G1021108 - Bioloxía dos tecidos e órganos (Formacion basica) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 25.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Bioloxía Celular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecemento da importancia dos niveles de organización celular, tisular e orgánico dentro das disciplinas biolóxicas.
- Familiarizarse con os distintos tipos de tecidos animais e vexetais, a súa organización e a súa función.
- Coñecer a estrutura anatómica básica de plantas e animais.
- Aprender a identificar os tecidos en preparacións de diversos órganos mediante microscopía óptica.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
HISTOLOXÍA VEXETAL
TEMA 1.- Clasificación dos tecidos vexetais. Meristemos.
TEMA 2.- Tecido fundamental: Parénquima. Tecidos de sostén: colénquima e esclerénquima.
TEMA 3.- Tecidos condutores I. Xilema.
TEMA 4.- Tecidos condutores II. Floema.
TEMA 5.- Tecidos protectores.
TEMA 6.- Tecidos glandulares.
TEMA 7.- Tecidos esporóxenos.
HISTOLOGÍA ANIMAL
TEMA 8.- Tecidos animais. Epitelios do revestimento.
TEMA 9.- Epitelios glandulares.
TEMA 10.- Tecido conxuntivo.
TEMA 11.- Tecido adiposo. Tecido pigmentario.
TEMA 12.- Tecido cartilaginoso.
TEMA 13.- Tecido óseo.
TEMA 14. Sangue e hematopoiese.
TEMA 15.- Tecido muscular.
TEMA 16.- Tecido nervioso.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1.- Raíz primaria. Raíz secundaria.
PRÁCTICA 2.- Tallo primario de monocotiledónea. Tallo primario de dicotiledónea. Tallo secundario de dicotiledónea. Tallo secundario de ximnosperma.
PRÁCTICA 3.- Folla de anxiosperma. Folla de ximnosperma. Flor.
PRÁCTICA 4.- Tegumento e glándulas exocrinas.
PRÁCTICA 5.- Aparato dixestivo e glándulas anejas I.
PRÁCTICA 6.- Aparato dixestivo y glándulas anejas II.
PRÁCTICA 7.- Tecidos de sostén.
PRÁCTICA 8.- Sangre. Órganos linfopoiéticos.
PRÁCTICA 9.- Aparato respiratorio.
PRÁCTICA 10.- Aparato excretor.
PRÁCTICA 11.- Sistema nervioso.
PRÁCTICA 12.- Órganos dos sentidos.
Bibliografía básica e complementariaXERAL
PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. Citología e Histología Vegetal y Animal. 4ª ed. 2 vol. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana, 2007.
HISTOLOXÍA e ORGANOGRAFÍA ANIMAL
FAWCETT, D. W.; JENSH, R. P., Compendio de Histología. Madrid: McGraw Hill- Interamericana, 1999.
GARTNER, L. P.; HIATT, J. L. Texto Atlas de Histología. México: McGraw-Hill Interamericana, 2002.
GENESER, F., Histología sobre bases biomoleculares, 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana, 2000.
JUNQUERIA, L.C.; CARNEIRO, J., Histología Básica. Texto y Atlas, 6a ed. Barcelona: Editorial Masson, 2005
ROSS. M. H.; KAYE, G.I.; PAWLINA, W., Histología. Texto y Atlas Color con Biología Celular y Molecular, 4ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana, 2005.
WELSCH, U., Sobotta/Welsch Histología, 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2008.
YOUNG, B.; HEATH, J. W., Wheater’s Histología Funcional. Texto y Atlas en Color, Madrid: Harcourt, 2000.
HISTOLOXÍA VEXETAL
CORTÉS, F., Cuadernos de Histología Vegetal. Madrid: Editorial Marbán, 1986.
DICKISON, W.G., Integrative Plant Anatomy. Massachusets: Harcourt/Academic Press, 2000.
ESAU, K., Anatomía Vegetal. 3ª ed. Barcelona: Omega, 1985.
ESAU, K., Anatomía de las Plantas con Semillas. Buenos Aires: Editorial Hemisferio Sur, 1987.
EVERT, R.F. Esau´s Plant Anatomy. 3rd ed. New Jersey: Wiley-Interscience, 2007
FAHN, A., Anatomía Vegetal, 3.ª ed. Madrid: Pirámide, 1985.
RAVEN, P. H.; EVERT, R. F.; EICHHORN, S. E., Biología de las Plantas. Barcelona: Reverté, 1991.
STRASBURGER, E.; SITTE, P., Tratado de Botánica. 9ª ed. Barcelona: Omega, 2004.
PRÁCTICAS
RUÍZ, M. S.; RODICIO, M.C.; CORUJO, A., Cuaderno de Prácticas de Citología e Histología Vegetal y Animal. Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1985.
ATLAS
ÁLVAREZ NOGAL, R., Atlas de histología y organografía de las plantas. León: Universidad, 2002.
BOYA VEGUE, J., Atlas de Histología y Organografía Microscópica. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2004.
GARTNER, L. P.; HIATT, J. L., Atlas Color de Histología. 3ª ed., Madrid: Editorial Médica Panamericana, 2003.
GENESER, F., Atlas Color de Histología. Madrid: Editorial Médica Panamericana, 1995.
YOUNG, B.; HEATH, J. W., Wheater’s Histología Funcional. Texto y Atlas en Color, Madrid: Harcourt, 2000.
INFORMACIÓN EN INTERNET
1. Acceso á biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2. Direccións interesantes de Histoloxía Animal
http://www.e-histologia.unileon.es
http://www.ujaen.es/dep/bioexp/Paginas%20web.htm
http://www.meddean.luc.edu/lumen/MedEd/Histo/frames/histo_frames.html
http://www.kumc.edu/instruction/medicine/anatomy/histoweb/
http://www-medlib.med.utah.edu/WebPath/HISTHTML/HISTO.html
http://www.usc.edu/hsc/dental/ghisto/
http://www.pathguy.com/histo/000.htm
http://www.e-histology.net/
3. Histoloxía Vegetal
http://www.uri.edu/artsci/bio/plant_anatomy/images.html
http://highered.mcgraw-hill.com/sites/0072510846/instructor_view0/animations.html#
http://atlasveg.ib.usp.br/English/focara.html
http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/BIOBK/BioBookPLANTANAT.html
http://highered.mcgraw-hill.com/sites/0072510846/
http://hort.ifas.ufl.edu/woody/pruning/compartmentsperiderm.htm
http://www.esb.utexas.edu/mauseth/weblab/webchap7xylem/7.1-3.htm
CompetenciasO finalizar o curso, espérase que os alumnos desta materia:
-Dispoñan de coñecementos suficientes sobre a estrutura e funcionamento de células, tecidos e órganos animais e vexetais que lles axude a comprender cómo son é como funcionan os organismos biolóxicos. Cos coñecementos adquiridos, espérase que os alumnos poidan abordar con éxito outras materias da Bioloxía como poden ser a Fisioloxía Animal, a Fisioloxía Vexetal, ou a Embrioloxía.
- Sexan capaces de describir e identificar os compoñentes de células, tecidos e órganos animais e vexetais en imaxes de microscopía óptica e electrónica.
- Teñan a capacidade de relacionar estrutura e función e sexan capaces de aplicar os coñecementos teóricos á práctica.
-Coñezan e manexen adecuadamente as fontes de información e a bibliografía relacionada coa materia.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse:
- Clases teóricas. O profesor impartirá as clases de teoría na aula con apoio de medios audiovisuais. O profesor potenciará a participación e intervención dos alumnos na clase. A duración da clase será de 55 minutos.
- Prácticas de laboratorio. As clases prácticas serán de dúas horas. O profesor impartirá unha breve introdución a clase. Os alumnos estudarán dúas preparacións histolóxicas en cada práctica, onde se identificarán os diferentes tipos celulares e tecidos e describirán a estrutura xeral e función dos órganos obxecto de estudo. Os alumnos traballarán en grupos pequenos e disporán dun microscopio cada un e, ademais de contar coa axuda do profesor, terán acceso a libros de texto, atlas e páxina específicas de internet.
Sistema de evaluaciónFaranse dous exames finais, un sobre os contidos teóricos y outro sobre os contidos prácticos, para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumno durante o curso. Para superar a materia,
- Os alumnos deben superar un exame dos contidos teóricos que representará o 50% da nota final.
- Os alumnos deben superar un exame dos contidos prácticos que representará o 40% da nota final.
- Para superar a materia será necesario aprobar ambos exames (contidos teóricos e contidos prácticos).
- Para o control de asistencia o profesorado rexistrará ao alumno mediante lista de signaturas.
- A asistencia as clases teóricas tamén se terá en conta e suporá o 10% da nota final. Os estudantes que teñan suspensa unha das partes da asignatura (teoría ou prácticas), e obteñan unha media de 5 ou superior a 5, serán calificados con suspenso: 4.9
- Gardarase a os alumnos repetidores as evaluacions positivas do ano anterior, tanto nas prácticas, como na teoría e a asistencia as clases teóricas.
Tempo de estudo e traballo persoal- Teoría: 35 horas presenciais e 55 horas de traballo persoal (horas totais: 90)
- Prácticas: 25 horas presenciais e 20 horas de traballo persoal do estudante (horas totais: 45)
- Lecturas recomendadas 10 h
- Exames: 5 horas presenciais
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa en clase.
- Estudio e revisión semanal da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.