Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cátedras  »  Cátedra "Juana de Vega" de Formación e Investigación

Cátedra "Juana de Vega" de Formación e Investigación

Información

Director/a: don Xusto Beramendi González
Secretario/a: don Xosé Ramón Veiga Alonso

Enderezo: Dpto. de Historia Contemporánea e de América
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade nº 1
15782 Santiago de Compostela

Descrición

Creada en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e de América en decembro de 2005, no marco das actividades organizadas pola Fundación Juana de Vega para conmemorar o bicentenario do nacemento da súa fundadora (1805), fixa como obxectivos promover o desenvolvemento de actividades tanto de investigación, como de formación, debate e divulgación sobre tres aspectos centrais de historia contemporánea de Galicia:

  1. Pensamento ilustrado e proxecto político liberal.
  2. A aportación da muller ao pensamento e proxecto liberal, atendendo moi especialmente á vida e obra de Dña. Juana de Vega.
  3. As iniciativas e os procesos modernizadores do agro galego desde o século XIX.

Conforme a iso serán actividades da Cátedra, ademais do financiamento de bolsas pre/postdoctorais de investigación sobre os temas referidos, a organización de seminarios bianuais de debate sobre o pensamento e proxecto liberal, así como actuacións orientadas á divulgación.

Documentos

pdf Congreso "A guerra da independencia e o primeiro liberalismo en España e América" [pdf - 1111Kb][Actualizado: 21/08/2008]

pdf Normas de presentación de comunicaciones e ponencias [pdf - 15Kb][Actualizado: 21/08/2008]

 pdf Hoteis  [pdf - 10Kb][Actualizado: 21/08/2008]