Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Benvida

 

Benvida

 

 

BREVE RESEÑA HISTÓRICA

 A Facultade de Bioloxía da USC creouse en 1997 (OM de 14 de outubro/BOE/11-XI-77) como consecuencia da división da antiga Facultade de Ciencias, creandose ao mesmo tempo as Facultades de Química e Matemáticas. Anteriormente, no ano 1964 aprobouse o primeiro plano de estudos en Bioloxía na Universidade de Santiago, aínda dentro da Facultade de Ciencias, e é no ano 1966 cando se crea a Sección de Ciencias Biolóxicas comezando, nese mesmo ano, os seus estudos a primeira promoción de Biólogos que remataría a súa licenciatura en 1971.

 Inicialmente ubicada na Facultade de Ciencias, agora Facultade de Química, trasladase no ano 1972 para compartir edificio coa recén inaugurada Facultade de Farmacia onde permaneceu ata a construción da actual Facultade de Bioloxía en 1982. Aínda que, nestas dúas últimas décadas co aumento de profesorado e de alumnos xunto coa expansión en líneas de investigación e a precariedade das instalacións, plantexouse unha reforma integral da mesma e a ampliación de espazos, chegándose a un acordo entre o equipo de goberno da USC e o da Facultade de Bioloxía.

 Dende o ano 2008, catro unidades docentes e investigadoras da Facultade de Bioloxía (Bioloxía Molecular e Bioquímica, Bioloxía Celular, Xenética e Microbioloxía), ocupan um novo edificio de investigación, vinculado á Facultade de Bioloxía, denominado CIBUS (Centro de Investigacións Biolóxicas da USC). Este traslado permitiu o crecemento das demás unidades docentes (Botánica, Fisioloxía Animal, Antropoloxía, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal, Edafoloxía, Zooloxía e Tecnoloxía de Produtos Pesqueiros) que permanecen no actual edificio. Ao mesmo tempo a Facultade de Bioloxía está sendo reformada íntegramente co fin de adecuarse ás actuais necesidades tanto docentes como investigadoras e á normativa europea de seguridade vixente. Esta obra, segundo o proxecto do arquitecto Santiago Catalán, estase levando a cabo mediante un plan director de reforma que se realiza en tres fases e que rematará en 2011.

 Na Facultade de Bioloxía impartense os seguintes estudos:

  • Grao en Bioloxía
  • Licenciatura en Bioloxía (en proceso de extinción),
  • Máster de Neurociencia (Máster Interuniversitario coas Universidades de Vigo e A Coruña),
  • Máster en Acuicultura, (Máster Interuniversitario coas Universidades de Vigo e A Coruña)
  • Máster en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural,
  • Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais 
  • Máster en Bioloxía Mariña  (Máster Interuniversitario coas Universidades de Vigo e A Coruña)

1º e 2º ciclo (en extinción)