versión en castellano
english version

accesibilidade
 
Inicio » Certificacións e acreditacións
Seccións
Información xeral
Goberno
Normativa
Titulacións
Centros
Departamentos
Institutos e Centros de investigación
Investigación
Servizos
Cursos e congresos
Perfís de acceso
Estudantes
Futuros estudantes
Estudantes internacionais
Estudantes egresados
Persoal de administración e servizos
Persoal docente e investigador
Empresas e institucións
Destacados

Campus Vida
USC Virtual
USC Internacional
USC en cifras
Responsabilidade Social da USC

Certificacións e acreditacións Certificacións e acreditacións

Certificacións e acreditacións

En actividades que afectan a toda a USC

Certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 9001, unha serie de procesos da Área Académica, que engloba o Servizo de Xestión Académica e o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica. Dentro do Servizo de Xestión Académica certificáronse os seguintes procesos: xestión dos procesos de admisión e matrícula, recepción de actas e títulos, libre elección e recoñecemento de actividades, adaptacións e validacións, actos académicos e certificacións para titulacións oficiais e propias de primeiro e segundo ciclo. Dentro do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica certificáronse: a oferta da libre elección, a determinación do límite de prazas e a planificación académica anual (elaboración e aprobación do PDA, elaboración e aprobación do POD e confeción da oferta académica) para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º ciclo.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado da Área académica [JPEG - 193 Kb]

Certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001 os procesos do Servizo de Prevención de Riscos relativos á xestión da prevención de riscos laborais, da vixilancia da saúde do persoal, da vixilancia e seguridade no traballo, do almacenamento, a coordinación e a entrega ao xestor autorizado dos residuos perigosos xerados e da vixilancia e control documental dos aparellos e dispositivos con fonte de radiacións ionizantes existentes na USC.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Servizo de Prevención de Riscos Laborais [JPEG - 191 Kb]

En actividades realizadas polas distintas unidades

Do Instituto de Cerámica de Galicia certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001:1996, as actividades de investigacion, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Instituto de Cerámica [JPEG - 195 Kb]

O Instituto de Cerámica de Galicia ten implantado un sistema de Xestión Medioambiental que cumpre os requisitos do Esquema Europeo de Ecogestión y Ecoauditoría (EMAS) para as actividades de: investigacion, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Instituto de Cerámica [JPEG - 254 Kb]

O Instituto de Cerámica está acreditado por ENAC para a realización de ensaios de materiais cerámicos de arxila cocida, de acordo cos requisitos da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Instituto de Cerámica [JPEG - 149 Kb]

O Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía acreditou, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, o Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos para a realización de análises de residuos zoosanitarios.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos [JPEG - 176 Kb]

O Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos en colaboración con Zimmer, S.A. implantou un sistema de xestión de calidade dentro do sector de produción, marketing e distribución de cultivos de tecidos de células somáticas autólogas para terapia celular humana.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos [JPEG - 44 Kb]

O Instituto de Investigación e Análises Alimentarias certificou, segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000, o Laboratorio de Microbioloxía para a análise de: augas superficiais destinadas á produción de auga potable, augas potables destinadas ao consumo público, augas subterráneas (pozos e manantiais) destinadas ao consumo público, augas envasadas, augas de baño, augas de piscinas, auga de mar, augas residuais e outros tipos de augas.

Imaxe da certificación ampliada

Certificado do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias [JPEG - 88 Kb]

Os Laboratorios de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos e Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigación Tecnolóxicas; o Laboratorio de Química Física do Medio Ambiente da Facultade de Química e os Laboratorios de Química Analítica eMicrobioloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias cumpren as condicións que permiten á USC obter o Título de Idoneidade como Empresa Colaboradora dos Organismos de Cuenca en materia de control de vertidos de augas residuais, concedido pola Dirección General de Obras Hidráulicas y Calidad de las Aguas do Ministerio de Medio Ambiente.

Imaxe da certificación ampliada

Páxina 1 do certificado [JPEG - 142 Kb]

Imaxe da certificación ampliada

Páxina 2 do certificado [JPEG - 150 Kb]

Imaxe da certificación ampliada

Páxina 3 do certificado [JPEG - 115 Kb]

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Tlf. Centraliña: 981 56 31 00
Tlf. Información: 981 54 71 11
Logotipo de Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: 982 28 59 00