Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021103 - Química para Bioloxía (Formacion basica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 66.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 90.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Amorín López, Manuel.NON
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO.SI
Gulias Costa, Moisés.NON
Muñoz Valentín, Eva María.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Proporcionar ao alumnado coñecementos sobre os fundamentos e as bases da Química: enlace químico e estrutura molecular, nocións básicas de termodinámica e cinética das reaccións químicas, reaccións de equilibrio iónico en disolución, particularmente ácido-base e reducción-oxidación.
    - Introducir ao alumno no campo da Química Orgánica mediante o estudo da estrutura, nomenclatura, propiedades e reactividade dos principais tipos de compostos orgánicos, clasificados segundo os grupos funcionais que presentan.
    - Relacionar este coñecemento co estudo dos compostos orgánicos complexos de relevancia biolóxica (hidratos de carbono; aminoácidos, proteínas e ácidos nucleicos).
    - Ensinar aos alumnos un laboratorio de química para que adquiran destreza no manexo do material, así como coñecementos das técnicas básicas empregadas en química.


    Contidos
    PROGRAMA DE TEORÍA (66 HORAS, clases maxistrales+seminarios)

    PARTE I. QUÍMICA: PRINCIPIOS XERAIS
    Tema 1. Conceptos básicos en Química (5 h)
    Tema 2. Átomos, moléculas e ións (6 h)
    Tema 3. Forzas intermoleculares e estados de agregación da materia (5 h)
    Tema 4. Termodinámica e Cinética Química (6 h)
    Tema 5. Equilibrio químico (6 h)
    Tema 6. Electroquímica (5 h)

    PARTE II. INTRODUCCIÓN Á QUÍMICA ORGÁNICA
    Tema 1. A Química Orgánica e a súa relación coa Bioloxía (4 h)
    Tema 2. Alcanos. Isomería conformacional (4 h)
    Tema 3. Estereoisomería (6 h)
    Tema 4. Grupos funcionais con enlace sinxelo Carbono-Heteroátomo (6 h)
    Tema 5. Grupos funcionais con enlace múltiple Carbono-Carbono (6 h)
    Tema 6. Grupos funcionais con enlace doble Carbono-Heteroátomo (7 h)


    PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (20 HORAS)
    1: Normas de seguridade, material de laboratorio, proxección vídeo técnicas experimentais (2 h).
    2: Preparación de disolucións (2 h).
    3: Reaccións de precipitación. Filtración ao baleiro (2 h).
    4: Purificación de compostos cristalinos. Recristalización (2 h).
    5: Purificación de líquidos. Destilación (2 h).
    6: Extracción líquido-líquido (2 h).
    7: Técnicas cromatográficas (4 h).
    8: Síntese de compostos orgánicos (4 h).

    TUTORÍAS OBRIGATORIAS (4 HORAS)
    En cada tutoría os alumnos resolverán problemas expostos polos profesores. Os boletíns de problemas para as tutorías estarán a disposición dos estudantes desde o primeiro día de clase.
    Tutoría 1: problemas dos temas 1 a 3 de Química (1 h).
    Tutoría 2: problemas dos temas 4 a 6 de Química (1 h).
    Tutoría 3: problemas dos temas 1 a 3 de Química Orgánica (1 h).
    Tutoría 4: problemas dos temas 4 a 6 de Química Orgánica (1 h).

    Bibliografía básica e complementaria
    PARTE I:

    MASTERTON, W. L.; HURLEY, C.N. "Química: Principios y Reacciones" 4ª Ed. Thomson-Paraninfo, 2003.
    CHANG, R.: "Principios Esenciales de Química General", 4ª Ed. McGraw-Hill, 2006
    REBOIRAS, M. D. "Quimica, la ciencia basica" Thomson, 2006.
    Libros de problemas:
    OROZCO, C.; GONZÁLEZ, N.; PÉREZ, A.: "Problemas resueltos de Química Aplicada". Paraninfo, 2011
    LÓPEZ CANCIO, J. A.: "Problemas de Química". Prentice Hall, 2001

    PARTE II:

    BRUICE, P. Y. "Fundamentos de Química Orgánica" Pearson, 2007.
    HART, H.; CRAINE, L. E.; HART, D. J.; HADAD, C. M.: "Química Orgánica", 12ª Ed. McGraw-Hill, 2007.
    Libros de problemas:
    QUIÑOÁ, E.; RIGUERA, R.: "Cuestiones y Ejercicios de Química Orgánica", 2ª Ed. McGraw-Hill, 2004.
    QUIÑOÁ, E.; RIGUERA, R.: "Nomenclatura y representación de los compuestos orgánicos". Ed. McGraw-Hill, 1996.

    Competencias
    Tralo estudo desta materia o alumno ten que:
    - Ter coñecementos básicos e sólidos sobre a estrutura e propiedades da materia aos diferentes niveis (atómico, molecular e macroscópico); coñecer os diferentes tipos de enlace e recoñecer a súa importancia na estrutura dos sistemas biolóxicos macromoleculares.
    - Coñecer e saber empregar as magnitudes e unidades habituais en química, e ser capaz de realizar cálculos estequiométricos.
    - Adquirir nocións básicas sobre os aspectos cinéticos e termodinámicos das reaccións químicas, así como o papel da catálise e dos encimas como catalizadores.
    - Comprender a importancia da auga como disolvente biolóxico. Adquirir especial coñecemento das reaccións de equilibrio iónico en disolución, particularmente das reaccións ácido-base e de oxidación-redución, e da súa importancia nos sistemas biolóxicos.
    - Recoñecer os grupos funcionais máis importantes presentes en compostos orgánicos e biomoléculas. Ser capaz de nomear compostos orgánicos sinxelos e de representalos empregando fórmulas estructurais.
    - Ter nocións básicas de estereoisomería e análise conformacional: Comprender a relación entre estrutura e función nas biomoléculas.
    - Ser capaz de relacionar a estrutura dos grupos funcionais máis importantes coas propiedades físicas e químicas dos compostos nos que estén presentes. Coñecer a reactividade máis característica dos compostos orgánicos facendo especial fincapé nas reaccións de importancia biolóxica.
    - Coñecer a importancia biolóxica, industrial e ambiental dos principais tipos de compostos orgánicos.
    - Coñecer, a nivel básico, a estrutura das biomoléculas máis importantes (hidratos de carbono, proteínas, ácidos nucleicos) e identificar os grupos funcionais presentes nelas. Relacionar a súa estrutura e actividade con aspectos estudados para compostos orgánicos sinxelos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva:
    - Clases teóricas presenciais, nas que o profesor desenvolverá o contido do programa, e nas que se alternarán as explicacións teóricas coa resolución de exercicios que ilustren os conceptos explicados. Suministraráse un guión (1-2 follas) por cada tema, o que facilitará a identificación dos conceptos máis importantes e a toma de apuntes. Para o estudo do tema os apuntes poderán ser complementados/ampliados coa axuda de libros de texto e/ou consulta.

    Docencia interactiva:
    - Clases de seminario, nas que se resolverán os problemas e cuestións expostas nos boletíns (BOLETÍNS-SEMINARIO). Todos os alumnos terán que participar activamente nos seminarios ao longo do curso. Algunhas das clases de seminario servirán para expor traballos sobre temas de interese en bioloxí­a, elaborados por grupos reducidos de alumnos.

    - Titorías en grupo reducido, nas que se fará un seguimento cercano do traballo desenvolto por cada alumno ao longo do curso. Cada alumno asistirá a 4 titorías obrigatorias de 1 h de duración, distribuídas ao longo do curso. Nas titorías discutiranse problemas complementarios (BOLETÍNS -TITORÍAS) que os alumnos deberán entregar ao profesor.

    - Clases prácticas. Unha sesión teórica, na que se presenten os experimentos a realizar no laboratorio, e catro sesións de prácticas de laboratorio, de 4h de duración cada unha. En cada sesión faranse 2 experimentos. Os alumnos disporán de guións co fundamento e o procedemento experimental. A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia.

    - Aula virtual: A materia contará cunha aula virtual, na que se incluirá todo o material de apoio docente do curso, os calendarios, enlaces a páxinas de interese, etc., así como os traballos de revisión bibliográfica que levarán a cabo os alumnos en grupos.


    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación pode verse de maneira esquemática no seguinte enlace:
    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html



    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA
    Clases de teoría: 46 h
    Prácticas de encerado/seminarios: 20 h
    Prácticas de laboratorio: 20 h
    Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 4 h
    Realización de exames: 4 h

    Total horas de traballo presencial: 94 h

    TRABALLO PERSOAL (NON PRESENCIAL) DO ESTUDANTE:

    Estudo individual: 90 h
    Resolución de boletíns de problemas: 20 h
    Preparación de titorías: 8 h
    Elaboración de traballos, lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 12 h

    Total horas de traballo persoal (non presencial) do estudante: 130 h

    TOTAL: 224 horas (9 créditos ECTS)
    Recomendacións para o estudo da materia
    - É importante destacar que o traballo persoal do alumno ten que ser continuado ao longo do curso, pois trátase dunha materia na que os contidos que se imparten a medida que avanza o programa, fundaméntanse nos coñecementos adquiridos nos temas previos.
    - É importante que os alumnos traballen os boletíns de problemas antes da súa resolución nas clases de seminarios (e, por suposto, antes da asistencia as titorías). Este traballo é fundamental para a axeitada comprensión da materia e para a adquisición das destrezas e habilidades que se requiren.
    - Recoméndase o manexo de modelos moleculares no estudo da Parte II do programa, para familiarizarse con aspectos relacionados coa estereoquímica das moléculas
    - Como xa se mencionou, considérase imprescindible a asistencia regular ás clases de teoría e de seminario para superar con éxito a asignatura, polo que se valorará na cualificación.





    1º e 2º ciclo (en extinción)