Facultade de Bioloxía
Enderezo
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus sur.
15782
Santiago de Compostela
Web: http://www.usc.es/bioloxia
Teléfono con extensión: 981563100-13245
Teléfono con extensión: 981563100-13308
Fax: 981596904
Correo electrónico: zbiodeca@usc.es
Ir á Web propia
Benvida
A Bioloxía é a "Ciencia da Vida", estudiando esta complexa realidade dende un punto de vista básico e unitario, intentando dar unha visión integradora do mundo vivo dende o nivel molecular ata a Biosfera no seu conxunto, pasando polos niveis celular, orgánico, do individuo, poboacional e de ecosistemas. Un fío conductor, a evolución biolóxica, pode explicar á vez a unidade substancial de toda a vida sobre a Terra e asimesmo a súa infinita variedade. A complexidade da vida fai que o seu estudio se poda abordar dende puntos de vista e metodoloxías moi diferentes, abranguendo esta disciplina un gran número de especialidades. A Bioloxía é unha ciencia básica, e a súa finalidade primaria é o coñecer. Para a formación básica dun biólogo é necesario un grupo de disciplinas que deben ter contidos relativos á estructura, función e evolución dos niveis principais nos sistemas vivosAínda que a maioría dos alumnos de Bioloxía teñen a aspiración de facer investigación, non é esta en absoluto a actividade maioritaria dos biólogos con traballo.
O Licenciado en Bioloxía ten plenamente recoñecida a súa competencia profesional para o exercicio da docencia nos tres dos cinco niveis que integran o regime xeral do sistema educativo español (Educación Secundaria, que comprende a Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional de grao medio; Formación Profesional de grao superior e Educación Universitaria) . A maioria dos postos docentes son en centros públicos e en xeral se accede a eles a través de oposicións. A ensinanza privada selecciona os seus profesores por outros procedementos (currículo, enquisas, etc).
A outra alternativa profesional dos biólogos é a investigación, que pode realizarse na Universidade ou en centros específicos de investigación, públicos ou privados. Na Universidade a iniciación á investigación pode comezar antes de terminar a carreira coa vinculación do alumno a un Departamento para preparar unha tese de licenciatura, traballo de introducción á investigación que serve para obter o Grao de Licenciado. A continuidade na Universidade faise normalmente despois de obter unha bolsa de investigación para realizar un traballo de investigación que en xeral constitúe a tese de doutoramento, co que comenza unha vía que pode levar a unha vinculación estable despois de anos intensos dedicados ó estudio e á investigación. As posibilidades de entrada para esta formación investigadora dependen en boa parte do expediente do licenciado.
A profesión de biólogo tamén está recoñecida na área da Sanidade como colaborador na asistencia sanitaria, BIR, realización de análises clínicos.
Hai tamén diversas industrias privadas que ofertan postos de traballo; piscifactorías, e empresas de cultivos mariños, industrias pesqueiras e agrarias, industria alimentaria ou laboratorios farmacéuticos ofertan oportunidades de traballo como investigadores aínda que o seu número non é moi elevado.
Os biólogos, sobre todo os especializados en ramas ambientais, poden encontrar traballo en programas de investigación ecolóxica de diversos Ministerios, ou en empresas que necesitan avaliar o impacto de determinadas industrias,sobre o medio ambiente. Tamén a Ordenación do territorio é outra das áreas de interese social que poden dar cabida a un certo número de biólogos.
Como campo de actividade dos biólogos con gran actualidade é o da Biotecnoloxía, que se basa na aplicación de cultivos de microorganismos ou células animais ou plantas, xeralmente manipulados xenéticamente, para a producción de gran cantidade de compostos de utilidade industrial ou biomédica.
A primeira referencia explícita ós estudios de Bioloxía en España atópase nos anos corenta. Ó amparo da Lei de Ordenación da Universidade española de 1943, apróbase o Decreto de ordenación da Facultade de Ciencias, que xa recolle a diversidade existente na Sección de Naturais, e refírese explicitamente á creación dos doutoramentos de Ciencias Biolóxicas e Ciencias Xeolóxicas.
O Decreto de 11 de agosto de 1953 establece o primeiro plan de estudios de Bioloxía no seo das Facultades de Ciencias. Nembargantes non é ata o ano 1964, no que se aproban os correspondentes á Universidade de Santiago de Compostela
No ano 1966 créase, na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, a Sección de Biolóxicas. Posteriormente, en 1977 (O.M. do 14 de outubro de 1977, B.O.E./11-XI-77) dito centro divídese nas Facultades de Química, Matemáticas e Bioloxía.
A partir de 1982 a Facultade de Bioloxía conta cun edificio propio de 13.221 metros cadrados, sito no Campus Sur, dotado de aulas onde se dispensa docencia, dun Aula Magna e dun Salón de Graos onde teñen lugar Conferencias e Actos Académicos, así como de modernas instalacións nos laboratorios de investigación, animalario e invernadoiros.