Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora
Emprendemento Feminino
“Competencias e Habilidades Profesionais para Universitarios/as Emprendedores”
DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Do 13 ao 17 de Xullo, na Fac. CC. Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.
OBXECTIVOS:
Ofrecer formación a estudantes e titulados universitarios naquelas habilidades demandadas polo mercado laboral e que habitualmente non están contempladas de forma explícita nos plans de estudio, en particular, as relacionadas directamente co desenvolvemento e posta en marcha de proxectos empresariais. Trátase de aspectos sobre cuxa formación a Universidade debe adoptar unha postura proactiva xa que forman parte da necesaria “formación integral” coa que os universitarios han de afrontar o seu paso do mundo académico ao mundo profesional.
DIRIXIDO A:
Estudantes de todas as titulacións, particularmente dos últimos anos de carreira, e titulados recentes ou profesionais que desempeñen o seu traballo no ámbito empresarial.
TIPO ACTIVIDADE:
Curso de 40 horas, estruturado en seminarios nos que a participación activa dos estudantes é a característica fundamental. As distintas sesións desenvolveranse a través da posta en práctica dos coñecementos teóricos recibidos previamente. Os contidos dos seminarios son complementarios entre si. Ao tratarse dun curso desenvolvido a través de obradoiros coa participación activa e continua dos alumnos/as, establécese un límite máximo de alumnos/as de 50.
Para descragar o Programa do curso, pinche aqui.
Para máis información sobre condicións, aloxamento e matrícula, pinche aqui.
OUTRAS CONVOCATORIAS:
Becas Laborales Work and Travel USA 2009: xa rematou o prazo
Concurso de Simulación Empresarial: xa rematou o prazo