Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cátedras  »  Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento Social

Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento Social

A cátedra Dr. Jaime Vera constituíuse na USC o 25 de xaneiro de 2008 coa finalidade principal de fomentar a docencia, a investigación e a difusión do coñecemento no ámbito do emprendemento social.

As actividades da Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento social diríxense a:

  • Facilitar o intercambio de experiencias investigadoras entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Jaime Vera
  • Colaborar en actividades docentes e alentar a realización de investigacións relacionadas co emprendemento social
  • Fomentar a cooperación entre a USC, a Comunidade Autónoma Galega, as distintas Administracións Publicas de España, a Unión Europea e o ámbito empresarial

O emprendemento social refírese á creación e liderado de organizacións, compañías e proxectos cun propósito que, máis alá da rendibilidade do capital, se dirixe cara ao desenvolvemento social do seu contorno.

Nesta liña, a USC asumiu o seu compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sostible integrándoos como valores que se consideran básicos. Así, o Plan Estratéxico 2002-2010, actualmente vixente, facía unha clara referencia á necesidade de potenciar unha universidade emprendedora, “cun papel activo na sociedade e de crecemento equilibrado”.

A este respecto, a USC posúe unha importante experiencia en ámbitos relacionados como son a Área de participación social e voluntariado, a Área de Emprendemento e dos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE), o Proxecto Uniemprende, a Cátedra Bancaja USC mocidade emprendedora, o Plan de Desenvolvemento Sostible e Plan de Igualdade –en fase de elaboración– ou o Proxecto Ético Global. Ademais, foi a primeira Universidade española en elaborar unha Memoria de Responsabilidade Social.

A iniciativa da Cátedra Dr. Jaime Vera en Emprendemento Social, o Prf. Darío Villanueva propuxo a incorporación da palabra "Emprendimiento" no Diccionario de la Real Academia Española (DRAE)

Próxima actividade

O debate sobre a eficacia da axuda e as súas implicacións para a cooperación española ao desenvolvemento

cartel_curso_veran_2010

O curso, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co Instituto Jaime Vera, no marco da Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento social, busca analizar os mencionados asuntos co fin de que os participantes se atopen nas mellores condicións para contribuír a elevar a eficacia da axuda para o desenvolvemento dende aquelas institucións onde prestan os seus servizos.

O curso realizarase en seis sesións, mañá e tarde, durante 3 días. No seu transcurso analizaranse os factores que facilitan a eficacia da axuda e os que a dificultan nos distintos niveis da Administración (Xeral, Autonómica e Local) e na cooperación multilateral e non gobernamental.

Ligazóns de interese