicación de prazas regulado no RD 69/2000 do 31 de xaneiro.
B.3.) Titulacións con cota de prazas para translados.
Os alumnos que soliciten o traslado deberán reuni-los requisitos académicos establecidos no apartado anterior.
Para a resolución das solicitudes de traslado terase en conta os seguintes criterios de preferencia:
1º.- Resolveranse primeiro as solicitudes que reunindo os requisitos para o traslado sexan presentadas antes do 31 de xullo.
2º.- De resultaren prazas non adxudicadas, resolveranse as presentadas entre o 1 de agosto e o 15 de outubro, e mais aquelas que se presentaran no primeiro prazo e non se admitiran por careceren (na convocatoria de xuño) dos requisitos académicos esixidos e reuniran os requisitos xerais .
3º.- As solicitudes ordenaranse pola cualificación do expediente que resulte da aplicación dos criterios xerais acordados polo Consello de Universidades que sinala a disposición final segunda do Real Decreto 1497/1987 do 27 de novembro na redacción dada polo Real Decreto 1267/1994 do 10 de xuño e mailo establecido na norma 17.3 das Normas de Xestión Académica.
4º.- Unha vez valorados os expedientes, e sen prexuízo da notificación individual, farase pública unha resolución na que figuren tódolos alumnos admitidos e os excluídos, ordenados consonte a cualificación do seu expediente.
B.4.) Translados desde universidades privadas ou da Igrexa.
Os alumnos procedentes de universidades privadas ou da Igrexa, para continuar estudios de primeiro ou segundo ciclo nas titulacións con límite de prazas que se imparten na USC, ademáis do requisito de ter superado integramente o primeiro curso de planos non renovados ou 60 créditos de planos renovados, non poderán ter esgotadas as convocatorias establecidas segundo as normas de permanencia da Universidade deberán ter ademáis unha cualificación nas probas de acceso á Universidade igual ou superior a do último alumno admitido nesa titulación no curso anterior.
Acreditados os tres requisitos procederá a súa resolución consonte ó disposto no parágrafo anterior.
C) ADMISIÓN DE ESTUDIANTES CON ESTUDIOS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS
C.1.) Continuación en titulacións sen cota de prazas para translados.
Para ser admitido deberá validárselle ó menos unha materia no caso de planos non renovados ou 15 créditos no caso de planos renovados.
C.2.) Continuación en titulacións con cota de prazas para translados.
Para ser admitidos deberá validárselle ó menos o primeiro curso completo no caso de titulacións non renovadas ou 60 créditos no caso de planos renovados. A valoración de expedientes realizarase segundo as normas que para os efectos estableza a USC.
No caso de que estes alumnos non obteñan a validación parcial de estudios deberán supera-las PAAU agás que os estudios preuniversitarios validados lles dean acceso directo á Universidade.
D) PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de inicio ou continuación de estudios en titulacións que imparta a Universidade de Santiago de Compostela deberán presentarse nas Unidades de Xestión Académica correspondentes á súa titulación, entre os días 1 de xullo e 15 de outubro, e consonte o que se dispón a seguir:
a) Para titulacións que non teñan cota para traslados, poderase presentar entre o 1 de xullo e o 15 de outubro.
b) Para titulacións con cota de prazas poderá presentarse en calquera dos seguintes prazos: entre o 1 e o 31 de xullo, ou entre o 1 de agosto e o 15 de outubro.
As instancias presentadas no primeiro prazo resolveranse preferentemente respecto das segundas e consonte o disposto no apartado 30.1.2 do presente acordo.
Para os supostos en que sexa de aplicación o procedemento de ingreso en titulacións con límite de prazas rexerán os prazos específicos que se establezan.
E) TRAMITACIÓN
As solicitudes de admisión para continuar ou iniciar estudios en titulacións da Universidade de Santiago de Compostela serán resoltas conforme ó disposto no presente acordo, resolucións rectorais que o desenvolvan e nas disposicións vixentes que sexan de aplicación ó caso, e deben ser notificadas ós interesados para os efectos de tramitación de traslado de expediente.
Os alumnos que non reúnan os requisitos para aceptación do traslado consonte o establecido no presente acordo poderán presentar solicitude de ingreso en titulacións con límite de prazas.
F) CAMBIO DE MATRÍCULA NO PRIMEIRO CURSO EN TITULACIÓNS CON LÍMITE DE PRAZAS.
Os alumnos matriculados no primeiro curso dunha titulación con límite de prazas, poderán solicita-lo cambio de matrícula a partir do curso académico seguinte ó que iniciaran estudios, para continua-los mesmos estudios que se impartan en centros da Universidade ou adscritos a ela sitos en localidade distinta. Estas solicitudes resolveranse favorablemente en calquera suposto.
Poderá autorizarse un novo cambio de centro, durante o mesmo curso académico cando os alumnos que o pidan reúnan os requisitos para acada-la titulación polo centro de orixe.
G) ALUMNOS CON CONVOCATORIAS ESGOTADAS NALGUNHA MATERIA.
Se o alumno que solicita o traslado tivese esgotadas convocatorias nalgunha materia, consonte o réxime xeral de convocatorias da universidade de Santiago de Compostela, admitirase o traslado se a universidade de orixe recoñece a reciprocidade de trato ós alumnos da Universidade de Santiago de Compostela con convocatorias esgotadas, para que, respecto das materias con convocatorias esgotadas, renda exame por unha soa vez.
H) ALUMNOS QUE ACCEDERON Á UNIVERSIDADE A TRAVÉS DAS PROBAS PARA MAIORES DE 25 ANOS.
As solicitudes de traslado para continua-los mesmos estudios xa iniciados noutra universidade, presentadas polos alumnos que accedesen á universidade a través das probas para maiores de vintecinco anos, resolveranse consonte o disposto para as titulacións non sometidas a limitación de prazas no primeiro curso.
I) ALUMNOS PROCEDENTES DE UNIVERSIDADES DA IGREXA.
Para os efectos da admisión para a continuación de estudios en titulacións, tanto con límite de prazas como sen límite, por parte de alumnos que procedan de universidades da Igrexa, non se terán en conta as materias que sexan de ensinanzas eclesiásticas, e que non formen parte dos planos de estudios das ensinanzas que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela.
De ser admitido o alumno, os xefes das Unidades de Xestión Académica poñerán en coñecemento dos centros que o alumno procede dunha universidade da Igrexa, por se estiman pertinente a realización dunha proba de conxunto sobre as materias que lle puidesen ser validadas.
K) TRANSLADOS DE ALUMNOS QUE ACCEDERAN Á UNIVERSIDADE POR VALIDACIÓN DE ESTUDIOS ESTRANXEIROS.
Os traslados dos alumnos que ingresaran en calquera universidade española por validación de estudios estranxeiros resolveranse consonte os criterios xerais de traslados establecidos no presente acordo.
Información do Ministerio de Educación sobre o distrito aberto interuniversitario.
Esta normativa exponse meramente a título informativo, polo que a Área de Filoloxía Románica non responde de posibles cambios realizados con posterioridade á publicación desta páxina. Consulte coa Unidade de Xestión Académica da USC, o Ministerio de Educación e o Consejo de Coordinación Universitaria: http://wwwn.mec.es/educa/ccuniv/index.html
¿Que é?
O Distrito Aberto consiste en ofrecer a todos os estudiantes, de calquera parte do territorio nacional, a posibilidade de cursar os seus estudios superiores na universidade pública que desexen, independentemente do seu lugar de orixe, e sendo, en todo caso, os dereitos dos estudiantes procedentes doutras Comunidades Autónomas os mesmos cós dos estudiantes da Comunidade Autónoma elixida.
¿Quen pode solicitalo?
Todos os estudiantes que reúnan as esixencias legais poderán solicitar praza na Universidade da súa elección para cursar primeiros ciclos de estudios universitarios que conduzan á obtención de títulos oficiais e con validez en todo o territorio nacional, con independencia da Universidade na que superaran a correspondente Proba de Acceso. (Real Decreto 69/2000, de 21 de xaneiro; B.O.E. de 22-01-2000)
¿Cando e onde se solicita?
Os estudiantes presentarán as súas solicitudes de ingreso na universidade ou universidades onde desexen realizar os seus estudios, tendo en conta os procedementos para a solicitude e adxudicación de prazas fixados polas Comunidades Autónomas.
Calendario
Os calendarios de solicitude e adxudicación de prazas polas distintas Comunidades Autónomas deberán respectar as seguintes datas límite de preinscripción, de publicación de listas de admitidos e de inicio do período de matriculación. Para o curso 2005-2006, serán:
PREINSCRICIÓN: deberá estar aberto o prazo como mínimo ata o 5 de xullo de 2005, inclusive.
PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ADMITIDOS: antes do 23 de xullo de 2005.
PERIODO DE MATRICULACIÓN: a partir do 23 de xullo de 2005.
Oferta de prazas de universidades públicas
A partir do curso 2003-2004 están abertas o 100% das prazas ofertadas para o acceso a primeiros ciclos. Durante o mes de xuño de 2005, o Consejo de Coordinación Universitaria fará pública a oferta de prazas das universidades públicas mediante a súa publicación no B.O.E. e na páxina web do Consejo, para que poida ser coñecida antes do peche do período de preinscrición.
Outras universidades que ofertan a titulación en Filoloxía Románica
|
PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO |
|||
|
Universidade |
Facultade |
Departamento de Filoloxía Románica |
Plano de estudos |
|
Universidad Complutense http://www.ucm.es
|
Facultad de Filología (Madrid) http://www.filol.ucm.es |
http://www.ucm.es/info/INFOCOM/estudios/ carreras/indice-carreras/filoromanica.htm |
|
|
Universidad de Oviedo http://web.uniovi.es
|
Facultad de Filología (Oviedo) |
http://directo.uniovi.es/catalogo/DetallePlan.asp |
|
|
Universidad de Salamanca http://www.usal.es |
Facultad de Filología (Salamanca) http://filologia.usal.es
|
--------------------- |
|
|
Universitat de Barcelona http://www.ub.es |
Facultat de Filologia (Barcelona) http://www.ub.es/facfil
|
------------------- |
|
|
SÓ SEGUNDO CICLO |
|||
|
Universidade |
Facultade |
Departamento de Filoloxía Románica |
Plano de estudos |
|
Universidad de Granada http://www.ugr.es |
Facultad de Filosofía y Letras (Granada) http://www.ugr.es/~letras/
|
||
|
Universitat de Girona http://www.udg.es |
Facultat de Lletres (Girona) http://www.udg.edu/lletres/ |
||