G1021106 - Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal (Formacion basica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 51.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica , Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Botánica, Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao estudante coñecementos fundamentais sobre a orixe e evolución dos seres vivos, a estrutura e función básicas dos organismos animais e vexetais, a súa clasificación, as principais liñas filoxenéticas e as características máis importantes dos distintos grupos.
Contidos• PROGRAMA DE TEORÍA (51 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS
Orixe e diversidade dos seres vivos: a evolución biolóxica (3 h)
Concepto de especie e mecanismos de especiación (2 h)
Sistemas de clasificación (2 h)
Bioxeografía (2 h)
Biodiversidade e conservación (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA VEXETAL
Concepto de vexetal (2 h)
Reprodución e desenvolvemento en vexetais (4 h)
Estrutura dos vexetais: forma e función (4 h)
Taxonomía e nomenclatura vexetal (2 h)
Principais tipos de organismos vexetais (4 h)
Ciclos de vida dos vexetais (4 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA ANIMAL
Concepto de animal (2 h)
Reprodución e desenvolvemento dos animais (4 h)
Estrutura dos animais: forma e función (7 h)
Taxonomía e nomenclatura animal (2 h)
Principais tipos de organismos animais (4 h)
Bases do comportamento animal (1 h)
• PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (6 HORAS)
Práctica de laboratorio 1: observación e recoñecemento dos trazos diagnósticos dos principais grupos de animais (3 h).
Práctica de laboratorio 2 observación e recoñecemento dos trazos diagnósticos dos principais grupos de vexetais (3 h).
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (3 HORAS)
Cada grupo de titorías elaborará e exporá un traballo relacionado cos contidos da materia. Os temas dos traballos e o calendario das exposicións estarán a disposición dos estudantes dende o primeiro día de clase.
Titoría 1: exposición das normas para a elaboración dos traballos e orientación para a busca de información (1 h).
Titoría 2: seguimento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas (1 h).
Titoría 3: exposición do traballo, formulación de cuestións e debate (1 h).
Bibliografía básica e complementariaDÍAZ GONZÁLEZ, T.E., FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ, M.C. y FERNÁNDEZ PRIETO, J.A. 2004. Curso de Botánica. Ediciones Trea. Gijón. (signatura Biblioteca Bioloxía A VB 337).
DÍAZ, J.A. y SANTOS, T. 1998. Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Editorial Síntesis. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 50).
HICKMAN, C.P. et al. 2009. Principios Integrales de Zoología (traducción de la 14ª edición en inglés). McGraw-Hill Interamericana de España. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 32).
NABORS, M.W. 2005. Introducción a la Botánica (traducción de la edición en inglés de 2004). Pearson Educación. Madrid. . (signatura Biblioteca Bioloxía A VB 361).
STRASBURGER, E. et al. 2004. Tratado de Botánica (9ª edición en castellano, 35ª edición en alemán). Ediciones Omega. Barcelona. . (signatura Biblioteca Bioloxía A VB 6)
CompetenciasCompetencias específicas
• Conceptos básicos de bioloxía animal e vexetal: niveis de organización, tipos estruturais, funcións vitais, evolución e orixe da biodiversidade, adaptación, filoxenia, sistemática, taxonomía, nomenclatura, ciclos biolóxicos, bioxeografía.
• Técnicas básicas de bioloxía animal e vexetal: recoñecemento dos principais tipos de organismos animais e vexetais.
Competencias transversais
• Traballo en grupo, utilización de información adecuada, diversa e actualizada, bibliográfica e de internet, utilización de información en lingua estranxeira, capacidade de síntese, capacidade de exposición en público.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais
Aula virtual
Prácticas de laboratorio
Titorías
Exames escritos
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación expostos nas seguintes táboas aplicaranse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia. A cualificación final obterase como a media aritmética das cualificacións obtidas polo estudante en cada área, sempre e cando o estudante teña aprobada cada área individualmente. No caso que o estudante teña aprobada só unha das dúas áreas, a súa cualificación final será como máximo de 4.5 (suspenso). Comunicaranse publicamente (taboleiros, comunicación a teléfono móbil) as cualificacións globais que figurarán nas actas oficiais correspondentes ás convocatorias ordinaria (febreiro) e de recuperación (xullo). Para coñecer as cualificacións correspondentes ás distintas actividades docentes avaliadas (traballos, prácticas....) os estudantes terán que dirixirse ós profesores da materia.
As táboas cos criterios de avaliación atópanse en: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais 51h
Prácticas de laboratorio 6h
Titorías obrigatorias 3h
Total traballo presencial na aula 60h
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO
Estudo individual 74h
Elaboración de traballos 12h
Realización de exames 4h
Total traballo individual ou en grupo 90h
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a todas as actividades docentes
Consultar a bibliografía recomendada
Utilizar a aula virtual
Facer uso das titorías para calquera tipo de cuestion relacionada ca materia.