G1021105 - Bioloxía da célula (Formacion basica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Bioloxía Celular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Dar a coñecer a organización estrutural da célula, a súa composición macromolecular, o funcionamento dos distintos compoñentes e as relacións intercelulares e co medio extracelular.
- Coñecer o manexo do microscopio e aprender a identificar células e os seus orgánulos en preparacións de microscopia óptica e en micrografías de microscopia electrónica.
- Coñecer outras metodoloxías básicas utilizadas en Bioloxía Celular.
- Adestrarse no manexo de bibliografía xeral e especializada, así como no uso de Internet para preparar a materia.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (35 h)
Introducción (2,5 h)
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos.
Membrana plasmática.
TEMA 3.- Composición e estrutura da membrana plasmática (4 h)
TEMA 4.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 5.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (5 h)
TEMA 6.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 7.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 8.- Replicación. Transcrición.
TEMA 9.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Sistemas de endomembranas (3,5 h)
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparato de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4,5 h)
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Microcorpos.
Citosol (0,5 h)
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas.
Motilidade celular e citoesqueleto (4 h)
TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos.
TEMA 19.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (4,5 h)
TEMA 20.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 21.- División celular.
TEMA 22.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2,5 h)
TEMA 23.- Determinación, diferenciación e avellentamento celular.
TEMA 24.- Morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h)
TEMA 25.- Sinalización celular.
TEMA 26.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 27.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (10h)
PRÁCTICA 1.- Práctica de computador. Busca de páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Técnicas aplicadas a Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular
RÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais
PRÁCTICA 4: Observación de orgánulos celulares vexetais
PRÁCTICA 5.- División celular: mitose e meiose.
SEMINARIOS (13h)
Os alumnos deberán de preparar os seminarios propostos polo profesor da materia. Nos seminarios, os alumnos terán que resolver un cuestionario, que incluirá definicións, preguntas e problemas sobre cada tema, e que será tratado na clase. A data na que se tratará cada seminario será feita pública a principio de curso..
TITORIAS OBRIGATORIAS (1h)
Son dúas titorías de 0,5 h cada unha. Na primeira tutoria se explicara os alumnos como preparar os seminarios, e na segunda revisaremos o que tenan preparado para o seminario e solventaremos as suas dudas.
Bibliografía básica e complementariaRecomendadas como texto.
ALBERTS, B.; BRAY, D.; HOPKIN, K., JOHNSON, A.; y otros (2011). Introducción a la Biología Celular. 3ª ed. Editorial Médica Panamericana, Madrid.
Alternativa.
COOPER, G. M.; HAUSMAN, R.E. (2010). La Célula. 5ª ed. Editorial Marbán, Madrid.
PANIAGUA, R.; NISTAL, M.; SESMA, P., ÁLVAREZ-URÍA, M.; FRAILE, B.; ANADÓN, R.; SÁEZ, F.J. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal. Vol 1: Biología Celular. 4ª ed. Editorial McGraw-Hill-Interamericana, Madrid.
Máis especializada.
ALBERTS, B.; JOHNSON, A.; LEWIS, J.; RAFF, M. y otros (2010). Biología molecular de la célula. 5 ed., Ediciones Omega, Barcelona.
BECKER, W.M.; KLEINSMITH, J.; HARDIN, J. (2007). El Mundo de la Célula. 6ª ed. Editorial Pearson Addison Wesley, Madrid.
KARP, G. (2011). Biología Celular y Molecular: Conceptos y Experimentos. 3ª ed. Editorial MacGraw-Hill Interamericana, México.
LODISH ,H.; BERK, A.; MATSUDAIRA, P.; KAISER, C.A.; KRIEGER, M.; SCOTT, M.P.; ZIPURSKI, S.L.; DARNELL, J. (2006). Biología Celular y Molecular. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana, Madrid.
PRÁCTICAS
RUÍZ, M. S.; RODICIO, M.C.; CORUJO, A. (1985). Cuaderno de Prácticas de Citología e Histología Vegetal y Animal. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
INFORMACIÓN EN INTERNET
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Libros de clase.
http://www.pubmed.com (books)
3.- Bioloxía Celular.
http://www.pubmed.com
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
CompetenciasAo finalizar o curso, espérase que os alumnos desta materia:
- Dispoñan de coñecementos suficientes sobre a estrutura e funcionamento da célula para comprender como é e como funciona.
- Sexan capaces de describir e identificar as células e os compoñentes da célula en imaxes de microscopía óptica e electrónica.
- Coñezan e manexen adecuadamente o microscopio óptico.
- Coñezan e manexen as fontes de información e a bibliografía, xeral e especializada, relacionada coa materia.
- Coñezan a terminoloxía usada en Bioloxía Celular.
- Sexan capaces de aplicar a teoría á práctica.
- Cos coñecementos adquiridos, os alumnos poderán abordar con éxito outras materias do grao de Bioloxía. Estarán capacitados para entender a nova bibliografía relacionada coa materia e actualizar de maneira autónoma os seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse:
- Clases maxistrais.
-Presentación e discusión de contidos cos alumnos.
- Seminarios impartidos polos alumnos.
- Prácticas de laboratorio e de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre (ata completar 6 h de prácticas de laboratorio e 4 h de prácticas de computador por grupo).
- Titorías obrigatorias (dúas titorías de 0,5 h cada unha). Na primeira tutoria se explicara os alumnos como preparar os seminarios, e na segunda solventaremos as suas dudas.
- Os seminarios son obrigatorios. Os seminarios son obrigatorios. Os alumnos participarán coa a preparación, exposición e defensa dos temas propostos.
Sistema de evaluaciónhttp://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoal- Teoría: 35 horas presenciais e 60 horas de traballo persoal (horas totais: 95).
- Preparación e exposición de seminarios: 16 horas de traballo persoal (horas totais: 16).
- Asistencia a seminarios: 13 de traballo persoal (horas totais: 13).
- Prácticas de laboratorio: 10 horas presenciais e 5 horas de traballo persoal (horas totais: 15).
- Prácticas de computador: 4 horas presenciais e de traballo persoal (horas totais: 4).
- Titorías personalizadas: 1 horas presenciais (horas totais: 1).
- Realización de exames: 5 horas presenciais (horas totais: 5).
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Preparación dos contidos dos seminarios previamente a exposición na clase
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.